As luces do norte

27 DE MARZO DE 2013  

Cando escribimos o anterior post éramos pesimistas ante a posibilidade de chegar a ver auroras boreais, pero na mañán do 27 as prediccións anunciaron un aumento da actividade solar da que dependen. Ademáis o pronóstico meteorolóxico era tamén bo, co que tiñamos as condicións requeridas para presenciar o fenómeno. Éste prodúcese cando determinadas partículas emitidas polo Sol son captadas polo campo magnético terrestre grazas a carga eléctrica que posúen. Este fluxo variable de partículas entra na atmósfera a través dos polos magnéticos e interactúa cos átomos desta emitindo luz de cores variadas no proceso.


En canto se fixo de noite comezamos a subir a unha colina que se recomenda como lugar de observación por estar alonxada das luces da vila. Enseguida fixéronse evidentes algunhas nubes difusas de cor verde ocupando a parte norte do ceo.


Nun só minuto estas manchas de cor aparecían e desaparecían en diferentes zonas do ceo e outras veces permanecían no mesmo lugar cambiando suavemente de forma e intensidade. Estas fases de actividade se intercalaban con outras nas que apenas se veía nada, o que nos facía pensar que a aurora chegaba ao seu fin, pero pronto volvía a comezar o espectáculo.




Dimos por terminada a sesión despois de 3 horas de pé sobre a neve a -15ºC, pero cando xa volvíamos ao hotel unha espectacular explosión de luces verdes e rosas inundou todo o ceo, movéndose e cambiando de forma a gran velocidade durante uns 5 minutos, que resultaron ser os mellores da noite.


27 DE MARZO DE 2013   Cando escribimos o anterior post éramos pesimistas ante a posibilidade de chegar a ver auroras boreais, pero na m...

2 comentarios:

  1. Anónimo6/4/13 18:17

    Que chulada!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo6/4/13 18:26

    Son o tiíto Ramón. As fotos, extraordinarias. Os textos, moi ben escritos. Parabéns!

    ResponderEliminar