Flores (III): Kanawa, unha illa paradisíaca

agosto 27, 2014 deviaxe 0 Comments

20 e 21 de agosto de 2014


Kanawa é unha pequena illa deshabitada situada a unha hora en barco de Labuan Bajo. Conta con unhas 70 prazas de aloxamento en bungalows e tendas de campaña, un bo restaurante e unha axencia de submarinismo. Non hai ningún tipo de vehículo nin pavimento, e todas as construcións son de madeira, bambú e palla. So hai electricidade de 6 a 11 da noite e a auga doce para o aseo está limitada a 50 litros por persoa e día.





Un paseo arredor da illa, case circular, leva menos dunha hora e ascender ao seu punto máis alto, 15 minutos. Está rodeada de praias de area branca, augas cristalinas e extensos arrecifes de coral cheos de vida. É a imaxe que todos temos dunha idílica illa tropical.








Tivemos a fortuna de gozar deste paraíso durante dous días, buceando no mellor arrecife que vimos ata agora e disfrutando da tranquilidade e beleza do lugar e do confort que ofrecían as sinxelas instalacións. É un luxo moi asequible, pois o bungalow custa menos de 30 euros por noite, almorzo incluído.




A diversidade de vida que albergan os seus arrecifes é abraiante. Decenas de especies de coral dan acubillo a numerosos peixes. Ameixas e ostras xigantes repousan na area ou entre as rochas. Anémonas, esponxas e enormes estrelas e pepinos de mar completan unha paisaxe na que non faltan criaturas perigosas: morenas, raias e o peixe león. Pola contra, os tiburóns son vexetarianos e polo tanto, inofensivos. Ademais é moi fácil mergullarse neles: son poco profundos, a auga está a unha temperatura moi agradable e non hai correntes nin oleaxe.












20 e 21 de agosto de 2014 Kanawa é unha pequena illa deshabitada situada a unha hora en barco de Labuan Bajo. Conta con unhas 70 p...

0 comentarios: