Escala en Dubai

agosto 06, 2014 deviaxe 0 Comments

31 de xullo de 2014

A nosa escala en Dubai permitiunos facer unha visita corta pero completa da cidade. A parte máis antiga, de principios do século XX, está situada á beira dunha canle natural do Golfo Pérsico semellante ao meandro dun río. Un calor abafante acompañounos durante o paseo que dimos por esta zona de edificios baixos, tendas de barrio e pequenos zocos.

Debido á calor e a que a zona non tiña grande interese, collimos o tren urbano para ir a cidade moderna e xa non abandonamos o confort do aire acondicionado no resto da xornada. A zona nova está ideada para non ter que camiñar polo exterior en ningún momento. Fumos ao centro comercial que, según eles, é o mais grande do mundo, con rúas que imitan cidades occidentais e zocos tradicionais e que conta incluso cun enorme acuario.


Desde aquí accedimos directamente ao Burj Khalifa, a construcción humana máis alta do planeta con 828 metros. Un veloz ascensor subiunos en pouco máis dun minuto ata o piso 124 situado a case 500 metros. A terraza panorámica ofrece unha completa vista da cidade, do mar e do deserto que rodea a urbe. O máis espectacular é ver que todos os enormes rañaceos que víramos ao saír do metro agora parecían de xoguete vistos desde a altura á que nos atopábamos. Por todas partes hai edificios en construcción que se sumarán aos moitos existentes, pero o conxunto de torres de metal e cristal no medio do deserto parece demasiado artificial para chamarlle cidade.

 
 
 
Tal como esperábamos, Dubai carece de interese e o único motivo para visitala é ter que facer unha longa escala no seu importante aeroporto.

31 de xullo de 2014 A nosa escala en Dubai permitiunos facer unha visita corta pero completa da cidade. A parte máis antiga, de principio...

0 comentarios: