Serengeti, a chaira infinita

agosto 08, 2013 deviaxe 0 Comments

23, 24 e 25 de xullo de 2013

Xa en Tanzania, e de camiño ao noso novo destino, fixemos unha parada para comer nunha pequena praia á beira do Lago Victoria, o máis grande de África.


Chegamos á porta do parque nacional do Serengeti a media tarde e percorrer co camión os 136 km ata o noso lugar de acampada, situado no centro da reserva, levounos o resto da xornada. Como todos os días, levantámonos cedo para empezar o safari ao mencer.

 
Serengeti é un adaptación da palabra masai siringet, que significa chaira infinita. Esta é unha descrición precisa da paisaxe do parque, no que a vista se perde nun mar de herba seca.


Según a Unesco, o Serengeti alberga a maior concentración de ungulados e grandes depredadores do mundo. O ecosistema sostén 2 millóns de ñus,  900000 gacelas Thomson e 55000 antílopes doutras especies, 300000 cebras, 70000 búfalos, 4000 xirafas, 15000 facoceros, 2700 elefantes, 500 hipopótamos, 200 rinocerontes negros, 10 especies de primates, 4000 leóns, 1000 leopardos, 225 guepardos, 3500 hienas.





Damáns de rocha

Chacal de lombo negro




Aquí vimos con detemento  algún animal que só viramos fugazmente noutros lugares: o dik-dik, pequeno antílope duns 5 kg de peso, e a mangosta.



Logramos tamén ver á luz do día ao mesmo leopardo descansando nunha árbore dúas mañás seguidas .



No parque residen permanente ou estacionalmente 500 especies diferentes de aves. Unha das máis comúns e chamativas é a carraca de peito violeta, moi habitual en todo o este de África.

Carraca de peito violeta

Toco

Marabús

Alcaudońs

Flamencos ananos e comúns

Loro
As amplas chairas do Serengeti aparecen salpicadas de afloramentos rochosos de granito. Paramos nunha destas colinas onde nos sorprendeu unha pedra de singulares propiedades: a fonolita emite un son metálico semellante ao dunha campá cando se golpea. Tradicionalmente os masais usaban esta pedra para convocar reunións da comunidade.

23, 24 e 25 de xullo de 2013 Xa en Tanzania, e de camiño ao noso novo destino, fixemos unha parada para comer nunha pequena praia á bei...

0 comentarios: