Destino Indonesia

julio 30, 2014 deviaxe 1 Comments

30 de xullo de 2014

Escribimos dende o aeroporto de Madrid mentras esperamos para embarcar nun avión que nos levará ata Indonesia, onde pasaremos case un mes percorrendo algunhas das illas que forman ese país. Organizamos a viaxe en varias etapas ben diferenciadas entre si, pois cada illa conta con personalidade e atractivos propios:

30 de xullo de 2014 Escribimos dende o aeroporto de Madrid mentras esperamos para embarcar nun avión que nos levará ata Indonesia, ...

1 comentarios:

Tres vales pirenaicos

julio 29, 2014 deviaxe 0 Comments

16 a 19 de xullo de 2014

Val de Pineta
Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque nacional. Comezamos por Pineta, un enorme e longo val do que só unha pequena parte pertence ao parque. No pasado hospedou unha lingua de xeo de mais de 40 km, que excavou un val en artesa case perfecto. Desafortunadamente, a presencia de neve alterou o noso plan outra vez e impediunos subir ao Balcón de Pineta, parte alta do val desde onde se pode admirar a cara norte do Monte Perdido xunto co seu moribundo glaciar.

16 a 19 de xullo de 2014 Val de Pineta Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque nacional. Co...

0 comentarios:

Ordesa e Monte Perdido, a xoia dos Pirineos

julio 26, 2014 deviaxe 0 Comments

13, 14 e 15 de xullo de 2014

En 1918 o Val de Ordesa (Huesca) foi declarado Parque Nacional, sendo así o segundo territorio en recibir tal protección en España, só un mes despois que a montaña de Covadonga. Isto podería dar unha pista da importancia desta paisaxe de montaña, pero o certo é que a beleza e singularidade deste lugar supera calquera espectativa. En 1982, grazas en parte á presión popular, o parque foi ampliado para incluir os vales de Pineta, Escuaín, Añisclo e o entorno da cima do Monte Perdido, pasando a ter unha superficie 8 veces maior.

13, 14 e 15 de xullo de 2014 En 1918 o Val de Ordesa (Huesca) foi declarado Parque Nacional, sendo así o segundo territorio en recibir ...

0 comentarios: