Unha de indios e vaqueiros

9 de xullo de 2012


Deixamos o Gran Canón do Colorado pero seguimos visitando maravillas xeolóxicas. Ao este do Gran Canón, dentro da reserva dos indios navajos, está o Monument Valley. Este val forma parte da meseta do Colorado e comparte con él a mesma orixe xeolóxica, pero os procesos erosivos que lle deron forma foron distintos. Auga, vento e xeo modelaron os estratos de xistos, areniscas e conglomerados dando lugar a unha paisaxe inconfundible que se extende por moitos kilómetros.



O cine e a televisión americana usaron profusamente estes escenarios nas súas produccións, especialmente en películas do oeste como "A Dilixencia" de John Ford, pero tamén noutras como "Thelma e Louise" ou nas aventuras do Coyote e o Correcaminos.



Os descendentes dos indios navajos que habitaban este territorio administran hoxe o Monument Valley , aínda que o modelo de xestión é moi diferente do dos parques nacionais gubernamentais, dedicándose só á explotación turística sen entrar en aspectos educativos.

Comentarios