Maui (I): A selva húmida

23 e 24 de xullo de 2012

Aterramos en Maui, a segunda illa máis xoven do arquipélago. Comenzamos a percorrela pola parte máis verde, circulando por unha sinuosa estrada costeira cunha vexetación exhuberante. A pesar da súa beleza, non todas as prantas que crecen de xeito natural son autóctonas, xa que desde o século XIX a introducción de novas especies alterou de forma importante a paisaxe destas illas. Por exemplo, o tulipanero africano (Spathodea campanulata) adorna coas súa copa cargada de flores alaranxadas as montañas hawaianas, pero é unha árbore ornamental que se asilvestrou.



Algúns exemplares de Ficus benghalensis son tan monumentais que parecen estar aquí desde sempre, pero tamén foron introducidos en época moderna.


Tamén se poden ver outras especies introducidas na mesma época como o mango, o aguacate, a piña, a guayaba e a papaya.


A banana, o cocotero e a árbore do pan tampouco son nativas, pero chegaron a Hawaii da man dos polinesios, que foron os primeiros seres humanos que colonizaron estas illas hai 2000 anos. 



A orixe volcánica de Maui pódese apreciar nos acantilados de basalto desta costa, que lentamente son erosionados polas olas.


Toda esta parte da illa é moi chuviosa e o longo da estrada se poden ver moitas fervenzas.


Entre as especies animais ocorre algo similar ás vexetais, xa que as mais abundadantes foron introducidas e as endémicas son mais difíciles de ver, como esta araña "de cara sorrinte" (Theridion grallator):


Comentarios