O glaciar do anxo

14 DE XULLO DE 2011  

A ruta de hoxe levounos ao conxunto de pequenos glaciares da montaña Edith Cavell. A montaña toma o nome dunha enfermeira británica que foi fusilada por axudar a escapar a soldados aliados na I Guerra Mundial.
Os dous glaciares eran un só ata os anos 50, momento no que o aumento da temperatura acabou por divilo en dous. A parte inferior chámase Cavell Glacier, e a parte superior Angel Glacier, porque a súa forma recorda a un anxo coas alas estendidas. Ao pe do glaciar formouse unha lagoa con icebergs que se desprenden del.
 




Durante a subida disfrutamos de estupendas vistas da montaña, dos glaciares, do bosque e do val.
 


Esquíos e marmotas abundan neste lugar, e acompañan sen timidez as persoas que camiñan polo sendeiro.



14  DE XULLO DE  2011   A ruta de hoxe levounos ao conxunto de pequenos glaciares da montaña Edith Cavell . A montaña toma o nome dunh...

0 comentarios: