Muniellos, un bosque en paz

30 de octubre de 2011

A Reserva de Muniellos é o bosque atlántico mellor conservado de España e chegou aos nosos días sen alteracións importantes por parte do ser humano. A árbore mais abundante é o carballo, acompañado de faias, acibros e outras moitas especies. No bosque viven osos, urogallos, lobos, jabalíes, corzos e rebecos. Desde 1982 só 20 persoas cada día poden visitar a Reserva e percorrer unha pequena parte seguindo unha única ruta restrinxida con horario limitado. As medidas de protección extremas fan que este sexa un dos poucos espazos da península nos que a natureza non se ve afectada pola presencia humana.


A ruta comeza ascendendo pola ladeira da montaña, cuberta principalmente por carballos, hacia a cabeza do val. Pódese apreciar a enorme extensión do bosque, que recubre todo o relieve que alcanza a vista.


Ao final da ascensión chégase á primeira das tres lagoas glaciares que coroan o val. O camiño de volta descende seguindo o curso do río Muniellos a través dun bosque no que destacan algúns acibros de imponente tamaño e as cores de outono de faias e demais caducifolias.


Tres picos en Somiedo

29 de octubre de 2011

Aproveitamos estes días de ponte para camiñar no outono asturiano. Gústanos vir a Asturias porque queda cerca de Galicia, a paisaxe é moi bonita e ten unha montaña bastante asequible.
A primeira ruta que escollimos foi en Somiedo. Grazas á información obtida en lasrutasdemontedesantos.blogspot.com atrevímonos a facer un percorrido circular duns 20 km que unía tres cimas. Resultou ser algo duro porque non hai camiño definido e o trazado da ruta non está sinalizado, o que obrigaba a consultar o mapa cada pouco tempo para saber por onde tiñamos que ir. Ademais, o desnivel non era pouco.
Comezamos en Valle de Lago, un pequeno pobo situado nun extremo dun fermoso val glaciar.


Despois dunha subida chegamos á Veiga de Camayor, unha zona de prados encerrada entre montañas que se ve moi ben desde a primeira cima da ruta, o Picu Tarambicu (1912 metros).

 


Cruzamos a veiga e continuamos o ascenso ata a lagoa de Cebolleu, con pouca auga.



Aquí nos encontramos cun grupo de rebecos movéndose lixeiros polas pedregosas ladeiras que nos tan traballosamente tiñamos que subir.


Os dous Picos Albos, Oriental e Occidental, eran o noso seguinte obxectivo. Primeiro subimos ao Oriental (2103 metros) e despois ao Occidental(2071 metros), que ofrece unhas magníficas vistas de Valle de Lago e a súa morfoloxía glaciar.


Desde aquí tomamos esta imaxe dun voitre voando sobre as montañas.


Iniciamos un duro descenso desde o cumio ata o lago. Desde éste ata o pobo só quedaba un cómodo paseo a través do val.