Fin da viaxe no cráter de Ngorongoro

26 e 27 de xullo de 2013

De camiño a Ngorongoro
Poboado masai

Hai 2 o 3 millóns de anos estoupou un volcán duns 5000 m de altitude no norte de Tanzania. O que quedou no seu lugar é o cráter de Ngorongoro, unha das caldeiras volcánicas máis grandes do mundo con 18 km de diámetro. As ladeiras que o delimitan teñen unha altura duns 600 m sobre o fondo do cráter, situado a 1800 m de altitude sobre o nivel do mar.


O cráter forma un espacio pechado bastante illado no que habitan moitas das especies propias do este africano, que alcanzan densidades de poboación moi altas.





Avutarda


 Aquí fixemos o último safari da nosa viaxe, no que conseguimos ver un novo felino, o caracal, que a pesar de non ser escaso é difícil de ver.



O cráter conta con diversos manantiais que alimentan un par de lagos e zonas pantanosas.


Coa visita a Ngorongoro terminou a nosa aventura africana, pero de camiño ao aeroporto, seguimos desfrutando da paisaxe de Tanzania. Pasamos por unha zona con baobabs ao borde da estrada, vimos moitas aldeas masais e ao final da tarde vimos o Monte Meru, un volcán que é o segundo máis alto de Tanzania, despois do Kilimanjaro.




Pasamos a última noite nun lodge que presumía de ter mais de 100 especies diferentes de aves no seu fermoso xardín.



Serengeti, a chaira infinita

23, 24 e 25 de xullo de 2013

Xa en Tanzania, e de camiño ao noso novo destino, fixemos unha parada para comer nunha pequena praia á beira do Lago Victoria, o máis grande de África.


Chegamos á porta do parque nacional do Serengeti a media tarde e percorrer co camión os 136 km ata o noso lugar de acampada, situado no centro da reserva, levounos o resto da xornada. Como todos os días, levantámonos cedo para empezar o safari ao mencer.

 
Serengeti é un adaptación da palabra masai siringet, que significa chaira infinita. Esta é unha descrición precisa da paisaxe do parque, no que a vista se perde nun mar de herba seca.


Según a Unesco, o Serengeti alberga a maior concentración de ungulados e grandes depredadores do mundo. O ecosistema sostén 2 millóns de ñus,  900000 gacelas Thomson e 55000 antílopes doutras especies, 300000 cebras, 70000 búfalos, 4000 xirafas, 15000 facoceros, 2700 elefantes, 500 hipopótamos, 200 rinocerontes negros, 10 especies de primates, 4000 leóns, 1000 leopardos, 225 guepardos, 3500 hienas.





Damáns de rocha

Chacal de lombo negro




Aquí vimos con detemento  algún animal que só viramos fugazmente noutros lugares: o dik-dik, pequeno antílope duns 5 kg de peso, e a mangosta.



Logramos tamén ver á luz do día ao mesmo leopardo descansando nunha árbore dúas mañás seguidas .



No parque residen permanente ou estacionalmente 500 especies diferentes de aves. Unha das máis comúns e chamativas é a carraca de peito violeta, moi habitual en todo o este de África.

Carraca de peito violeta

Toco

Marabús

Alcaudońs

Flamencos ananos e comúns

Loro
As amplas chairas do Serengeti aparecen salpicadas de afloramentos rochosos de granito. Paramos nunha destas colinas onde nos sorprendeu unha pedra de singulares propiedades: a fonolita emite un son metálico semellante ao dunha campá cando se golpea. Tradicionalmente os masais usaban esta pedra para convocar reunións da comunidade.

A gran migración no Masai Mara

20, 21 e 22 de xullo de 2013

Cambiamos as verdes paisaxes dos lagos do Rift Valley pola extensa aridez da sabana. A fronteira entre Kenia e Tanzania divide en dúas partes unha gran superficie de pradeiras. En Kenia está a parte mais pequena, que se denomina Masai Mara, e en Tanzania está a maior parte do parque, coñecido como Serengeti. Entre os dous comprenden unha superficie totalmente salvaxe de 16 000 km², algo mais da metade da de Galicia. Nesta vasta rexión habitan millóns de herbívoros que son o alimento de miles de carnívoros, conformando un dos ecosistemas mais espectaculares do planeta.



A alternancia entre estacións chuviosas e secas obriga a 2 millóns de ñus a migrar constantemente en busca de pasto fresco, acompañados por cebras e gacelas Thomson. Entre xullo e outubro a maior parte dos ñus están en Masai Mara, tal como puidemos comprobar:



O momento mais dramático da migración ten lugar cando algunha das grandes manadas de ñus ten que cruzar o rio Mara, onde os esperan os crocodilos. Os ñus se concentran a un lado do río ata que o mais impaciente se lanza á auga e entón todos o siguen como nunha estampida. Este é un evento impredecible que non tivemos a sorte de presenciar, a pesar de botar 48 horas no parque. Miles de ñus morren cada ano cazados polos cocodrilos, afogados ou por romper as patas durante o cruce.


Marabú comendo un cadáver de ñu

En Masai Mara continuamos vendo os animais habituais desta parte de África, como as xirafas, hipopótamos, elefantes, hienas, chacais, etc, ademais de tres novos tipos de antílope: eland, alcelafo e topi:

Elands
Alcelafos
Topi







Cercopiteco verde sobre un cráneo de elefante

Ademais, vimos moi de cerca a unha familia de guepardos descansando á sombra dunha árbore. Ao día seguinte, noutro lugar do parque, presenciamos de lonxe como unha mamá guepardo cazaba unha gacela Thomson diante das súas tres crias (a foto é moi mala pero foi un momento emocionante).




En Masai Mara e no Serengeti hai tantos leóns que é relativamente fácil velos. Cerca do campamento onde durmíamos reside unha gran manada da que vimos algúns membros:







Ao día seguinte vimos outros leóns e leonas, entre os que destacamos a este gran macho:



O outro gran carnívoro destas terras é o leopardo, que só vimos na escuridade cando voltábamos para o campamento. Pero sentimos cerca a súa presencia cando paramos a comer á sómbra dunha árbore e descubrimos un cadaver de ñu medio devorado escondido entre as ramas, a varios metros de altura. Este é un costume dos leopardos para evitar que outros carnívoros lles rouben a comida.


Nestas dúas xornadas de safari nos aloxamos no mellor campamento desta viaxe, situado no medio do parque sen ningún tipo de valado, e durmíamos rodeados de todos estes animais polo que durante a noite uns masais facian guardia para protexer a quen tivese que sair da tenda.


Desde Masai Mara tivemos que dar un gran rodeo para chegar ao Serengeti, pois a pesar de ser colindantes as estradas están pechadas por causa de problemas políticos entre Kenia e Tanzania. Durante este percorrido fixemos unha visita turística a unha aldea tradicional dos masais, chamadas manyatta, onde homes e mulleres bailaron unhas danzas tradicionais e nos ensinaros as súas vivendas feitas de ramas, barro e esterco.