Mirando a cordilleira pirenaica en Añisclo e Plan
28 DE XULLO DE 2020
Nos últimos días padecimos unhas temperaturas demasiado altas que nos obrigaron a buscar a sombra nas horas centrais do día, limitando as nosas saídas ás primeiras horas da mañán e ás últimas da tarde.
Con este panorama pensamos que movernos cara a alta montaña era unha forma de evitar a calor insoportable, así que marchamos para o camping de Añisclo, no borde do Parque Nacional de Ordesa.
Con este panorama pensamos que movernos cara a alta montaña era unha forma de evitar a calor insoportable, así que marchamos para o camping de Añisclo, no borde do Parque Nacional de Ordesa.
Na mañán demos sendos paseos a pé e en coche pola parte máis accesible do Canón de Añisclo, un dos catro vales que serven de entrada ao macizo do Monte Perdido. Este estreito canón é como unha fenda que corta as montañas de norte a sur.
agosto 17, 2020
28 DE XULLO DE 2020 Nos últimos días padecimos unhas temperaturas demasiado altas que nos obrigaron a buscar a sombra nas horas centrais d...
Serra e canóns de Guara
26 E 27 DE XULLO DE 2020
Ao movernos desde o val do Ebro cara o norte atopámonos coas Serras Exteriores, unha cadea de montañas paralelas ás grandes cumbres dos Pirineos e que dan inicio á cordilleira. Pertencen a este conxunto lugares que xa visitamos como a Serra de Leyre e a de Loarre. Agora tócalle o turno á Serra de Guara, moi coñecida polos estreitos canóns formados por ríos como o Vero e que son unha das mecas do barranquismo en Europa.
Nós preferimos realizar actividades de menos risco, así que fixemos unha ruta polas pasarelas do río Vero en Alquézar. Esta pequena vila é un destino interesante polo ben que conserva o seu urbanismo medieval.
26 E 27 DE XULLO DE 2020 Ao movernos desde o val do Ebro cara o norte atopámonos coas Serras Exteriores, unha cadea de montañas paralelas ...
Mallos de Riglos e Castelo de Loarre
25 DE XULLO DE 2020
En varios puntos de Huesca pódense ver os mallos, formacións xeolóxicas facilmente recoñecibles na paisaxe como paredes rochosas de formas redondeadas e cores alaranxadas. A súa orixe está na erosión sufrida pola cordilleira pirenaica desde que empezou o seu levantamento. Os materiais máis grandes e pesados transportados polos ríos foron depositados aos pés da incipiente cordilleira, acumulando centenares de metros de espesor durante millóns de anos e formando conglomerados. Cando o Ebro atopou a saída ao mar, a erosión actuou sobre estas rochas e dou lugar as formas que se poden ver hoxe. Considérase que os mallos marcan a fronteira entre a cordilleira pirenaica e a cunca do Ebro.
agosto 14, 2020
25 DE XULLO DE 2020 En varios puntos de Huesca pódense ver os mallos, formacións xeolóxicas facilmente recoñecibles na paisaxe como parede...
As Bardenas Reales, Uxue e Olite
24 DE XULLO DE 2020
24 DE XULLO DE 2020 Fai máis de 20 millóns de anos, durante o terciario, o choque entre a placa ibérica e a europea produciu vario...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Arquivo
-
▼
2020
(12)
-
▼
agosto
(10)
- Mirando a cordilleira pirenaica en Añisclo e Plan
- Serra e canóns de Guara
- Mallos de Riglos e Castelo de Loarre
- As Bardenas Reales, Uxue e Olite
- A zona media navarra
- O val de Baztán e a Selva de Irati
- O flysch de Zumaia
- As asombrosas pinturas medievais de Gazeo e Alaitza
- La Rioja e os seus monasterios
- Soria, polas terras de Berlanga
-
▼
agosto
(10)
-
►
2019
(18)
- ► septiembre (3)
