Þingvellir, Strokkur e Gullfoss

29 de xullo de 2010
O Parque Nacional de Þingvellir é o lugar de maior interese histórico de Islandia, ademais de ter grande importancia xeolóxica. No ano 930 os vikingos que colonizaron Islandia estableceron aquí o primeiro parlamento democrático do mundo, o Alþing. Facíase unha reunión anual no verán que duraba un par de semanas, na que se discutían leis e se celebraban xuízos, e se trataban outros asuntos importantes.
Xeoloxicamente se caracteriza por ser un “rift”, un lugar onde a cortiza terrestre se estira ata que rompe dando lugar a numerosas fisuras e gretas.
A uns quilómetros desta zona se pode presenciar un dos fenómenos xeolóxicos mais espectaculares. Un geiser se produce cando a base dun pozo natural de auga está formada por pedra moi quente, o que vai quentando a auga do fondo ata que se convirte subitamente en vapor e sae cara a superficie empuxando toda a auga que está enriba de el. A palabra islandesa geysir significa “surtidor”, e con ela se denomina este fenómeno en todo o mundo.
O primeiro do que se tivo noticia é o vello Geysir, que entrou en erupción no século XIII, e expulsaba un chorro de uns 80 metros de altura. Pero como era bastante irregular, a xente botáballe pedras e xabón para provocar a erupción, polo que foi perdendo forza ata que se apagou no século XX. Hoxendia é un grande cráter cheo de auga fervendo que todavía bota vapor e erupciona de vez en cando alcanzando pouca altura.
A escasos metros do vello Geysir está Strokkur, que cada 5 minutos aproximadamente expulsa unha columna de auga e vapor a 20 ou 30 metros de altura, sendo así o geiser mais frecuente e regular do mundo e un dos mais altos. En ocasións, incluso erupciona dúas ou tres veces seguidas.


Acabamos o día con outro espectáculo natural. Despois de ter visto moitas fervenzas neste pais e en outros, Gullfoss é a primeira á que lle podemos chamar catarata, pola enorme cantidade de auga que cae por ela en cada instante.

Entre dous continentes

28 de xullo de 2010

Comezamos o dia con un café que tomamos en Kaffi Bryggjan, no porto de Grindavik, un café-bar de mariñeiros no que nos trataron con moita simpatía e hospitalidade.
Polo demais, dia de poucas experiencias. Visitamos a central xeotérmica de Reykjanesvirkjun, que é unha das mais avanzadas de Islandia. Producen enerxía eléctrica a partir do vapor que sacan dunha enorme bolsa de auga salgada situada a 2000 m de profundidade e que está aproximadamente a 400 graos de temperatura.

E botamos un pé en América, pois pola península de Reykjanes pasa a liña divisoria entre as placas tectónicas americana e europea. As dúas placas se separan entre sí, o que fai que ambos continentes se vaian alonxando, aumente a anchura do oceano Atlántico e tamén a anchura de Islandia. Aínda que a media é duns 2 cm ao ano, a separación realmente se produce con movementos bruscos que ocurren despois de longos períodos de calma, manifestándose como terremotos e raras veces como erupcións volcánicas.
Un dos símbolos en Islandia de este fenómeno é a chamada “Ponte entre dous continentes”, que ten un pé na placa americana e outro na europea:

Reykjavík

27 de xullo de 2010

O 60% dos 300 000 habitantes de Islandia viven na área metropolitana de Reykjavík. É unha cidade pequena e tranquila, sen aglomeracións de xente nin tráfico. A maioría dos edificos son de unha ou dúas plantas, e o pequeno casco histórico ten só 100 ou 200 anos.

Tamén hai grandes avenidas con edificios novos de maior altura e moita zona verde. A catedral de Reykjavik é unha obra moderna que se inspirou nas columnas de basalto que se poden ver en moitos lugares do país:

A remollo na Lagoa Azul

26 de xullo de 2010

Abandonamos a illa de Heimaey despois dunha dificil noite de temporal de vento e chuvia, na que temimos que a nosa tenda de campaña non aguantase a forza do vento.
Desplazámonos cara o oeste do país, xa preto da capital Reikjavík. De camiño atopámonos con esta curiosa maneira de anunciar un supermercado de granxeiros locais, usando os rolos de erba ensilada:

Como o tempo non estaba moi bó, e preferíamos unha actividade relaxante despois da tensa noite, fomos a Bláa Lónið (Lagoa Azul), un complexo de baños quentes no que se aproveita a auga dunha central xeotérmica. A auga é unha mestura de doce e salgada, e contén minerais e algas que din que son moi boas para a pel, e que lle dan á auga a cor azul característica.

A sorprendente historia das illas Vestmannaeyjar (II)

25 de xullo de 2010

Subimos ao xoven volcán de Heimaey, e na súa cima comprobamos como se notaba o calor que todavía desprende o chan. A 5 cm da superfície o noso termómetro alcanzou 153 graos centígrados. Tamén apreciamos con claridade a colada de lava de 1973 que destrueu un tercio das vivendas da vila e a piques estivo de bloquear o acceso do porto de Heimaey, de vital importancia para a economía da vila, baseada na pesca. Sendo o único abrigo natural no arquipélago, os islandeses decidiron naquel momento frenar o avance da lava bombeando grandes cantidades de auga do mar para que solidificase ao enfriar. E tiveron éxito nesta empresa. Na foto vese a entrada do porto coa lava que case o cerra.

Nos acantilados da illa aniñan grande cantidade de frailecillos, alcatraces e outras aves mariñas.

A sorprendente historia das illas Vestmannaeyjar

24 de xullo de 2010

Decidimos embarcar outra vez nun ferry e ir ás illas Vestmannaeyjar, situadas preto da costa sur de Islandia. Mentras esperábamos o noso barco, visitamos estas dúas singulares fervenzas moi próximas entre sí.
Na fervenza de Seljalandsfoss se pode camiñar perfectamente por detrás da caida da auga:

Sen embargo, a fervenza de Gljúfurárfoss está agachada dentro dunha estreita grieta rochosa e para vela na sua totalidade é necesario camiñar uns metros polo cauce do rio, con auga ata os xeonllos.

Pola tarde chegamos a Heimaey, a única illa habitada do arquipélago de Vestmannaeyjar. Estas illas son de orixe volcánica, con unha antigüedade duns 5000 anos, pero en 1963 houbo unha nova incorporación cando a illa de Surtsey naceu no océano dunha erupción volcánica que durou 4 anos. Esta illa, que ten menos de 50 anos, non se pode visitar porque foi desde o primeiro momento reservada polos científicos para observar cómo as distintas especies vexetais e animais van colonizando territorio virxe.
E no ano 1973 a illa Heimaey fíxose mundialmente famosa porque un novo volcán apareceu de repente ao lado do casco urbano e toda a poboación tivo que ser evacuada. Na foto pódese ver na dereita un cono volcánico de 5000 anos de antigüedade e ao seu lado o novo volcán de 37 anos coa colada de lava que enterrou parte do pobo.

Relaxante baño baixo a chuvia

23 de xullo de 2010

Aproveitando un dia de chuvia, frio e vento, achegámonos á área xeotermal de Hveragerði, chea de fumarolas, pozas de auga e barro fervendo e cursos de auga quente.



Camiñamos unha hora por este lugar para achegarnos a un punto onde se xuntan dous pequenos rios, un de auga moi quente e outro de auga moi fria, resultando unha mezcla de auga a 42 graos, moi agradable para o baño. A única intervención humana no sitio son unhas pequenas represas de pedras para aumentar un pouco a profundidade. A pesar do frio e a chuvia, puxemos os bañadores e estivemos un bó rato a remollo, xunto con outras persoas que se achegaban a facer o mesmo.

Posteriormente fomos ver uha enorme cova por onde circulou no século XI un rio de lava. Ainda que a cova ten mais de 1 km, só camiñamos unhas decenas de metros na entrada porque non tiñamos linternas que alumeasen suficientemente.

Travesía Landmannalaugar-Þórsmörk

22 de xullo de 2010

Esta é unha das rutas de senderismo mais populares de Islandia e miles de persoas a percorren cada ano. Habitualmente se dividen os 54 km de percorrido en catro etapas, e hai un refuxio con zona de acampada ao final de cada unha delas. Como non hai posibilidade de mercar comida durante o traxecto, hai que cargar con tenda, saco de durmir, roupa e avituallamento. Nós deixamos o coche en Hella e collemos un autobús que nos levou ata Landmannalaugar, punto de inicio da ruta. Catro dias despois voltamos a Hella noutro autobús desde Þórsmörk.

- 1ª Etapa: 18 de xullo. Landmannalaugar-Hrafntinnusker

Chegamos a Landmannalaugar despois de dúas horas en autobús por pista sen asfaltar. Outra vez o traxecto incluía vadear varios rios. Esta é unha zona con moita actividade hidrotermal, fontes con auga quente, fumarolas e solfataras. Impresionounos este lugar tan apartado e con unha paisaxe tan árida, que será unha constante nos seguintes días.
Voltamos a atoparnos coas coloridas montañas de riolita, unha rocha volcánica moi branda que se erosiona con moita facilidade.

A mestura de riolitas con outras rochas volcánicas da lugar a bonitas paisaxes.

Isto é un campo de lava solidificada, procedente dunha erupción do século XV.

Do mesmo magma que nace a riolita, cando se enfria rápidamente pola acción da auga, da lugar a unha rocha de cor negra.

En toda esta zona se respira un inconfundible cheiro a xofre, procedente das solfataras que emanan vapores con hidróxeno sulfurado e que deixan no terreo depósitos amarelos de mineral de xofre.

O campo de solfataras de Stórihver ten este aspecto:

O mais espectacular é ver e escoitar o vapor de auga e a auga sair das entrañas da terra.


Rematamos a xornada acampados no refuxio de Hrafntinnusker, a 1100 metros de altitude.

- 2ª Etapa: 19 de xullo. Hrafntinnusker-Álftavatn

Nesta curta etapa a paisaxe vaise facendo aínda mais árida, atravesando unha zona de rochas desnudas como estas riolitas.

A cinza do volcán Eyjafjallajökull, que entrou en erupción este último mes de maio, manchaba de negro a neve que se conserva durante todo o ano:

- 3ª Etapa: 20 de xullo. Álftavatn-Emstrur

Non pensábamos que fora posible mais aridez, pero neste día o entorno era totalmente desértico. Camiñamos sobre unha mestura de dunas de area negra e rochas volcánicas:

Ao final chegamos ao refuxio de Emstrur, que nos pareceu un oasis.

- 4ª Etapa: 21 de xullo. Emstrur-Þórsmörk

Non perdimos de vista durante o camiño os glaciares de Tindfjallajökull, Mýrdalsjökull e Eyjafjallajökull, todos manchados de negro polas cinzas do volcán situado baixo este último. Acabada xa a erupción de maio, todavía sae vapor da cima de Eyjafjallajökull. O glaciar está tan negro que non se distingue o xeo da rocha.

A medida que nos achegábamos ao volcán todo estaba mais cuberto de cinza, e tivemos que camiñar por momentos sobre unha capa de varios centímetros de grosor. Cando marchabamos de Þórsmörk, o vento levantou a cinza ocultando o sol e dificultando a visibilidade.

Areas negras

17 de xullo de 2010

En Vik, a poboación mais meridional de Islandia, atopamos praias de areas negras con acantilados onde anidan miles de gaivotas e outros paxaros.

E aos pés de Eyjafjallajökull, ese volcán-glaciar tan famoso, está a espectacular fervenza de Skogafoss.

Por hoxe e por uns días, nada mais. Marchamos a facer a ruta de sendeirismo de Landmannalaugar ata Þórsmörk, polo que estaremos catro ou cinco días sen escribir no blog.

Onde a Terra se abriu

16 de xullo de 2010

En 1783 houbo unha erupción volcánica ao norte de Kirkjubæjarklaustur que expulsou a maior cantidade de lava rexistrada en tempos históricos. A través dunha liña de fisuras abertas na superficie da Terra ao longo de 25 km, a lava, a cinza e os gases estiveron saíndo durante 8 meses. Como consecuencia da erupción se destruíron as colleitas en Islandia e outras zonas de Europa, morreu o gando e moita xente morreu de fame. Arredor de Kirkjubæjarklaustur se ven enormes campos de lava procedentes daquel evento.
Para salvar os 45 km de pista sen asfaltar que hai ata as fisuras de Lakagígar, subimos hoxe a un autobús todoterreno que tivo que vadear varios rios ao longo do camiño para chegar alí:

Todavía se poden ver moitas fisuras e cráteres daquela erupción:

Este outro cráter encheuse de auga e convirteuse nun lago:

Tellados verdes

15 de xullo de 2010

Abandonamos os dominios glaciares de Vatnajökull e nos encamiñamos a unha paisaxe marcadamente volcánica. De camiño a Kirkjubæjarklaustur paramos a ver unha pequena igrexa que todavía conserva o tellado tradicional con herba.

Aínda non sabemos o motivo polo que antigamente algúns tellados se facían así, pero é habitual nas edificacións tradicionais islandesas, como esta granxa do século XIX, e a capela anexa:

Establecidos xa en Kirkjubæjarklaustur, atopamos este enlousado de rocha basáltica, de orixe totalmente natural, que se coñece popularmente como chan de igrexa:

Este dia de merecido descanso, despois dos esforzos físicos das xornadas anteriores, rematou cun pequeno paseo de 5 minutos para ver esta garganta, que tamén atravesa rocha volcánica:

Camiñando nun glaciar

14 de xullo de 2010

Para ter un contacto mais directo co xeo apuntámonos a unha ruta guiada polo glaciar de Svínafellsjökull. Equipados con arnés, crampóns e piolet, pasamos boa parte do dia camiñando pola laberíntica e irregular superficie do glaciar, surcada por grietas chamadas crevasses.

Baixo os nosos pés o xeo tiña uns 350 metros de grosor. As crevasses fan moi complicado avanzar polo glaciar, polo que é necesario un guia e equipamento adecuado.

A paisaxe, os sonidos, as cores, e outras cousas extrañas que se poden ver desde aquí son maravillosas:

Entre glaciares

13 de xullo de 2010

Estamos no Parque Nacional de Skaftafell, que inclúe parte do gran glaciar islandés Vatnajökull e moitas das súas linguas. Camiñamos duramente durante 9 horas, subindo e baixando montañas, para facer unha das mais impresionantes rutas de senderismo das nosas vidas (e xa levamos unhas cantas).
Ao inicio da ruta está a fervenza de Svartifoss, un dos puntos de interese turístico mais coñecidos de Islandia:

Pero o mais interesante estaba despois. Puidemos ver o glaciar de Morsárjökull, que desemboca no lago Morsárlón, onde nace o río Morsá que logo chega ao mar despois de atravesar o areal de Morsárdalur:

A lingua glaciar de Morsárjökull nace do gran Vatnajökull:

Cando chegamos á cima de Kristínartindar puidemos ver o glaciar de Skaftafellsjökull, desde a parte mais alta

ata o seu final