Yellowstone II: Pedra Amarela

30 DE XULLO DE 2011  

O río Yellowstone forma un canón de mais de 30 km a través dunha rocha volcánica de tonos brancos, amarelos e vermellos chamada riolita. A cor predominante é o amarelo, o que da significado ao topónimo. Esta rocha xa era coñecida para nós porque estaba presente nalgunhas das paisaxes mais coridas de Islandia. A riolita é branda e facilmente erosionable, as ladeiras que forma son inestables e a vexetación non se asenta nelas.


O canón inclúe dúas altas e caudalosas fervenzas que engaden espectacularidade á escena. Pasamos gran parte do día visitando esta paisaxe desde numerosos miradores situados preto da estrada que bordea o canón.


 Tamén tivemos a oportunidade de avistar outro dos mamíferos abundantes no parque: o coyote.


30 DE XULLO DE 2011   O río Yellowstone forma un canón de mais de 30 km a través dunha rocha volcánica de tonos brancos, amarelos e ve...

0 comentarios: