Por fin chegamos a Islandia

8 de xullo de 2010

E non sen aventuras!!
Costounos moito conseguir a pasaxe para o ferry, pois tivemos problemas con www.aferry.es, os intermediarios cos que tiñamos a reserva feita. Uns auténticos impresentables que nos estiveron mareando mais de unha semana sen conseguir nada. Chegamos a Dinamarca sen saber se poderíamos ir a Islandia ou non. Ao final tratamos directamente coa oficina do ferry en Hanstholm e conseguimos billete con dous “defectos”: só había praza nos camarotes mais caros e tiñamos que volver o 19 de agosto, dúas semanas mais tarde do que tiñamos pensado.
Embarcamos por fin en un ferry mais grande que un edificio de 8 pisos. Todo foi ben ata que empezamos a movernos, e polo tanto, marearnos. E así estivemos case dous días, encerrados no camarote, deitados, dormitando, sen poder ler, ou levantarnos, ou camiñar, ou pasear polo barco. Unha experiencia terrible.

Cando desembarcamos en Seyðisfjörður, a policía de aduanas nos escolleu para un exhaustivo control en busca de chourizos, embutidos e queixos, alimentos que está prohibido introducir en Islandia. Nós os levabamos bastante ben escondidos, pero primeiro fixéronnos descargar TODA a equipaxe do coche, logo pasáronlle ao Scenic un scanner xigante e cando apareceron uns vultos sospeitosos na radiografía do coche, pasaron un can a cheirar que acabou dicindo: ahí hai algo!!. Confiscáronnos os chourizos e un queixo. O que non atoparon (porque non buscaron un pouco mais) foron os embutidos envasados ao vacío que tiñamos escondidos nunha das maletas.
Despois da tensión do rexistro marchamos cara Egilsstadir, un pobo cercano con mais servizos. Alí acampamos e mercamos un módem prepago dunha empresa de telefonía islandesa para ter conexión a internet durante toda a viaxe.

Comentarios