Maui (III): Un xardín baixo o mar

julio 29, 2012 deviaxe 2 Comments


27 e 28 de xullo de 2012


Os arrecifes de coral son moi frecuentes nas costas hawaianas, moitas veces a escasos metros da praia, o que os fai accesibles para calquera que saiba nadar. Xa buceáramos nalgunha praia, pero o mellor destino en Maui é Molokini, un auténtico cráter volcánico parcialmente sumerxido que está a uns kilómetros da costa. Contratamos unha viaxe organizada que nos levou ata alí, e estivemos buceando unha hora nas súas augas cristalinas. Tiñamos visto xa gran variedade de peixes e tipos de coral, pero nestas augas protexidas había aínda máis.






Unha das novas especies que "descubrimos" son uns enormes ourizos de mar chamados en hawaiano Ha'uke'uke 'ula'ula (Heterocentrotus mamillatus).


Outros dos habitantes máis extraordinarios dos arrecifes son as tartarugas mariñas, fáciles de ver baixo a auga desde a costa pero que todavía non atopáramos mentras buceábamos. Hai unha praia na costa oeste que ten un impresionante arrecife coñecido como "A cidade das tartarugas" polas moitas que o frecuentan. A terceira das veces que fumos alí conseguimos por fin ver unha tartaruga que pasou nadando tranquilamente ao noso lado. 


27 e 28 de xullo de 2012 Os arrecifes de coral son moi frecuentes nas costas hawaianas, moitas veces a escasos metros da praia, o ...

2 comentarios:

  1. que pasada Ñacu! tiven que atracarme de ler as últimas cinco ou seis entradas que estiven en Corme de campa e perdínme as actualizacións!, espero que o pasedes moi ben! bicos!

    ResponderEliminar