A Alpujarra granadina

20 DE ABRIL DE 2011  


A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e abrupta, de clima suave, situada aos pés das maiores cumbres da península. As casas dos pequenos pobos se sitúan en terrazas, teñen o tellado plano con chimeneas características, e son de cor branco uniforme por estar caleadas.

20 DE ABRIL DE 2011   A rexión situada nas faldas da ladeira sur de Serra Nevada se coñece como Alpujarra. É unha zona montañosa e ...

0 comentarios:

A Alhambra de Granada

19 DE ABRIL DE 2011  


No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio durante o reinado dos nazaríes en Granada, nos séculos XIII e XIV. Dentro dun gran recinto amurallado que incluía a alcazaba orixinal se construíron varios palacios, unha mesquita, vivendas, baños e outros edificios. Todo isto conformaba unha cidade autónoma para a corte real, altos funcionarios e soldados de elite. A poboación de Granada vivía na súa maioría no Albaicín, na colina situada fronte a Alhambra.

19 DE ABRIL DE 2011   No século XI había unha fortaleza árabe neste lugar, que se ampliou ata converterse nunha cidade-palacio dura...

0 comentarios:

Maravillas naturais do interior de Málaga

18 DE ABRIL DE 2011  

Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha enorme superficie de auga salgada e pouco profunda onde vive e se reproduce unha importante colonia de flamencos, así como outras aves propias de estes ecosistemas.


A lagoa foi explotada como salina ata ben entrado o século XX, e foi despois do seu abandono industrial cando os animais voltaron pouco a pouco, ata que as distintas administracións decretaron a súa protección como Reserva Natural e se acometeron obras de saneamento no seu entorno. Actualmente alberga a maior colonia de flamencos da península ibérica e a segunda máis importante de Europa.

18 DE ABRIL DE 2011   Nunha fría e soleada mañá achegámonos á lagoa de Fuente de Piedra, no nordeste da provincia de Málaga. É unha eno...

0 comentarios:

Córdoba

17 DE ABRIL DE 2011  


O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo de arquitectura relixiosa musulmá que se conserva en España, pero que foi revolucionaria xa na súa época porque non se fixera nunca unha mesquita igual no mundo árabe.
No ano 784 Abderramán I mercou unha basílica visigoda coa fin de construir no sitio un lugar de oración para a crecente comunidade musulmá da cidade. Pretendía recrear un oasis de palmeiras no deserto, e os seus arquitectos lograron facer un edificio de grande beleza e harmonía. Na súa construción se utilizaron columnas e capiteis procedentes de edificios romanos e visigodos. Durante os séculos IX e X outros califas ampliaron e embeleceron a mesquita, respetando a estructura orixinal de columnas e arcos dobres que parecen repetirse ata o infinito.

17 DE ABRIL DE 2011   O principal atractivo de Córdoba é a súa mesquita, unha obra que hoxe é excepcional por ser o mellor exemplo ...

0 comentarios:

Segovia e o seu acueducto

16 DE ABRIL DE 2011  


Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actualmente está a cidade de Segovia. Construíron unha condución de 15 km desde a serra para abastecer de auga o forte, pero tiveron que salvar un grande desnivel no tramo final edificando o impresionante acueduto que aínda hoxe está en pé. Toda a estrutura, de case un quilómetro de lonxitude, se sostén sen usar morteiro ou argamasa, e non precisou apenas reparacións despois de 20 séculos de existencia.

16 DE ABRIL DE 2011   Hai uns 2000 anos os romanos fixeron un forte militar en un lugar escarpado rodeado de barrancos, onde actual...

0 comentarios:

Viaxe a Andalucía Oriental



Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra, entre outras cousas. No camiño de ida desde Pontevedra paramos en Segovia, e completamos a viaxe visitando Córdoba, o Torcal de Antequera e a lagoa de Fuente de Piedra. No plan orixinal contábamos con facer senderismo en Sierra Nevada e na serra de Cazorla, pero a ameaza de mal tempo nos obrigou a cancelalo.

Nesta Semana Santa planeamos ir ao sur de España para coñecer Granada e a súa Serra , entre outras cousas. No camiño de ida desde Pon...

0 comentarios: