Fin da viaxe a Canadá


22 de agosto de 2011
 
 

Despedímonos deste país no que vivimos durante 6 semanas. Disfrutamos moito da súa natureza inmensa, intacta e libre. Foi unha experiencia especialmente satisfactoria ter visto tanta fauna salvaxe e con tanta facilidade. Merece a pena resaltar a boa xestión que se fai en Canadá e Estados Unidos dos parques naturais, poñendo un coidado exquisito en preservar e mellorar ese patrimonio natural. Ainda que nos parques nacionais hai que pagar entrada, logo os turistas como nós teñen moi fácil disfrutar do espectáculo da natureza salvaxe sen poñela en perigo, grazas á uns servizos moi ben pensados (parkings, sinalización, pasarelas, folletos, paneis, actividades divulgativas, regulamento, persoal ...)

Iremos subindo (con calma) as fotos do blogue e outras mais que temos reservadas ao álbume de 23hq.com, así como fotos panorámicas en panoramio.com

Comentarios

  1. moitas grazas por este novo (e xa rematado) episodio do caderno de bitácora. É un verdadeiro pracer seguilo. Alén do bo criterio á hora de escoller lugares onde viaxar (xa levades dous dos meus países máis desexados -Islandia e Canadá-), as fotos son impresionantes e moi ben complementadas co texto. Parabéns! - Eva.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario