Kauai (IV): Por terra

22 DE XULLO DE 2012  

Unha das rutas de sendeirismo máis coñecidas de Hawaii é o Kalalau Trail, que percorre 18 km da costa Na Pali. Nós decidimos non facela enteira porque tiña algún tramo perigoso ao borde dos acantilados, pero a última tarde que pasamos nesta illa percorrimos os catro primeiros kilómetros. O paseo é moi bonito e o camiño discurre entre un auténtico xardín tropical.



A árbore que máis nos chamou a atención é o "walking tree" (a árbore que camiña), chamado así porque ten múltiples raíces na base que parecen patas.



A ruta ten as mellores vistas desde terra da costa oeste de Kauai.


Nos arrecifes da praia Ke'e Beach, onde comeza a ruta, nos refrescamos despois de andar e melloramos un pouco a técnica fotográfica debaixo da auga.




Cerca desta zona estase recuperando o tradicional cultivo de taro porque ao facerse en zonas anegadas crea o hábitat necesario para unha rica fauna que estaba desaparecendo.



22  DE XULLO DE  2012   Unha das rutas de sendeirismo máis coñecidas de Hawaii é o Kalalau Trail, que percorre 18 km da costa Na Pali. ...

2 comentarios:

  1. os do taro parecem arroçais da casamança (para que se veja que eu também sou viajada)...

    ResponderEliminar
  2. e qual é temperatura da água?

    ResponderEliminar