Árbores xigantes na illa de Vancouver

6 E 7 DE AGOSTO DE 2011  

Tras coller un ferry e navegar durante hora e media  chegamos a Vancouver Island, unha illa de 500 km de longo por 100 km de ancho. A súa costa e moi recortada, con centos de pequenas illas e illotes rochosos. A poboación da illa concéntrase na costa este, que mira ao continente, e hai un par de cidades medianas e moitos pequenos pobos. A capital é a cidade de Victoria, animada e con rúas cheas de cor.


Entre a poboación da illa e os turistas que a visitan están moi extendidas as actividades de ocio acuático, e a costa e os lagos interiores están cheos de portos e barcos de todo tipo e tamaño, desde kayacs ata casas flotantes.


Interesábanos moito visitar os bosques de árbores xigantes que se conservan en distintas partes da illa. En Cathedral Grove hai abetos de Douglas (Pseudotsuga menziesii) de 800 anos e o mais alto mide 76 metros de altura. Estes abetos están acompañados por tuias (Thuja plicata) de proporciones semellantes, e o chan do bosque está cheo de enormes troncos das árbores que cairon no pasado. Son bosques cheos de vida e morte, con multitude de plantas vivindo debaixo destes enormes árbores, o que recorda un pouco o aspecto dunha selva tropical.



6 E 7 DE AGOSTO DE 2011   Tras coller un ferry e navegar durante hora e media  chegamos a Vancouver Island , unha illa de 500 km de lon...

0 comentarios: