Maui (III): Un xardín baixo o mar

27 E 28 DE XULLO DE 2012  


Os arrecifes de coral son moi frecuentes nas costas hawaianas, moitas veces a escasos metros da praia, o que os fai accesibles para calquera que saiba nadar. Xa buceáramos nalgunha praia, pero o mellor destino en Maui é Molokini, un auténtico cráter volcánico parcialmente sumerxido que está a uns kilómetros da costa. Contratamos unha viaxe organizada que nos levou ata alí, e estivemos buceando unha hora nas súas augas cristalinas. Tiñamos visto xa gran variedade de peixes e tipos de coral, pero nestas augas protexidas había aínda máis.

27 E 28  DE XULLO DE  2012   Os arrecifes de coral son moi frecuentes nas costas hawaianas, moitas veces a escasos metros da prai...

2 comentarios:

Maui (II): O frío deserto das cimas

25 E 26 DE XULLO DE 2012  


O cráter Haleakala, situado no Parque Nacional do mesmo nome, non é un cráter. A historia comeza coa formación de Maui, que como todas a illas hawaianas non é máis que un volcán que crece ata que emerxe sobre o nivel do mar. Este volcán alcanzou no pasado unha altura de 4000 m, pero no momento en que cesou a actividade volcánica empezaron a traballar as forzas erosivas. A chuvia foi rebaixando a altura da montaña e excavando multitude de vales fluviais nas ladeiras ata que as cabeceiras de dous destes ríos confluiron abrindo un enorme val na súa cima. Este val é o que agora se coñece como cráter Haleakala.

25 E 26  DE XULLO DE  2012   O cráter Haleakala, situado no Parque Nacional do mesmo nome, non é un cráter. A historia comeza coa...

2 comentarios:

Maui (I): A selva húmida

/23 E 24 DE XULLO DE 2012  

Aterramos en Maui, a segunda illa máis xoven do arquipélago. Comenzamos a percorrela pola parte máis verde, circulando por unha sinuosa estrada costeira cunha vexetación exhuberante. A pesar da súa beleza, non todas as prantas que crecen de xeito natural son autóctonas, xa que desde o século XIX a introducción de novas especies alterou de forma importante a paisaxe destas illas. Por exemplo, o tulipanero africano (Spathodea campanulata) adorna coas súa copa cargada de flores alaranxadas as montañas hawaianas, pero é unha árbore ornamental que se asilvestrou.


/23 E 24  DE XULLO DE  2012   Aterramos en Maui, a segunda illa máis xoven do arquipélago. Comenzamos a percorrela pola parte máis verde...

0 comentarios:

Kauai (IV): Por terra

22 DE XULLO DE 2012  

Unha das rutas de sendeirismo máis coñecidas de Hawaii é o Kalalau Trail, que percorre 18 km da costa Na Pali. Nós decidimos non facela enteira porque tiña algún tramo perigoso ao borde dos acantilados, pero a última tarde que pasamos nesta illa percorrimos os catro primeiros kilómetros. O paseo é moi bonito e o camiño discurre entre un auténtico xardín tropical.

22  DE XULLO DE  2012   Unha das rutas de sendeirismo máis coñecidas de Hawaii é o Kalalau Trail, que percorre 18 km da costa Na Pali. ...

2 comentarios:

Kauai (III): Por mar

21 DE XULLO DE 2012  

Para facer a segunda parte do combo aire-mar zarpamos de Port Allen a bordo dun pequeno catamarán a motor que nos levaría a Na Pali para ter unha visión máis próxima desta espectacular costa. Esperábamos un gran barco cheo de turistas pero levamos unha agradable sorpresa porque éramos só doce pasaxeiros e tres tripulantes que nos trataron de forma moi cercana e familiar.
A costa oeste de Kauai ten altos acantilados verticais (o capitán dixo que eran os segundos máis altos do mundo), covas mariñas con pequenas fervenzas que caen no mar e praias e vales de moi difícil acceso.


21  DE XULLO DE  2012   Para facer a segunda parte do combo aire-mar zarpamos de Port Allen a bordo dun pequeno catamarán a motor que n...

0 comentarios:

Kauai (II): Desde o aire

20 DE XULLO DE 2012  


Algunhas das partes mais bonitas de Kauai son inaccesibles por terra e a única forma de velas é desde o aire ou desde o mar. Conseguimos unha boa oferta que combinaba un vo arredor da illa e unha volta en catamarán pola costa. Despegamos do aeroporto de Lihue pola mañán nunha pequena avioneta de 6 plazas. Voamos a pouca altura e pouca velocidade para apreciar os detalles da paisaxe con facilidade. O interior da illa é moi montañoso e boscoso, non hai ningunha estrada que se adentre nel e moi poucas rutas para ir á pé. A avioneta permitiunos ver profundos canóns e moitísimas cascadas, todo cuberto dun espeso manto vexetal.

20 DE XULLO DE 2012   Algunhas das partes mais bonitas de Kauai son inaccesibles por terra e a única forma de velas é desde o air...

0 comentarios:

Kauai (I): A illa verde

15, 16, 17 E 18 DE XULLO DE 2012  

Xa levamos uns días no arquipélago de Hawaii, concretamente na illa de Kauai, por fin con sol despois dun tempo chuvioso e neboento que nos impediu levar a cabo algunhas das actividades que tiñamos previstas. O día que chegamos, un pouco cansados da viaxe, dimos un pequeno paseo por un bosque no que tivemos un primeiro contacto coa vexetación tropical da illa: bananas, maracuiás, guaiabas, palmeiras cocoteras, fentos arbóreos, enormes acacias autóctonas, eucaliptos e moitas outras especies.


15, 16, 17 E 18 DE XULLO DE 2012   Xa levamos uns días no arquipélago de Hawaii, concretamente na illa de Kauai, por fin con sol de...

1 comentarios:

Chimeneas de fadas

13 DE XULLO DE 2012  


O pequeno Parque Nacional de Bryce Canyon foi creado para protexer unha paisaxe case única no mundo, pois unha enorme cantidade de hoodoos (ou chimeneas de fadas) concéntranse nun espazo reducido. Un hoodoo é unha columna de pedra máis ou menos branda protexida por un "tellado" de rocha máis dura.

13  DE XULLO DE  2012   O pequeno Parque Nacional de Bryce Canyon foi creado para protexer unha paisaxe case única no mundo, pois...

0 comentarios:

Ondas de pedra no deserto

12 DE XULLO DE 2012  

Só 20 persoas ao día poden visitar a zona semi-desértica de Coyote Buttes North en Utah.  Sortéanse dez permisos por internet con catro meses de anticipación e os outros dez o día anterior no centro de visitantes. Non tivemos sorte no primeiro dos sorteos, así que asistimos ao segundo xunto con outras 22 persoas interesadas en visitar o lugar. Dous gardas encargáronse de explicar o procedemento para o sorteo que se efectuou á vista de todos os presentes. Desta vez sorriunos a fortuna e obtivemos o permiso para facer unha ruta polo lugar. Despois do sorteo os elixidos recibimos un mapa (non dispoñible para o público xeral) coas instruccións secretas para chegar a The Wave.
E que é The Wave para despertar tanto interese e merecer tanta protección? Pois é un pequeno espazo de areniscas excavado e pulido pola auga e o vento, de formas onduladas e colores cálidos, tan irreal que é imposible imaxinar algo así antes de telo visto.
Para chegar ata alí hai que camiñar durante dúas horas polo máis parecido a un deserto que vimos nesta viaxe: area, dunas, pedras, cauces secos, arbustos mortos.


12 DE XULLO DE 2012   Só 20 persoas ao día poden visitar a zona semi-desértica de Coyote Buttes North en Utah.  Sortéanse dez permiso...

2 comentarios:

Unha ruta refrescante

11 DE XULLO DE 2012  


A ruta máis popular en Zion National Park (Utah) discurre por unha garganta de altísimas paredes verticais e tan estreita que non queda espacio para un sendeiro. Polo tanto, a maior parte da ruta vai pola auga, que varía en profundidade chegando nalgúns tramos ata a cintura.

11  DE XULLO DE  2012   A ruta máis popular en Zion National Park (Utah) discurre por unha garganta de altísimas paredes verticai...

0 comentarios:

Antelope Canyon

10 DE XULLO DE 2012  


Visitamos outra formación xeolóxica desta inmensa meseta de areniscas vermellas que son os estados de Utah e Arizona. Antelope Canyon é unha pequena e estreita garganta excavada polas augas torrenciais nesta rocha. O lugar é extremadamente bonito e as súas fotos circulan moito por internet, así que está cheo de turistas disparando coas súas cámaras, o que o fai un pouco estresante nalgún momento.

10 DE XULLO DE 2012   Visitamos outra formación xeolóxica desta inmensa meseta de areniscas vermellas que son os estados de ...

2 comentarios:

Unha de indios e vaqueiros

DE XULLO DE 2012  


Deixamos o Gran Canón do Colorado pero seguimos visitando maravillas xeolóxicas. Ao este do Gran Canón, dentro da reserva dos indios navajos, está o Monument Valley. Este val forma parte da meseta do Colorado e comparte con él a mesma orixe xeolóxica, pero os procesos erosivos que lle deron forma foron distintos. Auga, vento e xeo modelaron os estratos de xistos, areniscas e conglomerados dando lugar a unha paisaxe inconfundible que se extende por moitos kilómetros.

9  DE XULLO DE  2012   Deixamos o Gran Canón do Colorado pero seguimos visitando maravillas xeolóxicas. Ao este do Gran Canón, dentr...

0 comentarios:

A xeoloxía do Gran Canón

A xeoloxía do Gran Canón é tan espectacular como as súas vistas. Calquera sinte curiosidade por saber como puido formarse o que ten diante dos ollos, e afortunadamente é fácil entender os aspectos básicos do tema. Os visitantes do parque nacional poden acceder a moita información: un excelente museo xeolóxico, videos, folletos, charlas, visitas guiadas, ...  Unha das gardas que atende a zona de acampada no fondo do canón deu unha pequena charla na que sintetizou a formación do canón en tres fases:

1. Sedimentación


Sobre unha base de antigas rochas duns 1800 millóns de anos (os xistos, gneis e granitos que se ven na foto superior) fóronse depositando capas de sedimentos que ao comprimirse deron lugar aos distintos estratos rochosos que se poden distinguir hoxe.

A xeoloxía do Gran Canón é tan espectacular como as súas vistas. Calquera sinte curiosidade por saber como puido formarse o que ten diante d...

1 comentarios:

O Gran Canón do Colorado

5, 6, 7 E 8 DE XULLO DE 2012  


Con 400 km de longo, 16 km de anchura media e 1500 m de profundidade, o Gran Canón do Colorado non é o mais longo, nin o mais ancho, nin o mais profundo do mundo. Pero os estadounidenses din que é o mais grande, e teñen razón, pois probablemente non haxa ningún outro que xunte estas dimensións. Ademais os estratos nos que se dispoñen as rochas do canón abarcan case a metade da historia da terra, e se identifican facilmente distintas capas que se corresponden con distintos momentos da historia xeolóxica.

5, 6, 7 E 8  DE XULLO DE  2012   Con 400 km de longo, 16 km de anchura media e 1500 m de profundidade, o Gran Canón do Colorado non ...

2 comentarios:

Cruzando medio planeta


Durante as vacacións deste verán viaxaremos aos Estados Unidos para coñecer paisaxes tan diferentes entre si como o Gran Canón do Colorado ou Hawaii. Tras a nosa aterraxe en Las Vegas previa escala en Toronto, pasaremos 10 días nos estados de Arizona e Utah, conducindo uns 1500 km por zona desértica para ver varios parques naturais relativamente preto do Gran Canón.

Durante as vacacións deste verán viaxaremos aos Estados Unidos para coñecer paisaxes tan diferentes entre si como o Gran Canón do Colorad...

2 comentarios: