Bali (III): Máis templos e arrozais

12 E 13 DE AGOSTO DE 2014  

Xa dixemos que os principais atractivos turísticos de Bali son os templos e os campos de arroz, e a iso adicamos as visitas do noso último día con chófer. Chamounos a atención que todos os templos teñen o seu entorno moi coidado, ben axardiñados e limpos. En Pura Taman Ayun volvimos a atopar altos merus cos seus múltiples tellados de madeira e fibra de palmeira. Con eles trátase de simbolizar o Monte Meru, lugar mítico onde habitan os deuses hindúes.


O templo de Ulun Danu é un pouco diferente aos demais, pois está situado á beira do lago Bratán, a mais de 1000 m de altitude. Foi construido no século XVII e adicado á deusa das augas Dewi Danu, e a el peregrina a xente do campo para pedir que non lles falte auga nos seus arrozais.


En Bali é habitual ver as árbores sagradas e as estatuas de deuses e outras criaturas vestidas con telas, paraugas, turbantes e outros adornos. Moitas veces portan ofrendas entre os seus brazos ou aos seus pés, que soen consistir en flores, incenso, un pouco de arroz ou incluso algo de diñeiro.


Nesta zona montañosa do centro de Bali está o conxunto de arrozais en terrazas máis extenso da illa, incluído na lista do Patrimonio da Humanidade xunto con outros campos de arroz, a rede de templos adicados a auga e o sistema de xestión do rego chamado subak. Desde hai 1000 anos o subak reparte cada fonte de auga de forma democrática e equitativa entre todos os campesiños.





O último templo que visitamos foi o de Tanah Lot, o complexo máis turístico e fotografado de Bali debido á súa privilexiada situación nun peñasco ao borde do mar que queda rodeado de auga coa subida da marea.

 

Ao día seguinte despedímonos de Bali dando un paseo polos arredores de Ubud que nos levou a unha preciosa cafetería con pequenos pavillóns encima dun estanque e boas vistas dos arrozais circundantes.


12 E 13  DE AGOSTO DE  2014   Xa dixemos que os principais atractivos turísticos de Bali son os templos e os campos de arroz, e a iso a...

0 comentarios: