Flora de Islandia

Moitas das especies que compoñen a flora islandesa son habituais en calquera parte da Europa atlántica, como Galicia. Por exemplo, é moi frecuente a herba de namorar (Armeria maritima), só que aquí medra enriba da lava, en vez de no mar. Nas terras baixas predomina a pradeira, onde pacen moitos miles de ovellas. En zonas húmidas é moi común este algodón silvestre (Eriophorum angustifolium):

Non se conserva ningunha masa forestal autóctona e o enorme número de ovellas impide a súa recuperación natural. Os poucos bosques que hai son de recente reforestación, con moitas especies importadas de outros países nórdicos. No bosque de Hallormsstaður, o mais grande de Islandia, medraba por todas partes a cola de cabalo, unha planta habitual en todo o pais:

Nas zonas frías e nos campos de lava dominan os musgos, acompañados dalgunha herba e liques:

Sobre as escorias volcánicas ou pedreiras medran poucas especies, como a singular Silene acaulis:

Comentarios