Hawaii: Unha explicación e unha despedida

agosto 10, 2012 deviaxe 0 Comments

7 de agosto de 2012

Levábamos tempo buscando a oportunidade de explicar de forma resumida a interesante xeoloxía de Hawaii e  ao final quedou para o último día. Así que nos vai servir como despedida dunha viaxe na que disfrutamos moito dos espazos naturais dos Estados Unidos.

7 de agosto de 2012 Levábamos tempo buscando a oportunidade de explicar de forma resumida a interesante xeoloxía de Hawaii e  ao final q...

0 comentarios:

Big Island (IV): Vida mariña

agosto 08, 2012 deviaxe 2 Comments

5 e 6 de agosto de 2012

Os nosos dous últimos días en Hawaii pasámolos buceando e aprendendo algo máis sobre a historia dos hawaiianos. 
Subimos a un barco outra vez para participar nunha das actividades máis extrañas e sorprendentes que ofrece esta illa: bucear con mantas xigantes pola noite. Estas mantas teñen unha envergadura de 3 a 6 metros, aliméntanse de plancton e non teñen dentes nin arpón polo que son totalmente inofensivas a pesar do seu tamaño e do seu aspecto impoñente. Con focos e linternas sumerxibles atráese ao plancton,  e as mantas acuden a comelo ignorando á multitude que se concentra na auga para velas. Cos movementos circulares que fan para recoller o plancton coa súa enorme boca sempre aberta vanse achegando a xente ata case rozala.

O parque histórico de Pu`uhonua o Honaunau contén restos arqueolóxicos e reconstruccións actuais dun templo e lugar de residencia da clase dirixente que gobernaba esta illa antes da chegada dos europeos.



Daquela había un sistema de normas moi ríxido chamado kapu (tabú) que impedía por exemplo que a xente común poidese pisar a sombra dun xefe ou as súas pegadas, ou recoller leña e pescar en épocas prohibidas. Aqueles que violaban o kapu eran condenados a morte, aínda que tiñan unha maneira de evitar a sentencia: chegar o templo para obter a absolución dun sacerdote. Pero o templo estaba rodeado por guerreiros e só se podía chegar a el nadando nun mar con perigosas correntes, grandes olas e tiburóns.


Este sistema relixioso chegou ao seu fin a mediados do século XIX cando, tras o contacto occidental, un rei prohibiu a antiga relixión e o seu pobo adoptou o cristianismo.
O primeiro occidental que chegou a Hawaii foi o Capitán Cook a finais do século XVIII. Pasou uns días en Big Island, onde tanto el como a súa tripulación foron recibidos con hospitalidade. Cando marchaba da illa, unha tormenta obligouno a regresar e isto foi tomado polos hawaiianos como un mal augurio. Producíronse algúns desencontros que rematoron coa tripulación de Cook disparando e matando a dúas persoas. A multitude abalanzouse entón sobre o Capitán, acuchillouno ata a súa morte e desmembrou o seu corpo, que só foi recuperado en parte pola tripulación. Estes feitos aconteceron en Kealakekua Bay, a onde se pode chegar andando ou en kayak. A bahía é ademáis un dos sitios máis espectaculares para bucear, con montañas de coral a escasa profundidade e peces multicolores. Tamén atopamos unha tartaruga mariña tomando un descanso nunha praia da zona.






5 e 6 de agosto de 2012 Os nosos dous últimos días en Hawaii pasámolos buceando e aprendendo algo máis sobre a historia dos hawaiianos....

2 comentarios:

Big Island (III): Lava viva

agosto 07, 2012 deviaxe 2 Comments

4 de agosto de 2012

A posibilidade de ver lava en acción é un dos grandes atractivos do Parque Nacional dos Volcáns, pero a dirección do fluxo de lava é moi variable e non sempre o fenómeno ocorre dentro dos límites do parque, senón por terras de propiedade privada.  Isto impide ás autoridades xestionar as visitas e todo o relativo á información e seguridade. Nós acudimos a onde estaba o pobo de Kalapana antes de quedar sepultado pola erupción en 1990. Hoxe en día hai alí unha especie de mercado onde se pode contratar un guía que te leve a onde hai lava fluindo. Para iso é necesario camiñar 5 km por campos de lava de idades comprendidas entre 2 días e 20 anos, localizar o punto exacto onde está fluindo nese momento e volver xa de noite con linternas ao punto de saída.



Empezamos a marcha ao final da tarde, e despois de 2 horas camiñando comezamos a sentir a calor da lava que había baixo os nosos pés e a ver o seu vermello incandescente a través das fendas da superficie.


Desde fai uns meses o cráter expulsa pouca lava e non se poden ver grandes masas fluindo, pero aínda así o espectáculo merece a pena. A lava está a uns 1200 ºC, a velocidade á que se move é moi lenta e fenómenos como explosións son practicamente imposibles, polo que non hai perigo en achegarse todo o que o corpo aguante a calor. É hipnotizante mirar como se vai solidificando, oscurecéndose e facendo as formas tipicas do pahoehoe que tanto temos visto.






                       

4 de agosto de 2012 A posibilidade de ver lava en acción é un dos grandes atractivos do Parque Nacional dos Volcáns, pero a dirección do...

2 comentarios:

Big Island (II): As erupcións de Kilauea

agosto 07, 2012 deviaxe 0 Comments


1, 2 e 3 de agosto de 2012

Kilauea, dentro do Parque Nacional dos Volcáns de Hawai'i, é o volcán máis activo do mundo pois ten dous cráteres actualmente en erupción.

1, 2 e 3 de agosto de 2012 Kilauea, dentro do Parque Nacional dos Volcáns de Hawai'i, é o volcán máis activo do mundo pois ten dou...

0 comentarios:

Big Island (I): A illa grande

agosto 05, 2012 deviaxe 2 Comments


29, 30 e 31 de xullo de 2012

A última etapa da nosa viaxe comeza aterrando na illa de Hawai'i, tamén coñecida como Big Island para evitar confusións co nome do arquipélago. Esta illa é máis do dobre de grande que todas as outras  xuntas porque o seu vulcanismo está moi activo e todavía está crecendo, a diferencia do resto de illas nas que desapareceu a actividade volcánica e só traballan as forzas erosivas. Big Island é ademáis moi xoven pois ten só medio millón de anos de antigüedade (hai fósiles humanos en Atapuerca co dobre de idade). O noso principal obxectivo nesta illa é visitar o Parque Nacional dos Volcáns, onde con sorte poderemos ver lava fluindo na ladeira dun volcán.

29, 30 e 31 de xullo de 2012 A última etapa da nosa viaxe comeza aterrando na illa de Hawai'i, tamén coñecida como Big Island para...

2 comentarios: