Kauai (II): Desde o aire

20 DE XULLO DE 2012  


Algunhas das partes mais bonitas de Kauai son inaccesibles por terra e a única forma de velas é desde o aire ou desde o mar. Conseguimos unha boa oferta que combinaba un vo arredor da illa e unha volta en catamarán pola costa. Despegamos do aeroporto de Lihue pola mañán nunha pequena avioneta de 6 plazas. Voamos a pouca altura e pouca velocidade para apreciar os detalles da paisaxe con facilidade. O interior da illa é moi montañoso e boscoso, non hai ningunha estrada que se adentre nel e moi poucas rutas para ir á pé. A avioneta permitiunos ver profundos canóns e moitísimas cascadas, todo cuberto dun espeso manto vexetal.






Vimos tamén o cráter do último volcán que erupcionou nesta illa, que curiosamente está ao lado dunha estrada pola que pasamos varias veces sen velo.


Unha das imaxes máis características e famosas de Kauai son os erosionados acantilados da costa Na Pali, no oeste da illa. 




Desde o aire apréciase perfectamente como gran parte da costa está rodeada por arrecifes de coral.


Ademáis de verse desde o aire e desde o mar, a popular vista de Kalalau Valley, na costa Na Pali, pódese disfrutar tamén desde un mirador e unha pequena ruta en Koke'e State Park.



20 DE XULLO DE 2012   Algunhas das partes mais bonitas de Kauai son inaccesibles por terra e a única forma de velas é desde o air...

0 comentarios: