A sorprendente historia das illas Vestmannaeyjar (II)

julio 25, 2010 deviaxe 0 Comments

25 de xullo de 2010

Subimos ao xoven volcán de Heimaey, e na súa cima comprobamos como se notaba o calor que todavía desprende o chan. A 5 cm da superfície o noso termómetro alcanzou 153 graos centígrados. Tamén apreciamos con claridade a colada de lava de 1973 que destrueu un tercio das vivendas da vila e a piques estivo de bloquear o acceso do porto de Heimaey, de vital importancia para a economía da vila, baseada na pesca. Sendo o único abrigo natural no arquipélago, os islandeses decidiron naquel momento frenar o avance da lava bombeando grandes cantidades de auga do mar para que solidificase ao enfriar. E tiveron éxito nesta empresa. Na foto vese a entrada do porto coa lava que case o cerra.

Nos acantilados da illa aniñan grande cantidade de frailecillos, alcatraces e outras aves mariñas.

25 de xullo de 2010 Subimos ao xoven volcán de Heimaey , e na súa cima comprobamos como se notaba o calor que todavía desprende o chan. A 5 ...

0 comentarios: