Explosión de cor no Courel

diciembre 31, 2013 deviaxe 0 Comments

6, 7 e 8 de decembro de 2013


A serra do Courel esconde as paisaxes galegas mais fermosas. Conserva grandes masas de bosque autóctono, aldeas tradicionais ben conservadas, unha xeoloxía única en Galicia e importantes restos arqueolóxicos que son testemuña da constante presenza humana desde hai miles de anos.

6, 7 e 8 de decembro de 2013 A serra do Courel esconde as paisaxes galegas mais fermosas. Conserva grandes masas de bosque autóctono, ...

0 comentarios:

Sol de outono na Ribeira Sacra

diciembre 25, 2013 deviaxe 0 Comments

23 e 24 de novembro de 2013


Ponte nova de Belesar


Un fin de semana soleado de outono non pode desaproveitarse, e este o disfrutamos na Ribeira Sacra. Había tempo que esperábamos a ocasión de facer a ruta de sendeirismo polo canón de Belesar que Manuel Gago publicou hai uns anos en Capítulo Cero. Non se trata dunha ruta oficial nin sinalizada, pero reúne nun percorrido circular unha boa mostra dos principais atractivos da Ribeira Sacra: a paisaxe do viño, frondosos bosques caducifolios, arquitectura románica e espectaculares vistas do Miño. Usamos o GPS para seguir o trazado da ruta publicado por Os Caracochas.

23 e 24 de novembro de 2013 Ponte nova de Belesar Un fin de semana soleado de outono non pode desaproveitarse, e este o disfrut...

0 comentarios:

Alto Tajo

diciembre 23, 2013 deviaxe 0 Comments

31 de outubro, 1, 2 e 3 de novembro

Canón do Tajo
Durante a ponte de novembro nos desplazamos á provincia de Guadalajara para visitar o Parque Natural do Alto Tajo, un espazo natural moi heteroxéneo en canto ao tipo de paisaxes que o conforman e que para nós tiña un atractivo especial na súa xeoloxía.

31 de outubro, 1, 2 e 3 de novembro Canón do Tajo Durante a ponte de novembro nos desplazamos á provincia de Guadalajara para visitar ...

0 comentarios:

Fin da viaxe no cráter de Ngorongoro

agosto 11, 2013 deviaxe 1 Comments

26 e 27 de xullo de 2013

De camiño a Ngorongoro
Poboado masai

Hai 2 o 3 millóns de anos estoupou un volcán duns 5000 m de altitude no norte de Tanzania. O que quedou no seu lugar é o cráter de Ngorongoro, unha das caldeiras volcánicas máis grandes do mundo con 18 km de diámetro. As ladeiras que o delimitan teñen unha altura duns 600 m sobre o fondo do cráter, situado a 1800 m de altitude sobre o nivel do mar.

26 e 27 de xullo de 2013 De camiño a Ngorongoro Poboado masai Hai 2 o 3 millóns de anos estoupou un volcán duns 5000 m de altitu...

1 comentarios:

Serengeti, a chaira infinita

agosto 08, 2013 deviaxe 0 Comments

23, 24 e 25 de xullo de 2013

Xa en Tanzania, e de camiño ao noso novo destino, fixemos unha parada para comer nunha pequena praia á beira do Lago Victoria, o máis grande de África.

23, 24 e 25 de xullo de 2013 Xa en Tanzania, e de camiño ao noso novo destino, fixemos unha parada para comer nunha pequena praia á bei...

0 comentarios:

A gran migración no Masai Mara

agosto 05, 2013 deviaxe 3 Comments

20, 21 e 22 de xullo de 2013

Cambiamos as verdes paisaxes dos lagos do Rift Valley pola extensa aridez da sabana. A fronteira entre Kenia e Tanzania divide en dúas partes unha gran superficie de pradeiras. En Kenia está a parte mais pequena, que se denomina Masai Mara, e en Tanzania está a maior parte do parque, coñecido como Serengeti. Entre os dous comprenden unha superficie totalmente salvaxe de 16 000 km², algo mais da metade da de Galicia. Nesta vasta rexión habitan millóns de herbívoros que son o alimento de miles de carnívoros, conformando un dos ecosistemas mais espectaculares do planeta.

20, 21 e 22 de xullo de 2013 Cambiamos as verdes paisaxes dos lagos do Rift Valley pola extensa aridez da sabana. A fronteira entre Ken...

3 comentarios:

A reserva de rinocerontes de Nakuru

agosto 03, 2013 deviaxe 1 Comments

 19 de xullo de 2013


Pasamos todo o día de safari no parque nacional de Nakuru, outro dos lagos do Rift Valley, caracterizado por unha paisaxe verde e boscosa. Un dos seus maiores atractivos é a vista do lago abarrotado de flamencos, pero como o nivel de auga estaba moi alto a salinidade non era suficiente para que estas aves se xuntasen en grandes cantidades.

  19 de xullo de 2013 Pasamos todo o día de safari no parque nacional de Nakuru, outro dos lagos do Rift Valley, caracterizado por unh...

1 comentarios:

Naivasha, un paraíso para aves e herbívoros

agosto 02, 2013 deviaxe 0 Comments

 18 de xullo de 2013

Despois de 2 días en Amboseli, nos diriximos cara o norte para ir ata o lago Naivasha, que forma parte dun conxunto de lagos situados dentro do Rift Valley. Alí fixemos un pequeno safari en barca, que nos permitiu desfrutar dunha impresionante variedade de aves, moitas das cales non voltamos a ver en ningún outro sitio. Numerosos cormoráns acompañaban a pelicanos, tántalos (unha especie de cegoña), picapeixes, ibis, aguias e varias especies de garza:

 18 de xullo de 2013 Despois de 2 días en Amboseli, nos diriximos cara o norte para ir ata o lago Naivasha, que forma parte dun conxunto ...

0 comentarios:

Centenares de elefantes en Amboseli

agosto 01, 2013 deviaxe 0 Comments

 16 e 17 de xullo de 2013

Amboseli é un pequeno parque nacional de Kenia situado ao sureste de Nairobi e preto da fronteira con Tanzania.  O seu nome provén da palabra masai empusel que significa "salgado e polvorento", o que fai referencia á aridez da chaira que forma o parque. No seu centro está o lago Amboseli, habitualmente seco e que só se enche de auga en raras ocasións. Pero Amboseli conta permanentemente con varias zonas pantanosas, alimentadas polas augas que veñen do cercano Monte Kilimanjaro. As mellores vistas deste volcán extinto se ven desde aquí, sempre que a calima o permita.

 16 e 17 de xullo de 2013 Amboseli é un pequeno parque nacional de Kenia situado ao sureste de Nairobi e preto da fronteira con Tanzani...

0 comentarios:

Safari por Kenia e Tanzania

julio 31, 2013 deviaxe 2 Comments

Este ano visitamos o continente africano nunha viaxe en grupo organizada pola empresa Kananga, especializada en viaxes por África. Era a primeira vez que contratábamos unha viaxe cunha axencia e a experiencia foi moi satisfactoria. Non tivemos conexión a internet durante o traxecto, así que publicaremos a nosa crónica agora que xa estamos de volta na casa.

Este ano visitamos o continente africano nunha viaxe en grupo organizada pola empresa Kananga , especializada en viaxes por África. Era a p...

2 comentarios:

Neve, neve, neve

marzo 31, 2013 deviaxe 0 Comments

27-31 de marzo de 2013

O motivo que nos trouxo ata aquí foi a observación de auroras boreais durante a noite, pero Saariselkä ofrece moitas actividades para facer polo día, todas relacionadas coa neve. Así que durante estes días ocupamos o noso tempo en desprazarnos pola neve de distintas formas. Ademáis do esquí nórdico do que xa falamos, pasamos moitas horas baixando a divertidísima pista para trineos que hai aquí, de mais dun quilómetro de lonxitude. Os hoteis dispoñen de trineos gratuitos que calquera pode coller e hai que camiñar pista arriba para logo facer o descenso.

27-31 de marzo de 2013 O motivo que nos trouxo ata aquí foi a observación de auroras boreais durante a noite, pero Saariselkä ofrece moit...

0 comentarios:

As luces do norte

marzo 28, 2013 deviaxe 2 Comments

27 de marzo de 2013

Cando escribimos o anterior post éramos pesimistas ante a posibilidade de chegar a ver auroras boreais, pero na mañán do 27 as prediccións anunciaron un aumento da actividade solar da que dependen. Ademáis o pronóstico meteorolóxico era tamén bo, co que tiñamos as condicións requeridas para presenciar o fenómeno. Éste prodúcese cando determinadas partículas emitidas polo Sol son captadas polo campo magnético terrestre grazas a carga eléctrica que posúen. Este fluxo variable de partículas entra na atmósfera a través dos polos magnéticos e interactúa cos átomos desta emitindo luz de cores variadas no proceso.

27 de marzo de 2013 Cando escribimos o anterior post éramos pesimistas ante a posibilidade de chegar a ver auroras boreais, pero na mañán...

2 comentarios:

Esquí e sauna

marzo 26, 2013 deviaxe 0 Comments


25 e 26 de marzo de 2013

Estamos en Saariselkä, unha pequena vila no corazón da Laponia finesa.

25 e 26 de marzo de 2013 Estamos en Saariselkä , unha pequena vila no corazón da Laponia finesa.

0 comentarios: