Kauai (III): Por mar

julio 24, 2012 deviaxe 0 Comments

21 de xullo de 2012

Para facer a segunda parte do combo aire-mar zarpamos de Port Allen a bordo dun pequeno catamarán a motor que nos levaría a Na Pali para ter unha visión máis próxima desta espectacular costa. Esperábamos un gran barco cheo de turistas pero levamos unha agradable sorpresa porque éramos só doce pasaxeiros e tres tripulantes que nos trataron de forma moi cercana e familiar.
A costa oeste de Kauai ten altos acantilados verticais (o capitán dixo que eran os segundos máis altos do mundo), covas mariñas con pequenas fervenzas que caen no mar e praias e vales de moi difícil acceso.





Aínda que non o sabíamos, a cea iba incluída no precio e servíronnos unha lasaña caseira e unha ensalada que foi a mellor comida que tomamos en Norteamérica en dous anos. Ao final da viaxe, un grupo de delfíns xogaron a nadar diante do barco durante un bo rato.


21 de xullo de 2012 Para facer a segunda parte do combo aire-mar zarpamos de Port Allen a bordo dun pequeno catamarán a motor que nos lev...

0 comentarios: