Chimeneas de fadas

13 DE XULLO DE 2012  


O pequeno Parque Nacional de Bryce Canyon foi creado para protexer unha paisaxe case única no mundo, pois unha enorme cantidade de hoodoos (ou chimeneas de fadas) concéntranse nun espazo reducido. Un hoodoo é unha columna de pedra máis ou menos branda protexida por un "tellado" de rocha máis dura.



Aínda que outros lugares do planeta teñen conxuntos de chimeneas de fadas, ningún deles alcanza esta densidade. Ademáis aquí as rochas calizas que forman os hoodoos están tinxidas con óxidos de ferro que lles dan tonos alaranxados, o que aumenta a súa beleza.




Varias rutas cortas moi ben coidadas permiten descender ata os hoodoos, pasear entre eles e disfrutar da variedade de formas e paisaxes creados pola erosión. Hai zonas que recordan murallas, catedrais góticas, arcos, castelos ...





13  DE XULLO DE  2012   O pequeno Parque Nacional de Bryce Canyon foi creado para protexer unha paisaxe case única no mundo, pois...

0 comentarios: