Pequeno diccionario de islandés

Joküll: glaciar
Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, moitos dos cales teñen debaixo un volcán.


Súpa: sopa
O mellor da gastronomía islandesa son as sopas. En case todos os cafés e restaurantes teñen un recipiente coa sopa do día quente e lista para servir. O costume é autoservirse, tomala con pan e manteiga, e se pode repetir as veces que un queira.


Hraun: campo de lava
A lava expulsada durante os últimos 10000 anos cobre un 10% da superficie do país. Hai campos de lava de moita antigüidade, que teñen bastante vexetación, e outros mais recentes, con apenas liques e musgos, ou simplemente nada.


Sandur: chaira areosa de orixe glaciar
As correntes de auga de desxeo procedentes dun glaciar arrastran grande cantidade de sedimentos finos que se depositan en amplas planicies. A Xeoloxía incorporou esta palabra islandesa ao seu vocabulario, xa que en Islandia está Skeiðarársandur, o sandur mais grande do mundo.


Foss: fervenza
Son innumerables as fervenzas deste país, e son das mais bonitas, das mais grandes, e das mais caudalosas de Europa.


Vaðid: vado
Faltan pontes neste país. En moitas estradas hai que vadear rios para circular por elas, polo que son inaccesibles para vehículos normais. Camiñando non é raro ter que meterse na auga para cruzar ríos anchos, xélidos e caudalosos.


Hver: manancial de auga quente.
Moitos topónimos do país referidos a zonas xeotermais comezan por hver, como Hveragerdi. Tamén se usa o prefixo reyk-, co significado de lugar fumeante; Reykjavik, por exemplo, significa bahía fumeante.


Vatn: auga, lago
Hai uns 200 lagos en Islandia de mais de 1 km² de superficie.


Fjörður: fiordo
Os glaciares do pasado escavaron profundos vales con perfil en forma de U. En moitos casos o xeo afondou centos de metros por debaixo do nivel do mar. Tras a última glaciación o xeo retirouse destes vales, que foron ocupados polo mar formando os fiordos típicos do norte de Europa.


Bær: granxa
Xunto coa pesca, a actividade principal do pais no pasado foi a gandería. Na Islandia de hoxendía, segue habendo moitas granxas, habitualmente illadas na paisaxe.


Kirkjan: igrexa
A relixión maioritaria do país é a protestante luterana. En case todos os núcleos de poboación hai unha pequena igrexa, normalmente de menos de 200 anos de antigüidade.


Fuglar: paxaro.
Viaxando polo país se poden ver moitas especies de paxaros, algúns propios de zonas árticas e outros tamén presentes en latitudes mais baixas.

Joküll : glaciar Islandia é o país con mais superficie glaciar de Europa (11% do país cuberto de xeo), con grande variedade de glaciares, m...

0 comentarios: