Adeus a costa do Pacífico

10, 11 E 12 DE AGOSTO DE 2011  

O noso último día na illa de Vancouver pasámolo facendo unha ruta un pouco dura, con un longo ascenso e moitísima neve nos kilómetros finais. Este inverno nevou mais do habitual e o verán está sendo fresco, polo que queda moita neve sen derretir nas partes mais altas das montañas.




Desde o ferry que nos levou a Vancouver vimos a cidade desde unha nova perspectiva.


Para coller o avión de volta a Toronto temos que chegar a Edmonton. É un percorrido de 1200 km no que aproveitaremos para visitar algún punto de interese. A primeira parada no camiño foi en Whistler, sede dos Xogos Olímpicos de inverno en 2010. Outra vez fixemos unha ruta ata un lago con preciosas vistas das montañas canadienses.


 Xa perdimos a conta dos osos que levamos visto, pero esta osa cos seus cachorros foron os que mais nos gustaron.


10, 11 E 12 DE AGOSTO DE 2011   O noso último día na illa de Vancouver pasámolo facendo unha ruta un pouco dura, con un longo ascenso e...

0 comentarios: