Centenares de elefantes en Amboseli

 16 e 17 de xullo de 2013

Amboseli é un pequeno parque nacional de Kenia situado ao sureste de Nairobi e preto da fronteira con Tanzania.  O seu nome provén da palabra masai empusel que significa "salgado e polvorento", o que fai referencia á aridez da chaira que forma o parque. No seu centro está o lago Amboseli, habitualmente seco e que só se enche de auga en raras ocasións. Pero Amboseli conta permanentemente con varias zonas pantanosas, alimentadas polas augas que veñen do cercano Monte Kilimanjaro. As mellores vistas deste volcán extinto se ven desde aquí, sempre que a calima o permita.

Monte Kilimanjaro

Entre xuño e setembro esta rexión de África pasa por unha estación seca, e a fauna se concentra cerca das zonas húmidas, o que fai mais sinxela a súa observación. Os herbívoros comparten o espazo sen ningún conflito entre eles.




Os hipopótamos pasan a maior parte do día mergullados na auga, pois teñen unha pel delicada que non aguanta ben a insolación.



Amboseli é un dos mellores lugares de África para observar elefantes en liberdade. Poden verse manadas enormes, que se moven de forma sorprendentemente silenciosa.






Ademais de elefantes, hai tamén outros mamíferos como ñus, xirafas, cebras, búfalos, facoceros (xabarín africano), gacelas de Thomson e de Grant, babuinos, hienas, etc.


Dúas gacelas de Thomson e unha gacela de Grant
Ñu e facocero


Familia de babuinos


A variedade de aves que hai aquí tamén é espectacular. Algunhas das mais notables que vimos neste parque son as avestruces, a grulla coroada, o paxaro secretario e o ibis sagrado.

Bandada de ibis sagrados

Familia de grullas coroadas

Paxaro secretario

Avestruces machos e femias
 Todos estes animais dos que falamos se ven sen dificultade en calquera dos parques que visitamos. Pero algúns animais como o serval son moi esquivos, e aquí foi o único lugar onde vimos un deles.



Fíxonos moita ilusión ver o primeiro león da viaxe, descansando nun termiteiro despois de devorar parte dun hipopótamo que víramos xa morto a tarde anterior.



A xornada rematou, como case todas as tardes, cunha posta de sol típica de África.


Comentarios