(Frustrada) Viaxe ao centro da Terra

agosto 02, 2010 deviaxe 0 Comments

2 de agosto de 2010

Estamos na península de Snæfellsness, onde se atopa o volcán Snæfellsjökull, o que Jules Verne considerou o punto de entrada en “Viaxe ao centro da Terra”. Lamentablemente o dia estivo chuvioso e con nubes que cubrían as montañas mais altas, o que nos impediu ver o volcán e o glaciar que o recubre, que están detrás do monte que se ve nesta foto.

Fixemos un percorrido polos acantilados da costa, cheos de cormoráns, gaivotas e charráns árticos.

Estes acantilados son moi afamados polas formacións rochosas que se poden ver:

2 de agosto de 2010 Estamos na península de Snæfellsness , onde se atopa o volcán Snæfellsjökull , o que Jules Verne considerou o punto de e...

0 comentarios: