A poderosa Detifoss

17 DE AGOSTO DE 2010  


Detifoss é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fanse pequenos ante a estruendosa potencia do caudal que cae por ela, uns 200 m³ por segundo. A fervenza está no rio Jökulsá á Fjöllum, ao comezo do gran canón Jökulsárgljúfur, que levamos percorrendo varios dias. Alimentado por varias linguas do gran glaciar Vatnajökull, o río percorre medio país para desembocar no Océano Ártico. Como en todos os ríos de orixe glaciar, a auga vai cargada de sedimentos que a fan moi turbia, suxa e de cor gris.



Detifoss é unha das moitas fervenzas que o río ten ao longo do seu cauce, e só uns metros río arriba está Selfoss, tallada en duras capas de basalto.

17 DE AGOSTO DE 2010   Detifoss  é a catarata mais caudalosa de Europa. Mais que bonita, é impresionante. Os seus 44 m de altura fan...

0 comentarios: