A Alpujarra granadina

abril 30, 2011 deviaxe 0 Comments

20 de abril de 2011

A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e abrupta, de clima suave, situada aos pés das maiores cumbres da península. As casas dos pequenos pobos se sitúan en terrazas, teñen o tellado plano con chimeneas características, e son de cor branco uniforme por estar caleadas.

Despois da rendición de Granada, moitos moros se acomodaron nesta rexión, onde todavía se observan características propias da súa cultura na arquitectura popular e a artesanía. O pacto entre os Reis Católicos e Boabdil garantía que podían conservar a súa relixión, lingua e costumes, pero estas liberdades se foron recortando cada vez mais co paso dos anos. En 1568 os moriscos da Alpujarra iniciaron unha revolta, que tivo como consecuencia a súa expulsión desta rexión. Ésta foi repoboada posteriormente con famílias procedentes de Galicia e outros lugares, o que podería explicar algúns topónimos como Pampaneira e Capileira, pobos situados no barranco de Poqueira.

20 de abril de 2011 A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e abrupta, de...

0 comentarios:

A Alhambra de Granada

abril 28, 2011 deviaxe 0 Comments

19 de abril de 2011
No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o reinado dos nazaríes en Granada, nos séculos XIII e XIV. Dentro dun gran recinto amurallado que incluía a alcazaba orixinal se construíron varios palacios, unha mesquita, vivendas, baños e outros edificios. Todo isto conformaba unha cidade autónoma para a corte real, altos funcionarios e soldados de elite. A poboación de Granada vivía na súa maioría no Albaicín, na colina situada fronte a Alhambra.
A fama da Alhambra débese á que nos seus palacios se concentran moitos recantos e espazos de grande beleza e decoración exuberante: xardíns, patios, salóns, mosaicos, artesoados, fontes e estanques, … .
En 1492 a cidade e o seu reino se renderon ante os Reis Católicos, chegando ao seu final a presencia musulmana na península ibérica. A alcazaba e algúns dos palacios nazaríes se conservaron íntegros, pero a maioría dos edificios da cidade palatina foron derruídos para construír outros novos. O mais chamativo é o enorme palacio renacentista que mandou construír Carlos V, que alterou notablemente o conxunto musulmán.
Hoxe a Alhambra é un monumento moi visitado e ben coidado. Lamentablemente, a información que se proporciona aos visitantes é moi deficiente, sen referencias históricas nin artísticas, e onde resulta moi difícil distinguir as partes orixinais de aquelas restauradas ou reconstruídas.

19 de abril de 2011 No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o rein...

0 comentarios:

Maravillas naturais do interior de Málaga

abril 25, 2011 deviaxe 0 Comments

18 de abril de 2011
Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme superficie de auga salgada e pouco profunda onde vive e se reproduce unha importante colonia de flamencos, así como outras aves propias de estes ecosistemas.
A lagoa foi explotada como salina ata ben entrado o século XX, e foi despois do seu abandono industrial cando os animais voltaron pouco a pouco, ata que as distintas administracións decretaron a súa protección como Reserva Natural e se acometeron obras de saneamento no seu entorno. Actualmente alberga a maior colonia de flamencos da península ibérica e a segunda máis importante de Europa.
É un espectáculo ver tan de preto estas enormes aves de extravagante colorido. Os flamencos comen tranquilamente pequenos seres vivos que filtran das augas do fondo, e de vez en cando botan a voar en grupo e amosan un colorido aínda mais bonito.
Pola tarde fumos ver o Torcal de Antequera, unha zona montañosa situada tamén no nordeste de Málaga. É unha paisaxe kárstica moi coñecida pola súa especial xeoloxía. Está formada por estratos horizontais de rocha caliza con diferente resistencia á erosión, o que da lugar a paisaxes de fantásticas formas.
Ademais tivemos a sorte de coincidir no Centro de Interpretación do Parque con unha raposa moi habituada á presencia humana, que se deixaba fotografiar polos visitantes e se achegaba ao persoal do centro para coller a comida que lle ofrecían.

18 de abril de 2011 Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme su...

0 comentarios:

Córdoba

abril 22, 2011 deviaxe 0 Comments

17 de abril de 2011
O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo de arquitectura relixiosa musulmá que se conserva en España, pero que foi revolucionaria xa na súa época porque non se fixera nunca unha mesquita igual no mundo árabe.
No ano 784 Abderramán I mercou unha basílica visigoda coa fin de construir no sitio un lugar de oración para a crecente comunidade musulmá da cidade. Pretendía recrear un oasis de palmeiras no deserto, e os seus arquitectos lograron facer un edificio de grande beleza e harmonía. Na súa construción se utilizaron columnas e capiteis procedentes de edificios romanos e visigodos. Durante os séculos IX e X outros califas ampliaron e embeleceron a mesquita, respetando a estructura orixinal de columnas e arcos dobres que parecen repetirse ata o infinito.
No ano 1236 Córdoba foi conquistada por Fernando III o Santo, e a mesquita foi consagrada como basílica, aínda que se respectou a súa integridade arquitectónica. Durante 300 anos os reis de Castela respectaron a obra mestra dos musulmáns, pero no século XVI a xerarquía católica cordobesa pretendeu incrustar unha grande catedral no interior da mesquita. Esta intención creou tal conflito entre os cristiáns que o correxidor da cidade publicou un bando no que ameazaba de morte aos traballadores e artesáns que participaran na destrucción da mesquita, polo que foi excomulgado polo bispado cordobés.
Finalmente o emperador Carlos V terciou no asunto en favor da igrexa, pero cando un ano despois visitou as obras, arrepentido dixo “se soubera o que era isto, nunca o tería permitido, facer o que hai en todas partes e destruir o que era único no mundo”
O resultado é unha aberración molesta e estridente pero que non impide desfrutar da beleza da mesquita orixinal. Tanto é así, que é a segunda vez que a visitamos e seguro que haberá mais.
Córdoba posúe ademais outros elementos de interese, como a xudería coas súas brancas e estreitas rúas cheas de colorido e negocios volcados cara o turismo.
É típico de moitas casas que as portas abertas ensinen os frescos e ben coidados patios interiores.
A lista de atractivos da cidade inclúe uns baños árabes, restos de un templo romano, unha sinagoga do século XIV, unha preciosa igrexa mudéjar, unha grande ponte de orixe romana que cruza o Guadalquivir, e se completa co Alcázar dos Reis cristianos, palacio fortificado con grandes xardíns e unha destacada historia.

17 de abril de 2011 O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo de arquite...

0 comentarios:

Segovia e o seu acueducto

abril 22, 2011 deviaxe 0 Comments

16 de abril de 2011
Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actualmente está a cidade de Segovia. Construíron unha condución de 15 km desde a serra para abastecer de auga o forte, pero tiveron que salvar un grande desnivel no tramo final edificando o impresionante acueduto que aínda hoxe está en pé. Toda a estrutura, de case un quilómetro de lonxitude, se sostén sen usar morteiro ou argamasa, e non precisou apenas reparacións despois de 20 séculos de existencia.
A crecente pendiente obrigou aos enxeñeiros romanos a construír arcos cada vez mais altos, e no último tramo alcánzase unha altura de 28 metros con unha dobre arcada.
Ademais de ter o espectacular acueducto, Segovia é unha pequena e agradable cidade, con un casco antigo ben conservado e cheo de vida, onde se poden ver testimonios das distintas culturas que lle deron carácter, como a xudía, a musulmana e por suposto, a cristiana.
Conta con varias igrexas románicas, muralla medieval, unha catedral gótica, un barrio xudio coa súa sinagoga (reconstruída tras un incendio en 1899), unha necrópole tamén xudía e o Alcázar que mestura estilos de distintas épocas.

16 de abril de 2011 Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actualmente está...

0 comentarios:

Viaxe a Andalucía Oriental

abril 22, 2011 deviaxe 0 Comments

Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra, entre outras cousas. No camiño de ida desde Pontevedra paramos en Segovia, e completamos a viaxe visitando Córdoba, o Torcal de Antequera e a lagoa de Fuente de Piedra. No plan orixinal contábamos con facer senderismo en Sierra Nevada e na serra de Cazorla, pero a ameaza de mal tempo nos obrigou a cancelalo.

Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra , entre outras cousas. No camiño de ida desde Pontevedr...

0 comentarios: