Mallorca (I): A cidade de Palma

28 de marzo de 2015

Pasamos esta Semana Santa na illa de Mallorca, onde disfrutamos paseando polos seus pobos, camiñando polas súas montañas e calas, e visitando a capital, Palma de Mallorca.

Esta cidade sorprendeunos positivamente, pois as súas rúas están cheas de vida, é agradable pasear por elas, o seu variado patrimonio histórico está ben coidado, e incluso os edificios antigos seguen cumplindo a súa función residencial.


De orixe romana, Palma chega a ser unha das grandes capitais do mundo árabe entre os séculos X e XIII. Os vestixios desta época son escasos, como este gran arco que desde o mar daba entrada ao forte islámico de La Almudaina.


No casco histórico, de orixe medieval, destaca a catedral gótica, que ocupa o emprazamento da antiga mesquita, a escaso metros do mar. Os contrafortes, arbotantes e pináculos do exterior permiten que no interior se abra un imponente espacio sustentado por esbeltas columnas que levantan as bóvedas ata gran altura.

Palacio de La Almudaina e Catedral

Capela decorada en 2007 por Miquel Barceló
O elemento mais característico dos edificios nobles da cidade son os patios interiores, que son exhibidos con orgullo polos seus propietarios:


O modernismo deixou unha forte pegada en Palma, e notables edificios de arquitectos cataláns e mallorquíns destacan nas rúas do casco histórico e nas grandes avenidas.




Merece a pena destacar a excelente repostería mallorquina, non só polas afamadas ensaimadas senón tamén por outros doces típicos menos coñecidos, como os crespells e os robiols. Un dos mellores lugares para probalos é na histórica pastelería C'an Joan de S'Aigo, que parece conservarse igual que fai cen anos:


Comentarios