Álbum fotográfico

Para complementar o que fixemos con este blog, creamos un álbum fotográfico de Islandia en www.23hq.com/deviaxe, a onde subimos unha selección das fotos que nos pareceron mais bonitas.


Agora temos tamén outro álbum en Panoramio, onde publicamos fotos panorámicas con información sobre a localización xeográfica.

Para complementar o que fixemos con este blog, creamos un  álbum fotográfico de Islandia  en  www.23hq.com/deviaxe , a onde subimos unha sel...

Despedida

19 DE AGOSTO DE 2010  

A pesares das estradas infernais,
de levar case 50 días durmindo en tenda de campaña,
de comer de bocadillo mais do soportable,
de que na aduana nos confiscaran queixos e chourizos,
dos mareos nos barcos,
da eterna luz do día que non deixa durmir
e de que aquí morran de frío ata as pedras


A pesares de todo, volveríamos.
Adeus Islandia!

19 DE AGOSTO DE 2010   A pesares das estradas infernais, de levar case 50 días durmindo en tenda de campaña, de comer de bocadillo ma...

Pequeno diccionario de islandés

Joküll: glaciar
Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, moitos dos cales teñen debaixo un volcán.


Joküll : glaciar Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, m...

A poderosa Detifoss

17 DE AGOSTO DE 2010  


Detifoss é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fanse pequenos ante a estruendosa potencia do caudal que cae por ela, uns 200 m³ por segundo. A fervenza está no rio Jökulsá á Fjöllum, ao comezo do gran canón Jökulsárgljúfur, que levamos percorrendo varios dias. Alimentado por varias linguas do gran glaciar Vatnajökull, o río percorre medio país para desembocar no Océano Ártico. Como en todos os ríos de orixe glaciar, a auga vai cargada de sedimentos que a fan moi turbia, suxa e de cor gris.

17 DE AGOSTO DE 2010   Detifoss  é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fan...

Camiñando baixo a chuvia

 16 DE AGOSTO DE 2010  

Continuamos explorando o canón do Jökulsá á Fjöllum, en un día gris e chuvioso no que foi complicado sacar algunha foto bonita a pesar de que a paisaxe sí que o era.
Atopamos mais formacións de columnas basálticas curiosas, grandes e pequenas, dereitas e retorcidas, regulares e irregulares, diferencias que responden a distintas condicións que se deron na solidificación da lava:


 16 DE AGOSTO DE 2010   Continuamos explorando o canón do Jökulsá á Fjöllum , en un día gris e chuvioso no que foi complicado sacar algu...

Trolls petrificados

15 DE AGOSTO DE 2010  

O canón do río Jökulsá á Fjöllum, do que xa falamos onte, atravesa dúas filas de antigos conos volcánicos, que foron erosionados nas riadas catastróficas ocorridas no pasado. Isto deixou á vista extranas e bonitas formacións rochosas, constituídas principalmente por distintas configuracións de columnas basálticas hexagonais:


15 DE AGOSTO DE 2010   O canón do río Jökulsá á Fjöllum , do que xa falamos onte, atravesa dúas filas de antigos conos volcánicos, que f...

Unha colosal riada

14 DE AGOSTO DE 2010  

Din os xeólogos islandeses que o canón de Ásbyrgi formouse tan só nunhas poucas horas debido a unha colosal riada hai uns 10000 anos. A hipótese mais aceptada afirma que unha erupción debaixo dun glaciar aumentou de fórma súbita o caudal do rio Jökulsá á Fjöllum, e este excavou na rocha, en moi poco tempo, o paso para chegar o mar. Debido a que corre unha inxente cantidade de auga, a gran velocidade, e moi cargada de sedimentos, estas inundacións chamadas jökulhlaups en islandés, son enormemente destructivas. Ademais, se nunha avenida a velocidade da auga sobrepasa os 15 m/s, se comprime o aire e “explota” actuando como un martelo neumático, o que lle da todavía mais forza erosiva. O rio só circulou polo canón de Ásbyrgi durante este suceso, para despois continuar o seu camiño un par de kilómetros mais á dereita.


14 DE AGOSTO DE 2010   Din os xeólogos islandeses que o canón de Ásbyrgi formouse tan só nunhas poucas horas debido a unha colosal riad...

Un paxaro excepcional

Un dos paxaros mais frecuentes nas costas de Islandia é o charrán ártico (Sterna paradisaea), que leva acompañándonos toda a viaxe e do que xa puxemos algunha foto. Sempre nos gustou esta ave pola súa silueta e a elegante forma de voar.


Un dos paxaros mais frecuentes nas costas de Islandia é o charrán ártico ( Sterna paradisaea ), que leva acompañándonos toda a viaxe e do qu...

A caldeira de Askja

12 DE AGOSTO DE 2010 

Fai moitos miles de anos, un enorme volcán esgotou a lava que lle quedaba na súa cámara magmática, tras o que esta se derumbou e formou unha depresión no terreo duns 50 km², coñecida como caldeira de Askja. O nome de caldeira está motivado porque a nova depresión queda rodeada polas paredes do antigo volcán.
No ano 1875 unha nova e extraordinaria erupción sucedeu dentro da caldeira de Askja, e ao remate desta, outra vez se derrumbou a cámara magmática do volcán, creando unha nova caldeira dentro da antiga caldeira, así como un cráter explosivo ao seu lado. As escorias e cinzas desta erupción causaron a ruina de moitas granxas e forzaron unha emigración masiva cara o norte de Canadá, onde aínda hoxe hai unha comarca con topónimos, tradicións e dialecto islandés. Na foto se observa en primeiro plano, o cráter explosivo Viti cheo de auga azulada. Detrás del, a auga transparente do lago Öskjuvatn formado na caldeira de 1875, e no fondo, as paredes montañosas da gran caldeira de Askja.


12 DE AGOSTO DE 2010  Fai moitos miles de anos, un enorme volcán esgotou a lava que lle quedaba na súa cámara magmática, tras o que est...

Un volcán a punto de estalar

11 DE AGOSTO DE 2010  

Os arredores do lago Mývatn son unha zona volcánica moi activa e se poden ver numerosas manifestacións, tanto antigas como moi recentes, desta actividade. Por exemplo, a paisaxe case marciana de Hverarönð está composta de fumarolas, pozas de lama fervendo e fontes de auga en ebullición que expulsan grandes cantidades de vapor sulfuroso, e todo o entorno está tinxido da cor amarela do xofre e impregnado do seu cheiro fétido.


11  DE AGOSTO DE  2010   Os arredores do lago Mývatn son unha zona volcánica moi activa e se poden ver numerosas manifestacións, tanto ...

Fendas quentes

10 DE AGOSTO DE 2010  

O entorno do lago Mývatn é a zona mais turística do norte de Islandia pola espectacularidade da súa paisaxe. Está situado directamente sobre o “rift” ou fenda por onde se separan as placas europea e americana, e unha violenta xeoloxía está aínda dándolle forma ao lugar.
Un dos numerosos campos de lava da zona está atravesado por fendas cheas de auga quente, como Grjotagjá, que está a unha temperatura de case 50º.


10 DE AGOSTO DE 2010   O entorno do lago Mývatn é a zona mais turística do norte de Islandia pola espectacularidade da súa paisaxe. Est...

Ao norte do Círculo Polar Ártico

9 DE AGOSTO DE 2010  

Desde a vila mariñeira de Dalvik embarcamos para ir ata a pequena illa de Grímsey. Situada a 41 km da costa, ten só 5 km de longo e 90 habitantes. Pero o principal atractivo da illa é que o Círculo Polar Ártico a atravesa mais ou menos pola metade. É o único lugar de Islandia situado mais ao norte desta importante referencia xeográfica, que marca o inicio da zona ártica. No lugar por onde pasa o paralelo 66º 33’ 43” hai un poste coas distancias a algunhas das cidades do planeta.


9 DE AGOSTO DE 2010   Desde a vila mariñeira de Dalvik embarcamos para ir ata a pequena illa de Grímsey . Situada a 41 km da costa, ten...

A pequena capital do norte

8 DE AGOSTO DE 2010 

Akureyri, con 17000 habitantes, é a segunda cidade de Islandia. Situada no fondo do fiordo Eyjafjörður, está considerada como a capital do norte do país. Con só 100 anos de vida, hoxe vive do porto pesqueiro, do comercio e dos servizos. A pesar de estar a apenas 100 km do Círculo Polar Ártico, disfruta dun microclima privilexiado no que se probaron por primeira vez as especies forestais para repoboar as terras islandesas.


8 DE AGOSTO DE 2010  Akureyri , con 17000 habitantes, é a segunda cidade de Islandia. Situada no fondo do fiordo Eyjafjörður , está cons...

Islandia rural no século XVIII

7 DE AGOSTO DE 2010  

Se en calquer lugar de Europa a vida no medio rural antes do século XX era dura, aquí en Islandia era bastante mais dura debido ao frío extremo e a falta de luz solar no inverno. Sen embargo, este país leva habitado uns 1000 anos, e os seus habitantes sobreviviron da gandeiría e da pesca.
Na granxa de Glaumbær, hoxe convertida nun museo, pódese ver como era a vida no século XVIII gracias ao estado de conservación dos edificios, mobles e ferramentas de uso cotián.


As paredes e o tellado da granxa son de turba, o que proporciona un excelente illamento térmico.


O interior dividíase en moitas estancias: cociña, despensas, almacéns, dormitorio común, leitería, ferreria, etc. Ainda que as paredes e o teito dalgunhas estancias estaban recubertas de madeira, na maioría a turba estaba á vista. Na leiteria se facian queixos, manteigas e iogures:


Durante o inverno, todos os habitantes da granxa traballaban e comían no dormitorio común, que era o lugar onde se facía a vida:


No entorno non había pedra nin madeira para a construcción, polo que a primeira foi substituída por turba, e a segunda recollíase nas praias, a onde chegaban troncos procedentes dos bosques de outros paises. Onte comprobamos a grande cantidade de madeira que sigue chegando a estas costas, e que todavía se recolle para aproveitar.

7 DE AGOSTO DE 2010   Se en calquer lugar de Europa a vida no medio rural antes do século XX era dura, aquí en Islandia era bastante ma...

Flora de Islandia

Moitas das especies que compoñen a flora islandesa son habituais en calquera parte da Europa atlántica, como Galicia. Por exemplo, é moi frecuente a herba de namorar (Armeria maritima), só que aquí medra enriba da lava, en vez de no mar. Nas terras baixas predomina a pradeira, onde pacen moitos miles de ovellas. En zonas húmidas é moi común este algodón silvestre (Eriophorum angustifolium):


Moitas das especies que compoñen a flora islandesa son habituais en calquera parte da Europa atlántica, como Galicia. Por exemplo, é moi fre...

Salvaxe noroeste

5 DE AGOSTO DE 2010 

Hoxe tivemos que percorrer mais de 100 km por unha estrada sen asfaltar para chegar ata Isafjördur, a cidade mais importante dos fiordos do noroeste islandés. Este tipo de vias forman parte da rede principal do pais e no verán se pode circular por elas con un turismo normal, pero en algúns tramos o firme está en mal estado. Ainda que o límite de velocidade é de 80 km/h, sen un 4x4 é dificil e perigoso pasar de 50 km/h.


5 DE AGOSTO DE 2010  Hoxe tivemos que percorrer mais de 100 km por unha estrada sen asfaltar para chegar ata Isafjördur , a cidade mais...

A fisterra islandesa

 4 DE AGOSTO DE 2010  

No barranco de Surtarbrandsgil están algunhas das rochas mais antigas de Islandia, que son moi xóvenes comparadas coa idade habitual das rochas en Europa. Entre as capas de lava procedentes de distintas erupcións quedaron atrapados restos vexetais de bosques de fai 11 millóns de anos. Hoxe podemos ver fósiles variados, como anacos de troncos ou follas de ameneiro:

 4 DE AGOSTO DE 2010   No barranco de Surtarbrandsgil están algunhas das rochas mais antigas de Islandia, que son moi xóvenes comparada...

Rumbo aos fiordos do noroeste

3 DE AGOSTO DE 2010  

Desde o porto de Stykkishólmur tomamos o ferry que cruza Breiðafjörður, que significa “fiordo ancho”, co que aforramos moitos km de estrada sen asfaltar. Stykkishólmur é un pobo mariñeiro típico de Islandia, con algunhas casas de madeira arredor do porto pintadas de cores variados.


3 DE AGOSTO DE 2010   Desde o porto de Stykkishólmur tomamos o ferry que cruza Breiðafjörður , que significa “fiordo ancho”, co que afo...

(Frustrada) Viaxe ao centro da Terra

 2 DE AGOSTO DE 2010  

Estamos na península de Snæfellsness, onde se atopa o volcán Snæfellsjökull, o que Jules Verne considerou o punto de entrada en “Viaxe ao centro da Terra”. Lamentablemente o dia estivo chuvioso e con nubes que cubrían as montañas mais altas, o que nos impediu ver o volcán e o glaciar que o recubre, que están detrás do monte que se ve nesta foto.


 2 DE AGOSTO DE 2010   Estamos na península de Snæfellsness , onde se atopa o volcán Snæfellsjökull , o que Jules Verne considerou o punt...

De volta en Landmannalaugar

1 DE AGOSTO DE 2010 

Landmannalaugar foi o punto de inicio da ruta de 4 dias que fixemos ata Þórsmörk. Como é unha das mellores zonas deste país para facer senderismo decidimos voltar e pasar dous días alí para coñecer un pouco mais o entorno.
Subimos o primeiro día á cima da montaña negra de Bláhnúkur, desde onde se pode ver o campamento de Landmannalaugar e á sua esquerda o enorme campo de lava das erupcións de fai 500 anos.


1 DE AGOSTO DE 2010  Landmannalaugar foi o punto de inicio da ruta de 4 dias que fixemos ata Þórsmörk . Como é unha das mellores zonas...

Þingvellir, Strokkur e Gullfoss

29 DE XULLO DE 2010  

O Parque Nacional de Þingvellir é o lugar de maior interese histórico de Islandia, ademais de ter grande importancia xeolóxica. No ano 930 os vikingos que colonizaron Islandia estableceron aquí o primeiro parlamento democrático do mundo, o Alþing. Facíase unha reunión anual no verán que duraba un par de semanas, na que se discutían leis e se celebraban xuízos, e se trataban outros asuntos importantes.
Xeoloxicamente se caracteriza por ser un “rift”, un lugar onde a cortiza terrestre se estira ata que rompe dando lugar a numerosas fisuras e gretas.

29 DE XULLO DE 2010   O Parque Nacional de Þingvellir é o lugar de maior interese histórico de Islandia, ademais de ter grande importan...

Entre dous continentes

28 DE XULLO DE 2010  

Comezamos o dia con un café que tomamos en Kaffi Bryggjan, no porto de Grindavik, un café-bar de mariñeiros no que nos trataron con moita simpatía e hospitalidade.
Polo demais, dia de poucas experiencias. Visitamos a central xeotérmica de Reykjanesvirkjun, que é unha das mais avanzadas de Islandia. Producen enerxía eléctrica a partir do vapor que sacan dunha enorme bolsa de auga salgada situada a 2000 m de profundidade e que está aproximadamente a 400 graos de temperatura.


28 DE XULLO DE 2010   Comezamos o dia con un café que tomamos en Kaffi Bryggjan , no porto de Grindavik , un café-bar de mariñeiros no q...

Reykjavík

27 DE XULLO DE 2010  

O 60% dos 300 000 habitantes de Islandia viven na área metropolitana de Reykjavík. É unha cidade pequena e tranquila, sen aglomeracións de xente nin tráfico. A maioría dos edificos son de unha ou dúas plantas, e o pequeno casco histórico ten só 100 ou 200 anos.



27 DE XULLO DE 2010   O 60% dos 300 000 habitantes de Islandia viven na área metropolitana de Reykjavík . É unha cidade pequena e tranqu...

A remollo na Lagoa Azul

 26 DE XULLO DE 2010  

Abandonamos a illa de Heimaey despois dunha dificil noite de temporal de vento e chuvia, na que temimos que a nosa tenda de campaña non aguantase a forza do vento.
Desplazámonos cara o oeste do país, xa preto da capital Reikjavík. De camiño atopámonos con esta curiosa maneira de anunciar un supermercado de granxeiros locais, usando os rolos de erba ensilada:


 26 DE XULLO DE 2010   Abandonamos a illa de Heimaey despois dunha dificil noite de temporal de vento e chuvia, na que temimos que a n...

A sorprendente historia das illas Vestmannaeyjar (II)

25 DE XULLO DE 2010  

Subimos ao xoven volcán de Heimaey, e na súa cima comprobamos como se notaba o calor que todavía desprende o chan. A 5 cm da superfície o noso termómetro alcanzou 153 graos centígrados. Tamén apreciamos con claridade a colada de lava de 1973 que destrueu un tercio das vivendas da vila e a piques estivo de bloquear o acceso do porto de Heimaey, de vital importancia para a economía da vila, baseada na pesca. Sendo o único abrigo natural no arquipélago, os islandeses decidiron naquel momento frenar o avance da lava bombeando grandes cantidades de auga do mar para que solidificase ao enfriar. E tiveron éxito nesta empresa. Na foto vese a entrada do porto coa lava que case o cerra.


25 DE XULLO DE 2010   Subimos ao xoven volcán de Heimaey , e na súa cima comprobamos como se notaba o calor que todavía desprende o chan...

A sorprendente historia das illas Vestmannaeyjar

24 DE XULLO DE 2010   

Decidimos embarcar outra vez nun ferry e ir ás illas Vestmannaeyjar, situadas preto da costa sur de Islandia. Mentras esperábamos o noso barco, visitamos estas dúas singulares fervenzas moi próximas entre sí.
Na fervenza de Seljalandsfoss se pode camiñar perfectamente por detrás da caida da auga:


24 DE XULLO DE 2010    Decidimos embarcar outra vez nun ferry e ir ás illas Vestmannaeyjar , situadas preto da costa sur de Islandia. Me...

Relaxante baño baixo a chuvia

23 DE XULLO DE 2010  

Aproveitando un dia de chuvia, frio e vento, achegámonos á área xeotermal de Hveragerði, chea de fumarolas, pozas de auga e barro fervendo e cursos de auga quente.



23 DE XULLO DE 2010   Aproveitando un dia de chuvia, frio e vento, achegámonos á área xeotermal de Hveragerði , chea de fumarolas, pozas...

Travesía Landmannalaugar-Þórsmörk

22 DE XULLO DE 2010  

Esta é unha das rutas de senderismo mais populares de Islandia e miles de persoas a percorren cada ano. Habitualmente se dividen os 54 km de percorrido en catro etapas, e hai un refuxio con zona de acampada ao final de cada unha delas. Como non hai posibilidade de mercar comida durante o traxecto, hai que cargar con tenda, saco de durmir, roupa e avituallamento. Nós deixamos o coche en Hella e collemos un autobús que nos levou ata Landmannalaugar, punto de inicio da ruta. Catro dias despois voltamos a Hella noutro autobús desde Þórsmörk.
- 1ª Etapa: 18 de xullo. Landmannalaugar-Hrafntinnusker
Chegamos a Landmannalaugar despois de dúas horas en autobús por pista sen asfaltar. Outra vez o traxecto incluía vadear varios rios. Esta é unha zona con moita actividade hidrotermal, fontes con auga quente, fumarolas e solfataras. Impresionounos este lugar tan apartado e con unha paisaxe tan árida, que será unha constante nos seguintes días.


Voltamos a atoparnos coas coloridas montañas de riolita, unha rocha volcánica moi branda que se erosiona con moita facilidade.

22 DE XULLO DE 2010   Esta é unha das rutas de senderismo mais populares de Islandia e miles de persoas a percorren cada ano. Habitualm...

Areas negras

17 DE XULLO DE 2010  

En Vik, a poboación mais meridional de Islandia, atopamos praias de areas negras con acantilados onde anidan miles de gaivotas e outros paxaros.


17 DE XULLO DE 2010   En Vik , a poboación mais meridional de Islandia, atopamos praias de areas negras con acantilados onde anidan mile...

Onde a Terra se abriu

16 DE XULLO DE 2010  

En 1783 houbo unha erupción volcánica ao norte de Kirkjubæjarklaustur que expulsou a maior cantidade de lava rexistrada en tempos históricos. A través dunha liña de fisuras abertas na superficie da Terra ao longo de 25 km, a lava, a cinza e os gases estiveron saíndo durante 8 meses. Como consecuencia da erupción se destruíron as colleitas en Islandia e outras zonas de Europa, morreu o gando e moita xente morreu de fame. Arredor de Kirkjubæjarklaustur se ven enormes campos de lava procedentes daquel evento.
Para salvar os 45 km de pista sen asfaltar que hai ata as fisuras de Lakagígar, subimos hoxe a un autobús todoterreno que tivo que vadear varios rios ao longo do camiño para chegar alí:


16 DE XULLO DE 2010   En 1783 houbo unha erupción volcánica ao norte de Kirkjubæjarklaustur que expulsou a maior cantidade de lava rex...

Tellados verdes

15 DE XULLO DE 2010  

Abandonamos os dominios glaciares de Vatnajökull e nos encamiñamos a unha paisaxe marcadamente volcánica. De camiño a Kirkjubæjarklaustur paramos a ver unha pequena igrexa que todavía conserva o tellado tradicional con herba.


15 DE XULLO DE 2010   Abandonamos os dominios glaciares de Vatnajökull e nos encamiñamos a unha paisaxe marcadamente volcánica. De cami...

Camiñando nun glaciar

14 DE XULLO DE 2010  

Para ter un contacto mais directo co xeo apuntámonos a unha ruta guiada polo glaciar de Svínafellsjökull. Equipados con arnés, crampóns e piolet, pasamos boa parte do dia camiñando pola laberíntica e irregular superficie do glaciar, surcada por grietas chamadas crevasses.


14 DE XULLO DE 2010   Para ter un contacto mais directo co xeo apuntámonos a unha ruta guiada polo glaciar de Svínafellsjökull . Equipad...

Entre glaciares

13 DE XULLO DE 2010  

Estamos no Parque Nacional de Skaftafell, que inclúe parte do gran glaciar islandés Vatnajökull e moitas das súas linguas. Camiñamos duramente durante 9 horas, subindo e baixando montañas, para facer unha das mais impresionantes rutas de senderismo das nosas vidas (e xa levamos unhas cantas).
Ao inicio da ruta está a fervenza de Svartifoss, un dos puntos de interese turístico mais coñecidos de Islandia:


13 DE XULLO DE 2010   Estamos no Parque Nacional de Skaftafell , que inclúe parte do gran glaciar islandés Vatnajökull e moitas das súa...

Jökulsárlón

12 DE XULLO DE 2010  

Antigamente a lingua glaciar de Breidamerkurjókull chegaba ao mar. Pero en 1932 comezou a derretirse o glaciar e foi medrando un lago entre o xeo e o mar. Hoxendia o lago Jökulsárlón ten 16 km cadrados e está cheo de icebergs que se desprenden do glaciar e flotan na lagoa ata que se derreten ou escapan ao mar.

12 DE XULLO DE 2010   Antigamente a lingua glaciar de Breidamerkurjókull chegaba ao mar. Pero en 1932 comezou a derretirse o glaciar e ...

Montañas de cores e un glaciar

11 DE XULLO DE 2010  

Levantámonos ás 7 da mañán e o sol estaba xa ben arriba:


Aproveitamos o día soleado para facer unha ruta de 4 horas por unas montañas de cores:

11 DE XULLO DE 2010   Levantámonos ás 7 da mañán e o sol estaba xa ben arriba: Aproveitamos o día soleado para facer unha ruta de 4...

Fiordos e paxaros

10 DE XULLO DE 2010  

Hoxe decidimos movernos cara o sur. No camiño atopamos a  fervenza mais bonita do día:


Fixemos moitos kilómetros pola estrada 1, a circular que bordea toda a illa. Fomos parando para ver paisaxe de fiordos e moitos paxaros.

10 DE XULLO DE 2010   Hoxe decidimos movernos cara o sur. No camiño atopamos a  fervenza mais bonita do día: Fixemos moitos kilómet...

Decenas de fervenzas

9 DE XULLO DE 2010  

Estamos na zona de Egilsstadir, no este de Islandia. Hoxe levantámonos con bastante frío, abrigámonos ben e fumos ver algunhas fervenzas das moitas que hai por aquí.
Lítlanesfoss é unha pequena caída onde se aprecian perfectamente as columnas de basalto de orixe volcánica, que teñen forma hexagonal.


9 DE XULLO DE 2010   Estamos na zona de Egilsstadir , no este de Islandia. Hoxe levantámonos con bastante frío, abrigámonos ben e fumos ...

Por fin chegamos a Islandia

8 DE XULLO DE 2010  

E non sen aventuras!!
Costounos moito conseguir a pasaxe para o ferry, pois tivemos problemas con www.aferry.es, os intermediarios cos que tiñamos a reserva feita. Uns auténticos impresentables que nos estiveron mareando mais de unha semana sen conseguir nada. Chegamos a Dinamarca sen saber se poderíamos ir a Islandia ou non. Ao final tratamos directamente coa oficina do ferry en Hanstholm e conseguimos billete con dous “defectos”: só había praza nos camarotes mais caros e tiñamos que volver o 19 de agosto, dúas semanas mais tarde do que tiñamos pensado.
Embarcamos por fin en un ferry mais grande que un edificio de 8 pisos. Todo foi ben ata que empezamos a movernos, e polo tanto, marearnos. E así estivemos case dous días, encerrados no camarote, deitados, dormitando, sen poder ler, ou levantarnos, ou camiñar, ou pasear polo barco. Unha experiencia terrible.


8 DE XULLO DE 2010   E non sen aventuras!! Costounos moito conseguir a pasaxe para o ferry, pois tivemos problemas con www.aferry.es , ...