Despedida

19 DE AGOSTO DE 2010  

A pesares das estradas infernais,
de levar case 50 días durmindo en tenda de campaña,
de comer de bocadillo mais do soportable,
de que na aduana nos confiscaran queixos e chourizos,
dos mareos nos barcos,
da eterna luz do día que non deixa durmir
e de que aquí morran de frío ata as pedras


A pesares de todo, volveríamos.
Adeus Islandia!

19 DE AGOSTO DE 2010   A pesares das estradas infernais, de levar case 50 días durmindo en tenda de campaña, de comer de bocadillo ma...

Pequeno diccionario de islandés

Joküll: glaciar
Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, moitos dos cales teñen debaixo un volcán.


Joküll : glaciar Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, m...

A poderosa Detifoss

17 DE AGOSTO DE 2010  


Detifoss é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fanse pequenos ante a estruendosa potencia do caudal que cae por ela, uns 200 m³ por segundo. A fervenza está no rio Jökulsá á Fjöllum, ao comezo do gran canón Jökulsárgljúfur, que levamos percorrendo varios dias. Alimentado por varias linguas do gran glaciar Vatnajökull, o río percorre medio país para desembocar no Océano Ártico. Como en todos os ríos de orixe glaciar, a auga vai cargada de sedimentos que a fan moi turbia, suxa e de cor gris.

17 DE AGOSTO DE 2010   Detifoss  é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fan...

Camiñando baixo a chuvia

 16 DE AGOSTO DE 2010  

Continuamos explorando o canón do Jökulsá á Fjöllum, en un día gris e chuvioso no que foi complicado sacar algunha foto bonita a pesar de que a paisaxe sí que o era.
Atopamos mais formacións de columnas basálticas curiosas, grandes e pequenas, dereitas e retorcidas, regulares e irregulares, diferencias que responden a distintas condicións que se deron na solidificación da lava:


 16 DE AGOSTO DE 2010   Continuamos explorando o canón do Jökulsá á Fjöllum , en un día gris e chuvioso no que foi complicado sacar algu...

Trolls petrificados

15 DE AGOSTO DE 2010  

O canón do río Jökulsá á Fjöllum, do que xa falamos onte, atravesa dúas filas de antigos conos volcánicos, que foron erosionados nas riadas catastróficas ocorridas no pasado. Isto deixou á vista extranas e bonitas formacións rochosas, constituídas principalmente por distintas configuracións de columnas basálticas hexagonais:


15 DE AGOSTO DE 2010   O canón do río Jökulsá á Fjöllum , do que xa falamos onte, atravesa dúas filas de antigos conos volcánicos, que f...

Unha colosal riada

14 DE AGOSTO DE 2010  

Din os xeólogos islandeses que o canón de Ásbyrgi formouse tan só nunhas poucas horas debido a unha colosal riada hai uns 10000 anos. A hipótese mais aceptada afirma que unha erupción debaixo dun glaciar aumentou de fórma súbita o caudal do rio Jökulsá á Fjöllum, e este excavou na rocha, en moi poco tempo, o paso para chegar o mar. Debido a que corre unha inxente cantidade de auga, a gran velocidade, e moi cargada de sedimentos, estas inundacións chamadas jökulhlaups en islandés, son enormemente destructivas. Ademais, se nunha avenida a velocidade da auga sobrepasa os 15 m/s, se comprime o aire e “explota” actuando como un martelo neumático, o que lle da todavía mais forza erosiva. O rio só circulou polo canón de Ásbyrgi durante este suceso, para despois continuar o seu camiño un par de kilómetros mais á dereita.


14 DE AGOSTO DE 2010   Din os xeólogos islandeses que o canón de Ásbyrgi formouse tan só nunhas poucas horas debido a unha colosal riad...

Un paxaro excepcional

Un dos paxaros mais frecuentes nas costas de Islandia é o charrán ártico (Sterna paradisaea), que leva acompañándonos toda a viaxe e do que xa puxemos algunha foto. Sempre nos gustou esta ave pola súa silueta e a elegante forma de voar.


Un dos paxaros mais frecuentes nas costas de Islandia é o charrán ártico ( Sterna paradisaea ), que leva acompañándonos toda a viaxe e do qu...

A caldeira de Askja

12 DE AGOSTO DE 2010 

Fai moitos miles de anos, un enorme volcán esgotou a lava que lle quedaba na súa cámara magmática, tras o que esta se derumbou e formou unha depresión no terreo duns 50 km², coñecida como caldeira de Askja. O nome de caldeira está motivado porque a nova depresión queda rodeada polas paredes do antigo volcán.
No ano 1875 unha nova e extraordinaria erupción sucedeu dentro da caldeira de Askja, e ao remate desta, outra vez se derrumbou a cámara magmática do volcán, creando unha nova caldeira dentro da antiga caldeira, así como un cráter explosivo ao seu lado. As escorias e cinzas desta erupción causaron a ruina de moitas granxas e forzaron unha emigración masiva cara o norte de Canadá, onde aínda hoxe hai unha comarca con topónimos, tradicións e dialecto islandés. Na foto se observa en primeiro plano, o cráter explosivo Viti cheo de auga azulada. Detrás del, a auga transparente do lago Öskjuvatn formado na caldeira de 1875, e no fondo, as paredes montañosas da gran caldeira de Askja.


12 DE AGOSTO DE 2010  Fai moitos miles de anos, un enorme volcán esgotou a lava que lle quedaba na súa cámara magmática, tras o que est...

Un volcán a punto de estalar

11 DE AGOSTO DE 2010  

Os arredores do lago Mývatn son unha zona volcánica moi activa e se poden ver numerosas manifestacións, tanto antigas como moi recentes, desta actividade. Por exemplo, a paisaxe case marciana de Hverarönð está composta de fumarolas, pozas de lama fervendo e fontes de auga en ebullición que expulsan grandes cantidades de vapor sulfuroso, e todo o entorno está tinxido da cor amarela do xofre e impregnado do seu cheiro fétido.


11  DE AGOSTO DE  2010   Os arredores do lago Mývatn son unha zona volcánica moi activa e se poden ver numerosas manifestacións, tanto ...

Fendas quentes

10 DE AGOSTO DE 2010  

O entorno do lago Mývatn é a zona mais turística do norte de Islandia pola espectacularidade da súa paisaxe. Está situado directamente sobre o “rift” ou fenda por onde se separan as placas europea e americana, e unha violenta xeoloxía está aínda dándolle forma ao lugar.
Un dos numerosos campos de lava da zona está atravesado por fendas cheas de auga quente, como Grjotagjá, que está a unha temperatura de case 50º.


10 DE AGOSTO DE 2010   O entorno do lago Mývatn é a zona mais turística do norte de Islandia pola espectacularidade da súa paisaxe. Est...

Ao norte do Círculo Polar Ártico

9 DE AGOSTO DE 2010  

Desde a vila mariñeira de Dalvik embarcamos para ir ata a pequena illa de Grímsey. Situada a 41 km da costa, ten só 5 km de longo e 90 habitantes. Pero o principal atractivo da illa é que o Círculo Polar Ártico a atravesa mais ou menos pola metade. É o único lugar de Islandia situado mais ao norte desta importante referencia xeográfica, que marca o inicio da zona ártica. No lugar por onde pasa o paralelo 66º 33’ 43” hai un poste coas distancias a algunhas das cidades do planeta.


9 DE AGOSTO DE 2010   Desde a vila mariñeira de Dalvik embarcamos para ir ata a pequena illa de Grímsey . Situada a 41 km da costa, ten...

A pequena capital do norte

8 DE AGOSTO DE 2010 

Akureyri, con 17000 habitantes, é a segunda cidade de Islandia. Situada no fondo do fiordo Eyjafjörður, está considerada como a capital do norte do país. Con só 100 anos de vida, hoxe vive do porto pesqueiro, do comercio e dos servizos. A pesar de estar a apenas 100 km do Círculo Polar Ártico, disfruta dun microclima privilexiado no que se probaron por primeira vez as especies forestais para repoboar as terras islandesas.


8 DE AGOSTO DE 2010  Akureyri , con 17000 habitantes, é a segunda cidade de Islandia. Situada no fondo do fiordo Eyjafjörður , está cons...

Islandia rural no século XVIII

7 DE AGOSTO DE 2010  

Se en calquer lugar de Europa a vida no medio rural antes do século XX era dura, aquí en Islandia era bastante mais dura debido ao frío extremo e a falta de luz solar no inverno. Sen embargo, este país leva habitado uns 1000 anos, e os seus habitantes sobreviviron da gandeiría e da pesca.
Na granxa de Glaumbær, hoxe convertida nun museo, pódese ver como era a vida no século XVIII gracias ao estado de conservación dos edificios, mobles e ferramentas de uso cotián.


As paredes e o tellado da granxa son de turba, o que proporciona un excelente illamento térmico.


O interior dividíase en moitas estancias: cociña, despensas, almacéns, dormitorio común, leitería, ferreria, etc. Ainda que as paredes e o teito dalgunhas estancias estaban recubertas de madeira, na maioría a turba estaba á vista. Na leiteria se facian queixos, manteigas e iogures:


Durante o inverno, todos os habitantes da granxa traballaban e comían no dormitorio común, que era o lugar onde se facía a vida:


No entorno non había pedra nin madeira para a construcción, polo que a primeira foi substituída por turba, e a segunda recollíase nas praias, a onde chegaban troncos procedentes dos bosques de outros paises. Onte comprobamos a grande cantidade de madeira que sigue chegando a estas costas, e que todavía se recolle para aproveitar.

7 DE AGOSTO DE 2010   Se en calquer lugar de Europa a vida no medio rural antes do século XX era dura, aquí en Islandia era bastante ma...

Flora de Islandia

Moitas das especies que compoñen a flora islandesa son habituais en calquera parte da Europa atlántica, como Galicia. Por exemplo, é moi frecuente a herba de namorar (Armeria maritima), só que aquí medra enriba da lava, en vez de no mar. Nas terras baixas predomina a pradeira, onde pacen moitos miles de ovellas. En zonas húmidas é moi común este algodón silvestre (Eriophorum angustifolium):


Moitas das especies que compoñen a flora islandesa son habituais en calquera parte da Europa atlántica, como Galicia. Por exemplo, é moi fre...

Salvaxe noroeste

5 DE AGOSTO DE 2010 

Hoxe tivemos que percorrer mais de 100 km por unha estrada sen asfaltar para chegar ata Isafjördur, a cidade mais importante dos fiordos do noroeste islandés. Este tipo de vias forman parte da rede principal do pais e no verán se pode circular por elas con un turismo normal, pero en algúns tramos o firme está en mal estado. Ainda que o límite de velocidade é de 80 km/h, sen un 4x4 é dificil e perigoso pasar de 50 km/h.


5 DE AGOSTO DE 2010  Hoxe tivemos que percorrer mais de 100 km por unha estrada sen asfaltar para chegar ata Isafjördur , a cidade mais...

A fisterra islandesa

 4 DE AGOSTO DE 2010  

No barranco de Surtarbrandsgil están algunhas das rochas mais antigas de Islandia, que son moi xóvenes comparadas coa idade habitual das rochas en Europa. Entre as capas de lava procedentes de distintas erupcións quedaron atrapados restos vexetais de bosques de fai 11 millóns de anos. Hoxe podemos ver fósiles variados, como anacos de troncos ou follas de ameneiro:

 4 DE AGOSTO DE 2010   No barranco de Surtarbrandsgil están algunhas das rochas mais antigas de Islandia, que son moi xóvenes comparada...

Rumbo aos fiordos do noroeste

3 DE AGOSTO DE 2010  

Desde o porto de Stykkishólmur tomamos o ferry que cruza Breiðafjörður, que significa “fiordo ancho”, co que aforramos moitos km de estrada sen asfaltar. Stykkishólmur é un pobo mariñeiro típico de Islandia, con algunhas casas de madeira arredor do porto pintadas de cores variados.


3 DE AGOSTO DE 2010   Desde o porto de Stykkishólmur tomamos o ferry que cruza Breiðafjörður , que significa “fiordo ancho”, co que afo...

(Frustrada) Viaxe ao centro da Terra

 2 DE AGOSTO DE 2010  

Estamos na península de Snæfellsness, onde se atopa o volcán Snæfellsjökull, o que Jules Verne considerou o punto de entrada en “Viaxe ao centro da Terra”. Lamentablemente o dia estivo chuvioso e con nubes que cubrían as montañas mais altas, o que nos impediu ver o volcán e o glaciar que o recubre, que están detrás do monte que se ve nesta foto.


 2 DE AGOSTO DE 2010   Estamos na península de Snæfellsness , onde se atopa o volcán Snæfellsjökull , o que Jules Verne considerou o punt...

De volta en Landmannalaugar

1 DE AGOSTO DE 2010 

Landmannalaugar foi o punto de inicio da ruta de 4 dias que fixemos ata Þórsmörk. Como é unha das mellores zonas deste país para facer senderismo decidimos voltar e pasar dous días alí para coñecer un pouco mais o entorno.
Subimos o primeiro día á cima da montaña negra de Bláhnúkur, desde onde se pode ver o campamento de Landmannalaugar e á sua esquerda o enorme campo de lava das erupcións de fai 500 anos.


1 DE AGOSTO DE 2010  Landmannalaugar foi o punto de inicio da ruta de 4 dias que fixemos ata Þórsmörk . Como é unha das mellores zonas...