O Parque Nacional de Jasper

13 de xullo de 2011

No noso primeiro día no Parque Nacional de Jasper, nas Montañas Rochosas, planeamos facer unha pequena ruta como toma de contacto con entorno. Nos dirixíamos en coche ao punto de inicio cando vimos o noso primeiro oso, correndo para cruzar a estrada. Sabíamos que isto entra dentro do normal aquí, pero non esperabamos que nos pasase xa o primeiro día. Colleunos por sorpresa e non levabamos a cámara preparada, así que non puidemos facerlle unha foto. Pero quedounos claro que a partir de agora temos que levala sempre lista para disparar cando circulemos en coche.

A ruta bordeaba o Maligne Canyon, un estreito e profundo canón de orixe glaciar.


Pola tarde subimos a unha pequena colina con preciosas vistas do río Athabasca.



Volvendo para o cámping, outra vez desde o coche, vimos un grupo de cervos pacendo tranquilamente á beira da estrada. Esta vez deunos tempo a preparar a cámara.

Comentarios