Destino Indonesia

30 DE XULLO DE 2014


Escribimos dende o aeroporto de Madrid mentras esperamos para embarcar nun avión que nos levará ata Indonesia, onde pasaremos case un mes percorrendo algunhas das illas que forman ese país. Organizamos a viaxe en varias etapas ben diferenciadas entre si, pois cada illa conta con personalidade e atractivos propios:

30 DE XULLO DE 2014 Escribimos dende o aeroporto de Madrid mentras esperamos para embarcar nun avión que nos levará ata Indone...

1 comentarios:

Tres vales pirenaicos

16 A 19 DE XULLO DE 2014  

Val de Pineta
Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque nacional. Comezamos por Pineta, un enorme e longo val do que só unha pequena parte pertence ao parque. No pasado hospedou unha lingua de xeo de mais de 40 km, que excavou un val en artesa case perfecto. Desafortunadamente, a presencia de neve alterou o noso plan outra vez e impediunos subir ao Balcón de Pineta, parte alta do val desde onde se pode admirar a cara norte do Monte Perdido xunto co seu moribundo glaciar.

16 A 19 DE XULLO DE 2014   Val de Pineta Deixamos atrás Ordesa para visitar algúns dos outros vales que conforman o parque naciona...

0 comentarios:

Ordesa e Monte Perdido, a xoia dos Pirineos

13, 14 E 15 DE AGOSTO DE 2014  

En 1918 o Val de Ordesa (Huesca) foi declarado Parque Nacional, sendo así o segundo territorio en recibir tal protección en España, só un mes despois que a montaña de Covadonga. Isto podería dar unha pista da importancia desta paisaxe de montaña, pero o certo é que a beleza e singularidade deste lugar supera calquera espectativa. En 1982, grazas en parte á presión popular, o parque foi ampliado para incluir os vales de Pineta, Escuaín, Añisclo e o entorno da cima do Monte Perdido, pasando a ter unha superficie 8 veces maior.
Entre os valores mais emblemáticos do parque está o impresionante canón de Ordesa, excavado por glaciares formados nas sucesivas glaciacións que veñen afectando ao planeta desde hai uns 50 millóns de anos. O último período de máxima actividade do xeo tivo lugar no Pirineo hai 50 000 anos, e hai só 16 000 anos que o xeo comezou a desaparecer dos vales.
Hoxe recibe a mais de 600 000 persoas ao ano, aínda que durante a nosa visita tivemos a sorte de non coincidir con moita xente. En 2008 xa estiveramos aquí e quedamos con ganas de volver, así que aproveitamos esta oportunidade para repetir.
A pesar disto, Ordesa e Monte Perdido é alta montaña, e compre tomar unhas precaucións básicas, informarse adecuadamente e coñecer as capacidades propias para non verse en situacións desagradables ou perigosas. Como entrenamento fixemos un roteiro sen complicacións, camiñando polo val de Bujaruelo ata o Val de Otal, ambos veciños de Ordesa e excluidos do parque nacional a pesar do seu valor.

Ponte románica de Bujaruelo

13, 14 E 15  DE AGOSTO DE  2014   En 1918 o Val de Ordesa (Huesca) foi declarado Parque Nacional, sendo así o segundo territorio en r...

0 comentarios: