Chegamos a costa do Pacífico

8 DE AGOSTO DE 2011  

Na costa pacífica da illa de Vancouver consérvanse bosques mixtos de abeto e tuia aos que lles chaman rainforest (selva húmida). Varios quilómetros de pasarelas de madeira facilitan o tránsito dos paseantes a través do bosque e protexen o delicado sustrato.


As enormes árbores que caen ao chan se pudren lentamente nun proceso que leva séculos, liberando nutrientes e calor que outras árbores xóvenes aproveitan para medrar.


O bosque chega ata a liña da marea alta, e nas praias se acumulan inmensas cantidades de troncos chegados dos bosques de toda América do Norte.


Só os surfistas adecuadamente preparados e algúns bañistas inconscientes se meten nestas augas, pois a baixa temperatura da auga e as fortes correntes fan do baño unha actividade perigosa.



8 DE AGOSTO DE 2011   Na costa pacífica da illa de Vancouver consérvanse bosques mixtos de abeto e tuia aos que lles chaman rainforest ...

1 comentario:

  1. Anónimo9/8/11 21:57

    buah tronco, que fotazas de idem!

    ResponderEliminar