Fin da viaxe a Canadá


22 de agosto de 2011
 
 

Despedímonos deste país no que vivimos durante 6 semanas. Disfrutamos moito da súa natureza inmensa, intacta e libre. Foi unha experiencia especialmente satisfactoria ter visto tanta fauna salvaxe e con tanta facilidade. Merece a pena resaltar a boa xestión que se fai en Canadá e Estados Unidos dos parques naturais, poñendo un coidado exquisito en preservar e mellorar ese patrimonio natural. Ainda que nos parques nacionais hai que pagar entrada, logo os turistas como nós teñen moi fácil disfrutar do espectáculo da natureza salvaxe sen poñela en perigo, grazas á uns servizos moi ben pensados (parkings, sinalización, pasarelas, folletos, paneis, actividades divulgativas, regulamento, persoal ...)
Iremos subindo (con calma) as fotos do blogue e outras mais que temos reservadas ao álbume de 23hq.com, así como fotos panorámicas en panoramio.com

Algonquin, terra de castores

17 a 20 de agosto de 2011

Pasamos os últimos días da nosa viaxe no parque provincial de Algonquin, situado 300 km ao norte de Toronto. Ten 7000 km² de superficie, 56 km de estrada, 2500 lagos, 10000 castores, 2000 osos negros, 3500 alces e 300 lobos. Todo o que non é auga é bosque, sobre todo caducifolio. Non ten montañas e os desniveis son colinas suaves. É un destino moi apreciado polos aficionados a navegar en canoa, unha das principais actividades turísticas do parque e o mellor medio de transporte para chegar ás zonas mais remotas.


A maioría das masas de auga están alteradas pola actividade dos castores, que teñen o instinto de facer presas onde escoitan auga corrente. Son capaces de crear un lago onde só había un río e anegar o bosque facendo morrer as árbores. Algunhas presas son auténticas obras de enxeñería, como esta da foto que tiña mais dun metro de altura.



Cando acaban coa comida no lugar onde viven teñen que mudarse e abandonan o lago á súa sorte. Tarde ou temprano a presa se rompe e o lago se transforma nunha zona pantanosa. Sen todos os cambios provocados polos castores no entorno, moitas especies non poderían vivir neste espacio natural.



Unha das especies que saca proveito das obras dos castores é o alce, o cérvido mais grande que existe. É fácil velo moi de cerca á beira da estrada, como vimos nós este macho e esta femia.



Pero valorábamos mais velo nun entorno natural e para conseguilo fixemos varias rutas por zonas onde creíamos que había posibilidades. Non foi ata o último día, á última hora, cando a búsqueda tivo éxito e atopamos unha femia de alce e á súa cría mentras comían plantas do fondo dun pequeno lago.


Perigo de osos

17 de agosto de 2011

 

Humanos e osos comparten territorio en moitas zonas de Canadá, pero foise desenvolvendo toda unha cultura para que esta coexistencia sexa o mais pacífica posible. A dieta do oso é básicamente vexetariana (froitos, herbas, raíces, flores ...) complementada con gusanos, carroña e caza. A súa necesidade de alimentarse os leva frecuentemente a buscar comida en zonas habitadas, o que causaba no pasado moitos problemas. Para evitar isto é esencial que os osos non asocien a presencia humana con alimento fácil de conseguir e o que se intenta é que non poidan acceder nunca a comida ou restos de comida. Un oso que aprende a obter alimentos das persoas convírtese nun animal conflictivo que creará situacións perigosas e a única solución soe ser acabar coa súa vida.
Actualmente todas as papeleiras e contenedores de basura son a proba de osos, deseñadas para que non as poidan abrir ou romper. Está terminantemente prohibido abandonar lixo fora destes contenedores, así como deixar comida sen atender en zonas de cámping ou picnic. 


Aínda que na maioría dos encontros con humanos os osos se comportan pacíficamente, poden reaccionar con violencia se consideran a nosa presencia unha amenaza, ou pensan que lles vamos roubar a comida, ou que somos un perigo para as súas crías. E aínda que é unha situación infrecuente, tamén poden considerarnos unha presa á que dar caza. Existen folletos e carteis informativos sobre como actuar nestes casos. Se vemos un oso desde o coche a norma é non salir baixo ningunha circunstancia, aínda que o oso pareza tranquilo. Facendo senderismo, a primeira recomendación é evitar o encontro facendo ruido contiuamente para alertar ao oso da nosa presencia e darlle tempo a escapar.  Se aínda así atopáramos un oso no noso camiño é imprescindible frenar o impulso natural de correr, retroceder lentamente sen darlle a espalda e falarlle con voz tranquila para que nos identifique como humanos. Cando se produce un ataque, a mellor defensa é un spray anti-osos, que vaporiza unha sustancia moi irritante para ollos e vías respiratorias. Nós sempre levamos o spray colgado do cinturón, pero afortunadamente só vimos osos desde o coche.


As autoridades do parque poñen avisos cando saben da presencia de osos nunha determinada zona, e non é raro ver camiños e áreas dos parques pechadas ao público debido á presencia de osos. 


Todas estas medidas de protección son tanto para humanos como para osos, e pretenden que os osos non sexan molestados por humanos e viceversa.

Unha casiña no lago

14 de agosto de 2011

O castor é un animal tan emblemático das Montañas Rochosas que os Parques Nacionais de Canadá o escolleron como logotipo. Por iso tiñamos a idea de que sería relativamente fácil velo neste entorno. Durante estas semanas buscamos a súa presencia nalgúns lagos e ríos, seguindo a información que tiñamos sobre o tema, pero ata hoxe non tivemos éxito. Camiño de Edmonton decidimos parar en Jasper, onde xa estivéramos ao principio da nosa viaxe, para facer un último intento de ver castores antes de marchar para o este do país.
Finalmente os castores se deixaron ver en Cottonwood Slough, unha zona de pequenos lagos cerca da vila de Jasper. Con troncos e ramas represan o río para facer un lago, onde constrúen un illote-refuxio cunha madrigueira no interior á que só se accede baixo a auga, e desde a protección do refuxio saen a comer ramas e follas de árbores do entorno do lago. 
Pasamos un bo rato observando os movementos de dous castores, nadando e mergullándose na auga e cortando ramiñas de salgueiro para comer e levar para a madrigueira.




Adeus a costa do Pacífico

10, 11 e 12 de agosto de 2011

O noso último día na illa de Vancouver pasámolo facendo unha ruta un pouco dura, con un longo ascenso e moitísima neve nos kilómetros finais. Este inverno nevou mais do habitual e o verán está sendo fresco, polo que queda moita neve sen derretir nas partes mais altas das montañas.



Desde o ferry que nos levou a Vancouver vimos a cidade desde unha nova perspectiva.


Para coller o avión de volta a Toronto temos que chegar a Edmonton. É un percorrido de 1200 km no que aproveitaremos para visitar algún punto de interese. A primeira parada no camiño foi en Whistler, sede dos Xogos Olímpicos de inverno en 2010. Outra vez fixemos unha ruta ata un lago con preciosas vistas das montañas canadienses.


 Xa perdimos a conta dos osos que levamos visto, pero esta osa cos seus cachorros foron os que mais nos gustaron.


Chegamos a costa do Pacífico

8 de agosto de 2011

Na costa pacífica da illa de Vancouver consérvanse bosques mixtos de abeto e tuia aos que lles chaman rainforest (selva húmida). Varios quilómetros de pasarelas de madeira facilitan o tránsito dos paseantes a través do bosque e protexen o delicado sustrato.


As enormes árbores que caen ao chan se pudren lentamente nun proceso que leva séculos, liberando nutrientes e calor que outras árbores xóvenes aproveitan para medrar.


O bosque chega ata a liña da marea alta, e nas praias se acumulan inmensas cantidades de troncos chegados dos bosques de toda América do Norte.


Só os surfistas adecuadamente preparados e algúns bañistas inconscientes se meten nestas augas, pois a baixa temperatura da auga e as fortes correntes fan do baño unha actividade perigosa.



Árbores xigantes na illa de Vancouver

6 e 7 de agosto de 2011

Tras coller un ferry e navegar durante hora e media  chegamos a Vancouver Island, unha illa de 500 km de longo por 100 km de ancho. A súa costa e moi recortada, con centos de pequenas illas e illotes rochosos. A poboación da illa concéntrase na costa este, que mira ao continente, e hai un par de cidades medianas e moitos pequenos pobos. A capital é a cidade de Victoria, animada e con rúas cheas de cor.


Entre a poboación da illa e os turistas que a visitan están moi extendidas as actividades de ocio acuático, e a costa e os lagos interiores están cheos de portos e barcos de todo tipo e tamaño, desde kayacs ata casas flotantes.


Interesábanos moito visitar os bosques de árbores xigantes que se conservan en distintas partes da illa. En Cathedral Grove hai abetos de Douglas (Pseudotsuga menziesii) de 800 anos e o mais alto mide 76 metros de altura. Estes abetos están acompañados por tuias (Thuja plicata) de proporciones semellantes, e o chan do bosque está cheo de enormes troncos das árbores que cairon no pasado. Son bosques cheos de vida e morte, con multitude de plantas vivindo debaixo destes enormes árbores, o que recorda un pouco o aspecto dunha selva tropical.



De volta a Canadá

5 de agosto de 2011

Despois de dous días de viaxe desde Yellowstone chegamos a Vancouver, capital da provincia canadiense da Columbia Británica.
É unha cidade de medio millón de habitantes con 150 anos de historia, moderna e relativamente tranquila. Ten un trazado cuadriculado no que é moi fácil orientarse, con avenidas cheas de árbores e moitos espacios verdes.


O barrio mais antigo da cidade ten un aire centroeuropeo e conserva un curioso reloxo que orixinalmente funcionaba a vapor.


 No entorno da cidade hai varios bosques protexidos, como o situado no canón de Lynn. Rodeado de tuias e outras coníferas de enorme tamaño hai unha ponte colgante que atravesa este canón a 50 metros de altura.


En realidade, Vancouver é unha cidade con poucos encantos, aínda que moito mais agradable que Toronto.

Yellowstone III: Terra fervendo

31 de xullo, 1 e 2 de agosto de 2011

O principal motivo para a declaración de Yellowstone como parque nacional foi protexer o seu maravilloso patrimonio xeotermal. Por exemplo, dous tercios dos geyseres do planeta están aquí. Ademais, hai manantiais, ríos e charcas de auga quente, fumarolas e pozas de barro burbulleantes.


Un dos volcáns mais grandes do mundo, situado baixo o parque, é o responsable de todos estes fenómenos. Só tivo tres grandes erupcións, a última delas hai 600 000 anos, pero foron das mais grandes coñecidas. A combinación da auga e a calor coas fracturas e minerais das rochas da lugar a toda a variedade de fenómenos xeotermais que aquí se ven.


 O que mais abunda son as pozas, donde mana e se acumula auga quente. O cromatismo das pozas ven marcado polos distintos microorganismos que viven nelas. Dependendo da temperatura da auga, aparecen diferentes comunidades de algas e bacterias, provocando a variación de cores que as fai tan bonitas.




Outro gran atractivo de Yellowstone son os geyseres, con gran diversidade de formas, tamaños, regularidade e periodicidade das súas erupcións. O mais famoso e Old Faithful, que erupciona aproximadamente cada 90 minutos, pero a maioría non son tan regulares nin predecibles. Por exemplo, White Dome erupciona cada 35 minutos pero a veces pasa horas sin erupcionar.


O geyser Beehive é irregular, pero a actividade de outro pequeno geyser ao seu carón anuncia a súa próxima erupción.


 A altura do cono do geyser indica a súa antigüedade, pois crecen de media 25 cm cada 1000 anos.