Muniellos, un bosque en paz

octubre 31, 2011 deviaxe 0 Comments

30 de octubre de 2011

A Reserva de Muniellos é o bosque atlántico mellor conservado de España e chegou aos nosos días sen alteracións importantes por parte do ser humano. A árbore mais abundante é o carballo, acompañado de faias, acibros e outras moitas especies. No bosque viven osos, urogallos, lobos, jabalíes, corzos e rebecos. Desde 1982 só 20 persoas cada día poden visitar a Reserva e percorrer unha pequena parte seguindo unha única ruta restrinxida con horario limitado. As medidas de protección extremas fan que este sexa un dos poucos espazos da península nos que a natureza non se ve afectada pola presencia humana.

30 de octubre de 2011 A Reserva de Muniellos é o bosque atlántico mellor conservado de España e chegou aos nosos días sen alteracións imp...

0 comentarios:

Tres picos en Somiedo

octubre 31, 2011 deviaxe 0 Comments

29 de octubre de 2011

Aproveitamos estes días de ponte para camiñar no outono asturiano. Gústanos vir a Asturias porque queda cerca de Galicia, a paisaxe é moi bonita e ten unha montaña bastante asequible.

29 de octubre de 2011 Aproveitamos estes días de ponte para camiñar no outono asturiano. Gústanos vir a Asturias porque queda cerca de Ga...

0 comentarios:

Fin da viaxe a Canadá

agosto 24, 2011 deviaxe 1 Comments


22 de agosto de 2011
 
 

Despedímonos deste país no que vivimos durante 6 semanas. Disfrutamos moito da súa natureza inmensa, intacta e libre. Foi unha experiencia especialmente satisfactoria ter visto tanta fauna salvaxe e con tanta facilidade. Merece a pena resaltar a boa xestión que se fai en Canadá e Estados Unidos dos parques naturais, poñendo un coidado exquisito en preservar e mellorar ese patrimonio natural. Ainda que nos parques nacionais hai que pagar entrada, logo os turistas como nós teñen moi fácil disfrutar do espectáculo da natureza salvaxe sen poñela en perigo, grazas á uns servizos moi ben pensados (parkings, sinalización, pasarelas, folletos, paneis, actividades divulgativas, regulamento, persoal ...)

22 de agosto de 2011     Despedímonos deste país no que vivimos durante 6 semanas. Disfrutamos moito da súa natureza inmensa, intac...

1 comentarios:

Algonquin, terra de castores

agosto 22, 2011 deviaxe 0 Comments

17 a 20 de agosto de 2011

Pasamos os últimos días da nosa viaxe no parque provincial de Algonquin, situado 300 km ao norte de Toronto. Ten 7000 km² de superficie, 56 km de estrada, 2500 lagos, 10000 castores, 2000 osos negros, 3500 alces e 300 lobos. Todo o que non é auga é bosque, sobre todo caducifolio. Non ten montañas e os desniveis son colinas suaves. É un destino moi apreciado polos aficionados a navegar en canoa, unha das principais actividades turísticas do parque e o mellor medio de transporte para chegar ás zonas mais remotas.

17 a 20 de agosto de 2011 Pasamos os últimos días da nosa viaxe no parque provincial de Algonquin , situado 300 km ao norte de Toronto. T...

0 comentarios:

Perigo de osos

agosto 17, 2011 deviaxe 0 Comments

17 de agosto de 2011

 

Humanos e osos comparten territorio en moitas zonas de Canadá, pero foise desenvolvendo toda unha cultura para que esta coexistencia sexa o mais pacífica posible. A dieta do oso é básicamente vexetariana (froitos, herbas, raíces, flores ...) complementada con gusanos, carroña e caza. A súa necesidade de alimentarse os leva frecuentemente a buscar comida en zonas habitadas, o que causaba no pasado moitos problemas. Para evitar isto é esencial que os osos non asocien a presencia humana con alimento fácil de conseguir e o que se intenta é que non poidan acceder nunca a comida ou restos de comida. Un oso que aprende a obter alimentos das persoas convírtese nun animal conflictivo que creará situacións perigosas e a única solución soe ser acabar coa súa vida.

17 de agosto de 2011   Humanos e osos comparten territorio en moitas zonas de Canadá, pero foise desenvolvendo toda unha cultura para...

0 comentarios:

Unha casiña no lago

agosto 15, 2011 deviaxe 0 Comments

14 de agosto de 2011

O castor é un animal tan emblemático das Montañas Rochosas que os Parques Nacionais de Canadá o escolleron como logotipo. Por iso tiñamos a idea de que sería relativamente fácil velo neste entorno. Durante estas semanas buscamos a súa presencia nalgúns lagos e ríos, seguindo a información que tiñamos sobre o tema, pero ata hoxe non tivemos éxito. Camiño de Edmonton decidimos parar en Jasper, onde xa estivéramos ao principio da nosa viaxe, para facer un último intento de ver castores antes de marchar para o este do país.

14 de agosto de 2011 O castor é un animal tan emblemático das Montañas Rochosas que os Parques Nacionais de Canadá o escolleron como log...

0 comentarios:

Adeus a costa do Pacífico

agosto 13, 2011 deviaxe 0 Comments

10, 11 e 12 de agosto de 2011

O noso último día na illa de Vancouver pasámolo facendo unha ruta un pouco dura, con un longo ascenso e moitísima neve nos kilómetros finais. Este inverno nevou mais do habitual e o verán está sendo fresco, polo que queda moita neve sen derretir nas partes mais altas das montañas.

10, 11 e 12 de agosto de 2011 O noso último día na illa de Vancouver pasámolo facendo unha ruta un pouco dura, con un longo ascenso e moi...

0 comentarios:

Chegamos a costa do Pacífico

agosto 09, 2011 deviaxe 1 Comments

8 de agosto de 2011

Na costa pacífica da illa de Vancouver consérvanse bosques mixtos de abeto e tuia aos que lles chaman rainforest (selva húmida). Varios quilómetros de pasarelas de madeira facilitan o tránsito dos paseantes a través do bosque e protexen o delicado sustrato.

8 de agosto de 2011 Na costa pacífica da illa de Vancouver consérvanse bosques mixtos de abeto e tuia aos que lles chaman rainforest (se...

1 comentarios:

Árbores xigantes na illa de Vancouver

agosto 08, 2011 deviaxe 0 Comments

6 e 7 de agosto de 2011

Tras coller un ferry e navegar durante hora e media  chegamos a Vancouver Island, unha illa de 500 km de longo por 100 km de ancho. A súa costa e moi recortada, con centos de pequenas illas e illotes rochosos. A poboación da illa concéntrase na costa este, que mira ao continente, e hai un par de cidades medianas e moitos pequenos pobos. A capital é a cidade de Victoria, animada e con rúas cheas de cor.

6 e 7 de agosto de 2011 Tras coller un ferry e navegar durante hora e media  chegamos a Vancouver Island , unha illa de 500 km de longo p...

0 comentarios:

De volta a Canadá

agosto 06, 2011 deviaxe 0 Comments

5 de agosto de 2011

Despois de dous días de viaxe desde Yellowstone chegamos a Vancouver, capital da provincia canadiense da Columbia Británica.

5 de agosto de 2011 Despois de dous días de viaxe desde Yellowstone chegamos a Vancouver , capital da provincia canadiense da Columbia Br...

0 comentarios:

Yellowstone III: Terra fervendo

agosto 03, 2011 deviaxe 0 Comments

31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2011

O principal motivo para a declaración de Yellowstone como parque nacional foi protexer o seu maravilloso patrimonio xeotermal. Por exemplo, dous tercios dos geyseres do planeta están aquí. Ademais, hai manantiais, ríos e charcas de auga quente, fumarolas e pozas de barro burbulleantes.

31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2011 O principal motivo para a declaración de Yellowstone como parque nacional foi protexer o seu maravil...

0 comentarios:

Yellowstone II: Pedra Amarela

julio 31, 2011 deviaxe 0 Comments

30 de xullo de 2011

O río Yellowstone forma un canón de mais de 30 km a través dunha rocha volcánica de tonos brancos, amarelos e vermellos chamada riolita. A cor predominante é o amarelo, o que da significado ao topónimo. Esta rocha xa era coñecida para nós porque estaba presente nalgunhas das paisaxes mais coridas de Islandia. A riolita é branda e facilmente erosionable, as ladeiras que forma son inestables e a vexetación non se asenta nelas.

30 de xullo de 2011 O río Yellowstone forma un canón de mais de 30 km a través dunha rocha volcánica de tonos brancos, amarelos e vermel...

0 comentarios:

Yellowstone I: O Serengueti americano

julio 30, 2011 deviaxe 1 Comments

29 de xullo de 2011

En 1872 Yellowstone convertiuse no primeiro Parque Nacional do mundo, situado na súa maioría no estado de Wyoming. Nós levamos aquí un día e só visitamos unha pequena parte, pero xa estamos impresionados.
As singulares terrazas de travertino de Mammoth Hot Springs fórmanse cando auga quentada por procesos volcánicos atravesa rocha caliza no seu ascenso, diluindo o carbonato cálcico que precipita na superficie en forma de travertino branco. Éste queda coloreado por bacterias e algas que viven na auga quente, e volve a ser branco e se descompón cando a auga deixa de manar nunha determinada zona.

29 de xullo de 2011 En 1872 Yellowstone convertiuse no primeiro Parque Nacional do mundo, situado na súa maioría no estado de Wyoming . N...

1 comentarios:

Dous osos nun só día

julio 27, 2011 deviaxe 0 Comments

26 de xullo de 2011

Nos desplazamos cara o sur para chegar ao Parque Nacional de Waterton Lakes, na fronteira cos Estados Unidos. Pasamos aquí un só día, no que vimos dous osos á beira da estrada e un pequeno barranco de cor vermella.

26 de xullo de 2011 Nos desplazamos cara o sur para chegar ao Parque Nacional de Waterton Lakes , na fronteira cos Estados Unidos. Pasamo...

0 comentarios:

Avalanchas e porcoespiños

julio 25, 2011 deviaxe 0 Comments

24 de xullo de 2011

Un inoportuno desprendemento de pedra e o conseguinte corte da estrada levou por diante a valiosísima reserva que tiñamos para a visita guiada a Burgess Shale, un dos xacementos de fósiles mais importantes e impresionantes do mundo. As circunstancias impuxeron un cambio de plan que nos levou a Paradise Valley.
Repetindo o clásico canadiense de bosque, lago e montaña nevada, o Val do Paraíso sorprendeunos coas súas particularidades.

24 de xullo de 2011 Un inoportuno desprendemento de pedra e o conseguinte corte da estrada levou por diante a valiosísima reserva que tiña...

0 comentarios:

A vida despois da neve

julio 24, 2011 deviaxe 0 Comments

23 de xullo de 2011


Nos altos prados alpinos de Sunshine Meadows a neve domina 9 meses ao ano. Cada ano caen por término medio uns 7 m de neve. O verán non chega nunca e a vexetación só dispón dunha primavera corta para medrar antes do seguinte inverno. Hoxe o día era tan frío que a chuvia que nos caeu era neve un pouco mais arriba.

23 de xullo de 2011 Nos altos prados alpinos de Sunshine Meadows a neve domina 9 meses ao ano. Cada ano caen por término medio uns 7 ...

0 comentarios:

Sopa e chocolate no alto da montaña

julio 22, 2011 deviaxe 0 Comments

21 de xullo de 2011

Hoxe combinamos dúas rutas para percorrer uns 20 km nas montañas que rodean Lake Louise, un dos lugares mais turísticos das Montañas Rochosas. Cada unha destas rutas se coroa nunha tea-house, antiguos albergues de montaña reconvertidos en casas de té, ás que só é posible chegar a pé ou a cabalo.
Despois de ascender 400 metros de desnivel en 6 km chegamos a Lake Agnes, onde está a primeira casa de té. Como non nos gusta o té, nós tomamos unha sopa.

21 de xullo de 2011 Hoxe combinamos dúas rutas para percorrer uns 20 km nas montañas que rodean Lake Louise , un dos lugares mais turísti...

0 comentarios:

Unha estrada espectacular

julio 21, 2011 deviaxe 0 Comments

18 e 19 de xullo de 2011

Din os canadienses que a estrada Hwy93, que vai de Jasper a Lake Louise, é a mais bonita do mundo. Son 230 km de boa calzada que comunican os parques nacionais de Jasper e Banff. Nos botamos dous dias facendo o camiño con calma e parando en multitude de puntos de interese que hai na estrada. A estrada coñécese como Icefields Parkway, que significa "paseo dos glaciares" porque desde ela pódense ver moitos glaciares, sendo a maioría linguas que baixan do Columbia Icefield, o glaciar mais grande de Norteamérica fora das zonas polares. Desde a estrada é moi fácil acceder ao glaciar Athabasca.

18 e 19 de xullo de 2011 Din os canadienses que a estrada Hwy93, que vai de Jasper a Lake Louise , é a mais bonita do mundo. Son 230 km d...

0 comentarios:

Skyline Trail

julio 20, 2011 deviaxe 0 Comments

16 e 17 de xullo de 2011


Durante estes dous dias camiñamos polas paisaxes de alta montaña que percorre o Skyline Trail, unha das rutas de senderismo mais afamadas de Canadá. A maioría dos 45 km do seu percorrido van por encima da altitude a partir da que non crecen árbores. Completamos esta distancia en dous dias, pero os últimos kilómetros se nos fixeron duros pola fatiga.

16 e 17 de xullo de 2011 Durante estes dous dias camiñamos polas paisaxes de alta montaña que percorre o Skyline Trail , unha das rutas...

0 comentarios:

Os cinco lagos

julio 18, 2011 deviaxe 0 Comments

15 de xullo de 2011


Un pequeno paseo nos levou a beira de 5 pequenos lagos moi próximos entre si, unha típica estampa canadiense de coloridos lagos entre bosques verdes con montañas nevadas de fondo.

15 de xullo de 2011 Un pequeno paseo nos levou a beira de 5 pequenos lagos moi próximos entre si, unha típica estampa canadie...

0 comentarios:

O glaciar do anxo

julio 15, 2011 deviaxe 0 Comments

14 de xullo de 2011

A ruta de hoxe levounos ao conxunto de pequenos glaciares da montaña Edith Cavell. A montaña toma o nome dunha enfermeira británica que foi fusilada por axudar a escapar a soldados aliados na I Guerra Mundial.

14 de xullo de 2011 A ruta de hoxe levounos ao conxunto de pequenos glaciares da montaña Edith Cavell . A montaña toma o nome dunha enfe...

0 comentarios:

O Parque Nacional de Jasper

julio 14, 2011 deviaxe 0 Comments

13 de xullo de 2011

No noso primeiro día no Parque Nacional de Jasper, nas Montañas Rochosas, planeamos facer unha pequena ruta como toma de contacto con entorno. Nos dirixíamos en coche ao punto de inicio cando vimos o noso primeiro oso, correndo para cruzar a estrada. Sabíamos que isto entra dentro do normal aquí, pero non esperabamos que nos pasase xa o primeiro día. Colleunos por sorpresa e non levabamos a cámara preparada, así que non puidemos facerlle unha foto. Pero quedounos claro que a partir de agora temos que levala sempre lista para disparar cando circulemos en coche.

13 de xullo de 2011 No noso primeiro día no Parque Nacional de Jasper, nas Montañas Rochosas, planeamos facer unha pequena ruta como toma...

0 comentarios:

As Cataratas do Niágara

julio 11, 2011 deviaxe 0 Comments

9 de xullo de 2011

As Cataratas do Niágara están no río do mesmo nome, que flue desde o lago Erie ata o lago Ontario e é fronteira natural entre EEUU e Canadá. Ainda que non están entre as mais altas do mundo, o que as fai extraordinarias é o impresionante caudal de auga que cae por elas, uns 2800 m³ por segundo (unhas catro ou cinco veces máis que o rio Ebro).

9 de xullo de 2011 As Cataratas do Niágara están no río do mesmo nome, que flue desde o lago Erie ata o lago Ontario e é fronteira nat...

0 comentarios:

Viaxe por Canadá

julio 11, 2011 deviaxe 4 Comments

Desde o 7 de xullo ao 21 de agosto estaremos de viaxe por Canadá. O plan consiste en voar de Oporto a Toronto, pasar uns dias nesta cidade e visitar as cercanas Cataratas do Niágara.

Desde o 7 de xullo ao 21 de agosto estaremos de viaxe por Canadá. O plan consiste en voar de Oporto a Toronto, pasar uns dias nesta cidade e...

4 comentarios:

A Alpujarra granadina

abril 30, 2011 deviaxe 0 Comments

20 de abril de 2011

A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e abrupta, de clima suave, situada aos pés das maiores cumbres da península. As casas dos pequenos pobos se sitúan en terrazas, teñen o tellado plano con chimeneas características, e son de cor branco uniforme por estar caleadas.

Despois da rendición de Granada, moitos moros se acomodaron nesta rexión, onde todavía se observan características propias da súa cultura na arquitectura popular e a artesanía. O pacto entre os Reis Católicos e Boabdil garantía que podían conservar a súa relixión, lingua e costumes, pero estas liberdades se foron recortando cada vez mais co paso dos anos. En 1568 os moriscos da Alpujarra iniciaron unha revolta, que tivo como consecuencia a súa expulsión desta rexión. Ésta foi repoboada posteriormente con famílias procedentes de Galicia e outros lugares, o que podería explicar algúns topónimos como Pampaneira e Capileira, pobos situados no barranco de Poqueira.

20 de abril de 2011 A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e abrupta, de...

0 comentarios:

A Alhambra de Granada

abril 28, 2011 deviaxe 0 Comments

19 de abril de 2011
No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o reinado dos nazaríes en Granada, nos séculos XIII e XIV. Dentro dun gran recinto amurallado que incluía a alcazaba orixinal se construíron varios palacios, unha mesquita, vivendas, baños e outros edificios. Todo isto conformaba unha cidade autónoma para a corte real, altos funcionarios e soldados de elite. A poboación de Granada vivía na súa maioría no Albaicín, na colina situada fronte a Alhambra.
A fama da Alhambra débese á que nos seus palacios se concentran moitos recantos e espazos de grande beleza e decoración exuberante: xardíns, patios, salóns, mosaicos, artesoados, fontes e estanques, … .
En 1492 a cidade e o seu reino se renderon ante os Reis Católicos, chegando ao seu final a presencia musulmana na península ibérica. A alcazaba e algúns dos palacios nazaríes se conservaron íntegros, pero a maioría dos edificios da cidade palatina foron derruídos para construír outros novos. O mais chamativo é o enorme palacio renacentista que mandou construír Carlos V, que alterou notablemente o conxunto musulmán.
Hoxe a Alhambra é un monumento moi visitado e ben coidado. Lamentablemente, a información que se proporciona aos visitantes é moi deficiente, sen referencias históricas nin artísticas, e onde resulta moi difícil distinguir as partes orixinais de aquelas restauradas ou reconstruídas.

19 de abril de 2011 No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o rein...

0 comentarios:

Maravillas naturais do interior de Málaga

abril 25, 2011 deviaxe 0 Comments

18 de abril de 2011
Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme superficie de auga salgada e pouco profunda onde vive e se reproduce unha importante colonia de flamencos, así como outras aves propias de estes ecosistemas.
A lagoa foi explotada como salina ata ben entrado o século XX, e foi despois do seu abandono industrial cando os animais voltaron pouco a pouco, ata que as distintas administracións decretaron a súa protección como Reserva Natural e se acometeron obras de saneamento no seu entorno. Actualmente alberga a maior colonia de flamencos da península ibérica e a segunda máis importante de Europa.
É un espectáculo ver tan de preto estas enormes aves de extravagante colorido. Os flamencos comen tranquilamente pequenos seres vivos que filtran das augas do fondo, e de vez en cando botan a voar en grupo e amosan un colorido aínda mais bonito.
Pola tarde fumos ver o Torcal de Antequera, unha zona montañosa situada tamén no nordeste de Málaga. É unha paisaxe kárstica moi coñecida pola súa especial xeoloxía. Está formada por estratos horizontais de rocha caliza con diferente resistencia á erosión, o que da lugar a paisaxes de fantásticas formas.
Ademais tivemos a sorte de coincidir no Centro de Interpretación do Parque con unha raposa moi habituada á presencia humana, que se deixaba fotografiar polos visitantes e se achegaba ao persoal do centro para coller a comida que lle ofrecían.

18 de abril de 2011 Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme su...

0 comentarios:

Córdoba

abril 22, 2011 deviaxe 0 Comments

17 de abril de 2011
O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo de arquitectura relixiosa musulmá que se conserva en España, pero que foi revolucionaria xa na súa época porque non se fixera nunca unha mesquita igual no mundo árabe.
No ano 784 Abderramán I mercou unha basílica visigoda coa fin de construir no sitio un lugar de oración para a crecente comunidade musulmá da cidade. Pretendía recrear un oasis de palmeiras no deserto, e os seus arquitectos lograron facer un edificio de grande beleza e harmonía. Na súa construción se utilizaron columnas e capiteis procedentes de edificios romanos e visigodos. Durante os séculos IX e X outros califas ampliaron e embeleceron a mesquita, respetando a estructura orixinal de columnas e arcos dobres que parecen repetirse ata o infinito.
No ano 1236 Córdoba foi conquistada por Fernando III o Santo, e a mesquita foi consagrada como basílica, aínda que se respectou a súa integridade arquitectónica. Durante 300 anos os reis de Castela respectaron a obra mestra dos musulmáns, pero no século XVI a xerarquía católica cordobesa pretendeu incrustar unha grande catedral no interior da mesquita. Esta intención creou tal conflito entre os cristiáns que o correxidor da cidade publicou un bando no que ameazaba de morte aos traballadores e artesáns que participaran na destrucción da mesquita, polo que foi excomulgado polo bispado cordobés.
Finalmente o emperador Carlos V terciou no asunto en favor da igrexa, pero cando un ano despois visitou as obras, arrepentido dixo “se soubera o que era isto, nunca o tería permitido, facer o que hai en todas partes e destruir o que era único no mundo”
O resultado é unha aberración molesta e estridente pero que non impide desfrutar da beleza da mesquita orixinal. Tanto é así, que é a segunda vez que a visitamos e seguro que haberá mais.
Córdoba posúe ademais outros elementos de interese, como a xudería coas súas brancas e estreitas rúas cheas de colorido e negocios volcados cara o turismo.
É típico de moitas casas que as portas abertas ensinen os frescos e ben coidados patios interiores.
A lista de atractivos da cidade inclúe uns baños árabes, restos de un templo romano, unha sinagoga do século XIV, unha preciosa igrexa mudéjar, unha grande ponte de orixe romana que cruza o Guadalquivir, e se completa co Alcázar dos Reis cristianos, palacio fortificado con grandes xardíns e unha destacada historia.

17 de abril de 2011 O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo de arquite...

0 comentarios:

Segovia e o seu acueducto

abril 22, 2011 deviaxe 0 Comments

16 de abril de 2011
Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actualmente está a cidade de Segovia. Construíron unha condución de 15 km desde a serra para abastecer de auga o forte, pero tiveron que salvar un grande desnivel no tramo final edificando o impresionante acueduto que aínda hoxe está en pé. Toda a estrutura, de case un quilómetro de lonxitude, se sostén sen usar morteiro ou argamasa, e non precisou apenas reparacións despois de 20 séculos de existencia.
A crecente pendiente obrigou aos enxeñeiros romanos a construír arcos cada vez mais altos, e no último tramo alcánzase unha altura de 28 metros con unha dobre arcada.
Ademais de ter o espectacular acueducto, Segovia é unha pequena e agradable cidade, con un casco antigo ben conservado e cheo de vida, onde se poden ver testimonios das distintas culturas que lle deron carácter, como a xudía, a musulmana e por suposto, a cristiana.
Conta con varias igrexas románicas, muralla medieval, unha catedral gótica, un barrio xudio coa súa sinagoga (reconstruída tras un incendio en 1899), unha necrópole tamén xudía e o Alcázar que mestura estilos de distintas épocas.

16 de abril de 2011 Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actualmente está...

0 comentarios:

Viaxe a Andalucía Oriental

abril 22, 2011 deviaxe 0 Comments

Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra, entre outras cousas. No camiño de ida desde Pontevedra paramos en Segovia, e completamos a viaxe visitando Córdoba, o Torcal de Antequera e a lagoa de Fuente de Piedra. No plan orixinal contábamos con facer senderismo en Sierra Nevada e na serra de Cazorla, pero a ameaza de mal tempo nos obrigou a cancelalo.

Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra , entre outras cousas. No camiño de ida desde Pontevedr...

0 comentarios: