O monumento máis grande de Sicilia

abril 30, 2014 deviaxe 0 Comments

20 de abril de 2014


As erupcións do Etna son frecuentes: a última ocorreu a principios deste mesmo ano. Non se considera un volcán demasiado perigoso, e a proba é que miles de persoas viven tranquilamente nas súas ladeiras. Sen embargo, en 1669 unha erupción sepultou varios pobos e chegou ata Catania, que tamén quedou en gran parte destruída a pesar do esforzo dos seus habitantes por construír muros que detivesen a lava ardente.

Este enorme volcán foi a nosa última visita en Sicilia. Subir aos cráteres da cima, a 3329 m de altitude, é un pouco complicado nesta época do ano debido a presenza de neve, así que decidimos facer unha excursión máis sinxela. En pouco máis dunha hora camiñando chegamos ao Valle del Bove, unha grandísima depresión no flanco do volcán creada por un enorme deslizamento de terras hai miles de anos.



Desde aquí son moi boas as vistas do fumeante cráter da cima, que parece case ao alcance da man e no que se intúen depósitos sulfurosos.


20 de abril de 2014 As erupcións do Etna son frecuentes: a última ocorreu a principios deste mesmo ano. Non se considera un volcán dema...

0 comentarios: