Antelope Canyon

10 DE XULLO DE 2012  


Visitamos outra formación xeolóxica desta inmensa meseta de areniscas vermellas que son os estados de Utah e Arizona. Antelope Canyon é unha pequena e estreita garganta excavada polas augas torrenciais nesta rocha. O lugar é extremadamente bonito e as súas fotos circulan moito por internet, así que está cheo de turistas disparando coas súas cámaras, o que o fai un pouco estresante nalgún momento.



Ao igual que Monument Valley, a xestión corre a cargo dos navajos e é necesario contratar unha visita guiada para chegar ata alí.
Estas areniscas, como algunhas das que vimos no Gran Canón, teñen unha estratificación cruzada porque proceden de antigas dunas. Cando a auga e o vento deixan a rocha pulida estes estratos quedan á vista dando lugar a  imaxes increíbles.



10 DE XULLO DE 2012   Visitamos outra formación xeolóxica desta inmensa meseta de areniscas vermellas que son os estados de ...

2 comentarios:

  1. Buá parece o hipercor en nadal iso!! pero que bonito!!! aí quedría que flipas algunha longuísima exposición entrando luz polo medio das rochas!!!! ;)

    ResponderEliminar
  2. unhas fotos preciosas, coma sempre ;)
    xa seguimos o voso blog, un pracer que nos mostrades esta maravilla de viaxe
    un bico ós dous!!!

    ResponderEliminar