Decenas de fervenzas

julio 09, 2010 deviaxe 0 Comments

9 de xullo de 2010

Estamos na zona de Egilsstadir, no este de Islandia. Hoxe levantámonos con bastante frío, abrigámonos ben e fumos ver algunhas fervenzas das moitas que hai por aquí.
Lítlanesfoss é unha pequena caída onde se aprecian perfectamente as columnas de basalto de orixe volcánica, que teñen forma hexagonal.

Río arriba está Hengifoss, unha das mais altas de Islandia. Destacan no fondo uns estratos de cor vermella que separan distintas coladas de lava solidificada.

O dia serviu para unha toma de contacto co medio e o clima deste pais, e para facer prácticas coa cámara nova:

9 de xullo de 2010 Estamos na zona de Egilsstadir , no este de Islandia. Hoxe levantámonos con bastante frío, abrigámonos ben e fumos ver al...

0 comentarios: