Sulawesi: A vida e a morte para os Toraja

agosto 28, 2014 deviaxe 0 Comments

22, 23 e 24 de agosto de 2014


A última etapa da nosa viaxe levounos ata a rexión central da illa de Sulawesi, tamén coñecida por Célebes. Durante tres días, acompañados dun guía local, tivemos a oportunidade de aprender sobre os costumes, creencias e modos de vida dos Toraja, en especial sobre os seus elaborados e insólitos ritos funerarios. Aínda que os Toraja foron convertidos ao cristianismo por misioneiros holandeses a principios do século XX, nunca perderon a súa relixión tradicional, e símbolos das dúas creencias aparecen misturados con total normalidade en igrexas e sepulturas.

22, 23 e 24 de agosto de 2014 A última etapa da nosa viaxe levounos ata a rexión central da illa de Sulawesi, tamén coñecida por Céleb...

0 comentarios:

Flores (III): Kanawa, unha illa paradisíaca

agosto 27, 2014 deviaxe 0 Comments

20 e 21 de agosto de 2014


Kanawa é unha pequena illa deshabitada situada a unha hora en barco de Labuan Bajo. Conta con unhas 70 prazas de aloxamento en bungalows e tendas de campaña, un bo restaurante e unha axencia de submarinismo. Non hai ningún tipo de vehículo nin pavimento, e todas as construcións son de madeira, bambú e palla. So hai electricidade de 6 a 11 da noite e a auga doce para o aseo está limitada a 50 litros por persoa e día.

20 e 21 de agosto de 2014 Kanawa é unha pequena illa deshabitada situada a unha hora en barco de Labuan Bajo. Conta con unhas 70 p...

0 comentarios:

Flores (II): O temible dragón de Komodo

agosto 26, 2014 deviaxe 0 Comments

18 e 19 de agosto de 2014

O océano entre Flores e Sumbawa está salpicado por decenas de illas de diferente tamaño, áridas, con manglares nos seus areais e rodeadas por arrecifes de coral. Algunhas delas conforman o Parque nacional de Komodo, único lugar no que habita o dragón de Komodo, o lagarto máis grande do mundo.

18 e 19 de agosto de 2014 O océano entre Flores e Sumbawa está salpicado por decenas de illas de diferente tamaño, áridas, con manglare...

0 comentarios:

Flores (I): Atravesando a illa de leste a oeste

agosto 25, 2014 deviaxe 0 Comments

14, 15, 16 e 17 de agosto de 2014

Os colonizadores portugueses do século XVI puxeron á illa o nome de Flores pola exuberancia dos seus bosques, e na actualidade a poboación segue sendo católica e se bautizan con nomes portugueses moi familiares para nós. Flores carece de servizos para o turismo, exceptuando a vila de Labuan Bajo no seu extremo occidental, que se usa como base para achegarse ás illas que conforman o Parque Nacional de Komodo.

14, 15, 16 e 17 de agosto de 2014 Os colonizadores portugueses do século XVI puxeron á illa o nome de Flores pola exuberancia dos seus bo...

0 comentarios:

Bali (III): Máis templos e arrozais

agosto 24, 2014 deviaxe 0 Comments

12 e 13 de agosto de 2014

Xa dixemos que os principais atractivos turísticos de Bali son os templos e os campos de arroz, e a iso adicamos as visitas do noso último día con chófer. Chamounos a atención que todos os templos teñen o seu entorno moi coidado, ben axardiñados e limpos. En Pura Taman Ayun volvimos a atopar altos merus cos seus múltiples tellados de madeira e fibra de palmeira. Con eles trátase de simbolizar o Monte Meru, lugar mítico onde habitan os deuses hindúes.

12 e 13 de agosto de 2014 Xa dixemos que os principais atractivos turísticos de Bali son os templos e os campos de arroz, e a iso adicamo...

0 comentarios:

Bali (II): Os últimos reis balineses

agosto 23, 2014 deviaxe 0 Comments

11 de agosto de 2014

A finais do século XVI uns comerciantes holandeses comezaron a instalarse en Indonesia para arrebatarlle o comercio das especias a portugueses, chinos e indios. Foron expandindo o seu control ao longo do tempo e en 1800 a coroa holandesa asumiu a propiedade deste territorio converténdoo nunha colonia. Ao longo do século XIX os holandeses extenderon o seu dominio a case todo o arquipélago mediante acordos coa aristocracia indíxena ou coas armas, impoñendo unha economía de traballos forzosos ao campesiñado próxima á escravitude, que se mantivo ata comezos do século XX. Xapón invade o arquipélago durante a II Guerra Mundial e, tras a rendición xaponesa, os nacionalistas indonesios aproveitan o vacío de poder e declaran a independencia. Holanda envía tropas para recuperar o control e despois de tres anos de guerra, decenas de miles de mortos e baixo unha forte presión internacional, Holanda recoñece en 1949 a independencia de Indonesia.

11 de agosto de 2014 A finais do século XVI uns comerciantes holandeses comezaron a instalarse en Indonesia para arrebatarlle o comercio ...

0 comentarios:

Bali (I): Relixión e agricultura

agosto 22, 2014 deviaxe 0 Comments

10 de agosto de 2014

Adicamos case unha xornada a cruzar desde Java ata o noso destino en Bali. Primeiro cambiamos de illa en ferry, logo collimos un autobús tan ateigado que a xente ía no pasillo sentada en taburetes, e finalmente un taxi para chegar a Ubud. Este turístico pobo sería o noso lugar de residencia durante catro días pola súa cómoda ubicación preto de diferentes puntos de interese. Acordamos cun taxista un itinerario de 3 días para visitar maioritariamente templos hinduístas e arrozais, que é o mais característico de Bali ademais do turismo de sol, praia e surf.

10 de agosto de 2014 Adicamos case unha xornada a cruzar desde Java ata o noso destino en Bali. Primeiro cambiamos de illa en ferry, lo...

0 comentarios:

Java (IV): O volcán do lume azul

agosto 21, 2014 deviaxe 1 Comments

8 de agosto de 2014

A vista do cráter do volcán Ijen é magnífica: un enorme lago de cor azul turquesa, paredes verticais, columnas de fume que por momentos ocultan a paisaxe e manchas amarelas de xofre cubrindo parte da beira do lago. Queríamos descender ao fondo do cráter para poder ver o afamado "Lume azul". A actividade parecía non ter máis dificultade que superar fortes pendentes e camiñar de noite, e non nos tomamos moi en serio que o guía levara unhas máscaras antigás na mochila.

8 de agosto de 2014 A vista do cráter do volcán Ijen é magnífica: un enorme lago de cor azul turquesa, paredes verticais, columnas de ...

1 comentarios:

Java (III): A praia das tartarugas

agosto 18, 2014 deviaxe 0 Comments

7 de agosto de 2014

Sukamade é unha praia do parque nacional Meru Betiri onde acoden a desovar varias especies de tartarugas mariñas. Debido a que depredadores como o xabarín comían a maioría dos ovos, o parque nacional estableceu un sistema de protección que consiste en recoller os ovos tras a posta e enterralos en area nun recinto pechado. Cando eclosionan, as pequenas tartarugas son liberadas na praia.

7 de agosto de 2014 Sukamade é unha praia do parque nacional Meru Betiri onde acoden a desovar varias especies de tartarugas mariñas. Deb...

0 comentarios:

Java (II): Un volcán cheo de turistas

agosto 15, 2014 deviaxe 0 Comments

5 e 6 de agosto de 2014

Despois dos templos de Borobodur e Prambanan, o volcán Bromo é a atracción turística más visitada de Java, tanto por extranxeiros como por indonesios. Chegar alí desde Yogyakarta levounos un día enteiro en tres medios de transporte diferentes. Fixemos a primeira etapa en tren disfrutando dunha viaxe cómoda e agradable, cun camareiro que ofrecía bebida e sabrosas comidas a precio módico. Logo tomamos un autobús no que o revisor intentou enganarnos facéndonos baixar nunha "parada especial" para turistas, pero nós sabíamos o truco e non lle fixemos caso. Por último, tiñamos que coller un minibus que só sae cando está completo ou se os pasaxeiros pagan polas prazas vacías. Despois de esperar unha hora só éramos catro persoas, e como non chegamos a un acordo co prezo, marchamos a buscar un taxi pero non o atopamos. Cando xa empezabamos a desesperarnos, conseguimos un bo acordo cunha axencia de excursións e quedamos aliviados ao chegar comodamente en coche ao noso destino.

5 e 6 de agosto de 2014 Despois dos templos de Borobodur e Prambanan, o volcán Bromo é a atracción turística más visitada de Java, tanto ...

0 comentarios:

Java (I): Dous templos milenarios

agosto 11, 2014 deviaxe 0 Comments

4 de agosto de 2014


Rematada a nosa visita a Borneo, comezamos a segunda etapa da nosa viaxe voando á illa de Java. Na rexión de Yogyakarta atópanse os templos antigos máis importantes de Indonesia, ambos construídos hai uns 1200 anos.

4 de agosto de 2014 Rematada a nosa visita a Borneo, comezamos a segunda etapa da nosa viaxe voando á illa de Java. Na rexión de Yo...

0 comentarios:

Borneo: Tres días na selva

agosto 07, 2014 deviaxe 2 Comments

1,2 e 3 de agosto de 2014


Kalimantan é o nome que recibe a parte indonesia da illa de Borneo, terceira illa mais grande do mundo e cuberta por unha mítica selva en proceso de desaparición. É o único lugar do mundo, xunto con Sumatra, no que sobrevive o orangután. En 1971 a primatóloga Biruté Galdikas fundou un campamento na rexión de Tanjung Puting, ao sur de Kalimantán, para estudar aos orangutáns no seu hábitat. Actualmente a rexión é un parque nacional de mais de 4000 km² no que vive a maior poboación do mundo de orangutáns salvaxes.

1,2 e 3 de agosto de 2014 Kalimantan é o nome que recibe a parte indonesia da illa de Borneo, terceira illa mais grande do mundo e cu...

2 comentarios:

Escala en Dubai

agosto 06, 2014 deviaxe 0 Comments

31 de xullo de 2014

A nosa escala en Dubai permitiunos facer unha visita corta pero completa da cidade. A parte máis antiga, de principios do século XX, está situada á beira dunha canle natural do Golfo Pérsico semellante ao meandro dun río. Un calor abafante acompañounos durante o paseo que dimos por esta zona de edificios baixos, tendas de barrio e pequenos zocos.

31 de xullo de 2014 A nosa escala en Dubai permitiunos facer unha visita corta pero completa da cidade. A parte máis antiga, de principio...

0 comentarios: