Kauai (I): A illa verde

julio 21, 2012 deviaxe 1 Comments

15, 16, 17 e 18 de xullo de 2012

Xa levamos uns días no arquipélago de Hawaii, concretamente na illa de Kauai, por fin con sol despois dun tempo chuvioso e neboento que nos impediu levar a cabo algunhas das actividades que tiñamos previstas. O día que chegamos, un pouco cansados da viaxe, dimos un pequeno paseo por un bosque no que tivemos un primeiro contacto coa vexetación tropical da illa: bananas, maracuiás, guaiabas, palmeiras cocoteras, fentos arbóreos, enormes acacias autóctonas, eucaliptos e moitas outras especies.


O seguinte día fixemos unha entretenida excursión en kayac por un dos poucos ríos navegables de Hawaii. Despois de 4 km navegando polo río entre hibiscos arbóreos, camiñanos media hora pola selva ata chegar a unha pequena fervenza onde comimos. 


Durante o traxecto o guía foinos contando algúns detalles sobre as plantas e árbores que veíamos, como a árbore do mango que é grande como un castiñeiro. Á volta da excursión comenzou o mal tempo que nos tivo os dous días seguintes sen poder facer prácticamente nada.


De camiño para o sur da illa fixemos unha parada para dar un paseo pola costa e bucear nun pequeno arrecife na praia, onde nos sorprendeu ver tanta variedade de peixes de colores.



As tres primeiras noites estivemos acampados na praia, aínda que non lle sacamos proveito polo mal tempo.


Agora estamos na montaña, nunha zona despoboada e sen servizos a 90 min de Lihue, a capital da illa. Moitos sendeiros percorren parte destas montañas con vistas estupendas á abrupta costa oeste de Kauai, sempre que as nubes non impidan a visibilidade.




15, 16, 17 e 18 de xullo de 2012 Xa levamos uns días no arquipélago de Hawaii, concretamente na illa de Kauai, por fin con sol despois ...

1 comentario:

  1. Coidado cos mosquitos! (Ramón, tiíto)

    ResponderEliminar