Algonquin, terra de castores

agosto 22, 2011 deviaxe 0 Comments

17 a 20 de agosto de 2011

Pasamos os últimos días da nosa viaxe no parque provincial de Algonquin, situado 300 km ao norte de Toronto. Ten 7000 km² de superficie, 56 km de estrada, 2500 lagos, 10000 castores, 2000 osos negros, 3500 alces e 300 lobos. Todo o que non é auga é bosque, sobre todo caducifolio. Non ten montañas e os desniveis son colinas suaves. É un destino moi apreciado polos aficionados a navegar en canoa, unha das principais actividades turísticas do parque e o mellor medio de transporte para chegar ás zonas mais remotas.



A maioría das masas de auga están alteradas pola actividade dos castores, que teñen o instinto de facer presas onde escoitan auga corrente. Son capaces de crear un lago onde só había un río e anegar o bosque facendo morrer as árbores. Algunhas presas son auténticas obras de enxeñería, como esta da foto que tiña mais dun metro de altura.



Cando acaban coa comida no lugar onde viven teñen que mudarse e abandonan o lago á súa sorte. Tarde ou temprano a presa se rompe e o lago se transforma nunha zona pantanosa. Sen todos os cambios provocados polos castores no entorno, moitas especies non poderían vivir neste espacio natural.



Unha das especies que saca proveito das obras dos castores é o alce, o cérvido mais grande que existe. É fácil velo moi de cerca á beira da estrada, como vimos nós este macho e esta femia.



Pero valorábamos mais velo nun entorno natural e para conseguilo fixemos varias rutas por zonas onde creíamos que había posibilidades. Non foi ata o último día, á última hora, cando a búsqueda tivo éxito e atopamos unha femia de alce e á súa cría mentras comían plantas do fondo dun pequeno lago.


17 a 20 de agosto de 2011 Pasamos os últimos días da nosa viaxe no parque provincial de Algonquin , situado 300 km ao norte de Toronto. T...

0 comentarios: