Montañas de cores e un glaciar

11 DE XULLO DE 2010  

Levantámonos ás 7 da mañán e o sol estaba xa ben arriba:


Aproveitamos o día soleado para facer unha ruta de 4 horas por unas montañas de cores:




Pola tarde voltamos a Höfn, o pobo onde acampamos, coa idea de visitar algunha das catro linguas glaciares que desembocan na sua bahia. Esta é unha delas:


Estamos nos domínios de Vatnajökul, o inmenso casquete de xeo do sureste de Islandia, que é a terceira masa de xeo mais grande do planeta, despois da Antártida e Groenlandia. É impresionante ver os ríos de xeo chegar prácticamente ata o nivel do mar.
Pero aínda que parecía cerca, ao final levounos unha hora chegar camiñando ata a lingua glaciar de Hoffellsjökul, pero pagou a pena:


Pódese escoitar ao xeo cruxir e é de cores distintas, como o xeo negro que trae cinzas volcánicas e terra mesturadas:



Para rematar: os  zarapitos estiveron acompañandonos todo o día nas camiñatas, nas montañas, nos ríos e nos glaciares:

11 DE XULLO DE 2010   Levantámonos ás 7 da mañán e o sol estaba xa ben arriba: Aproveitamos o día soleado para facer unha ruta de 4...

0 comentarios: