Naivasha, un paraíso para aves e herbívoros

agosto 02, 2013 deviaxe 0 Comments

 18 de xullo de 2013

Despois de 2 días en Amboseli, nos diriximos cara o norte para ir ata o lago Naivasha, que forma parte dun conxunto de lagos situados dentro do Rift Valley. Alí fixemos un pequeno safari en barca, que nos permitiu desfrutar dunha impresionante variedade de aves, moitas das cales non voltamos a ver en ningún outro sitio. Numerosos cormoráns acompañaban a pelicanos, tántalos (unha especie de cegoña), picapeixes, ibis, aguias e varias especies de garza:

Tántalo africano

Cormoráns

Cormorán

Martín pescador pío

Garza branca

Pelícano rosado

Pelícanos rosados

Pelícanos brancos

Garza amarela

Ibis sagrado

Morito común

Águia pescadora africana

Debido as abundantes chuvias dos últimos anos, o nivel do lago estaba inusualmente alto, e inundaba os bosques de acacia amarela. No lago tamén viven hipopótamos, e ir en barca permitiunos achegarnos a eles mais do que se pode facer andando ou en coche.



Dentro do lago está Crescent Island, unha península formada polo borde dun cráter medio sumerxido no lago. A ausencia de depredadores fai que os herbívoros que habitan nel leven unha vida tranquila.



Antílope acuático

 18 de xullo de 2013 Despois de 2 días en Amboseli, nos diriximos cara o norte para ir ata o lago Naivasha, que forma parte dun conxunto ...

0 comentarios: